Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Galiza a Terra Prometida

11 Xaneiro, 2016



Atopábase Xúpiter certa noite moi escurá …nos que deixando as celestes mansións, baixaba a Terra… Atopábase monologando d’iste xeito, cando pol-a calzada da Vía Láctea veu vir cara il multidume innumerabre de sombras que serpenteban arrogantemente todo lo longo do camiño e que levaban unhas fortes mocas apoyados nos hombreiros. Eran algún d’outa estatura y –outros xigantencos. Cand’estiveron preto díl comprendeu Xúpiter qu’os evocara sin querer n-as suas meditacións…

 

Pai e Señor: Eiquí estamos dispostos a nos renovar n-o que fumos n-outro tempo. O mundo esgótase por falla dos nosos brazos. Os homes adoran os xogos que son caricatura dos nosos, xa nin hai xigantes de carpo nin xiquera d’alma. Dispón de nós, mándanos a rexir calquer orde de vida humana. Danos por morada un continente, unha penínsua, anque sexa tan soilo a máis pequena das illas. Os debles perecen e precisan axuda. A hipocresía triunfa coas suas mañas, e soilo unha forza gigantesca e natural, sen artificios  pode contenl-as espoliación que sofren certos pobos.

Xúpiter escoitounos benino e díxolles que todos irían onde querían ir.

“…Mirai: un país existe hoxe moi pequeño pero moi hermoso que emigra constantemente e qu’a pesar d’elo énchase sempre. Ten as suas rías, y-as suas bahías, suas penínsuas e seus vale, suas mesetas, suas montañas y-hasta se Olimpo. Cree y-ama o mito deslumbrador do cabaleiro ACRO e pelingrín, n-a Isida dos oolos grandes; n-o Círculo solar velado no-o mistéreo teológico. Cada pazo, e cada chouza, cada outeiro, cada meseta, e cada castro tén un xenio xigante qu’o garda.

Tén o sangue d’istes homes o componente alquímico da forza e da beleza, da seridade y-a ironía, de leria e de meditación.

A sua fe brila misturada con todol-as supersticións máis sagradas e gran parte d’iste pobo cree ainda máis nás suas supersticións que n-a sua fé. Anque pareza qu’os suas vellas costumes van morrendo, non é así. Renóvase impensadamente é un sopro de vidas antigas, enxedrado ó amor das suas saudades, pol-os cruzamentos de razas excelsas que interveñeron n-a sua formación. Velo alí n-aquil seu corruncho do Noroeste hispánico, onde se xuntaron todal-as Arcadias.

O marasmo das suas xentes non é tal. É fartura de vida das suas sentimentalidades, dos seus sonos e dos seus esforzos ben prbados por todo o planeta. Chegaron a conquerir un Nome que outras pobos pronuncian despectivos por envex, sin se decatar quìles son nados de escoria.

A sua raza, é das más puras da humanidade. É celta y –é fenicia, é grega y –é romana e todo outro elemento que non procede d’estos sementes sórbeo seguidamente. O seu porvir ha ser glorioso. Sigue sendo grande n-o meio das suas desgracias e do esquecemento en qu’a teñen os qu’o gobernan. Mais ten en troques o que eu teño: o poder das transformacións potentes, nadas do seio da sua naturaza fecunda.

Cando bato ó ar as suas melodías, alégranse os ceos, cando baila, as esferas rítmicas danlle a sua pauta misteriosa; cando os seus alalás esparéxense n-o serán d’ouro, resoan os ecos extinguidos dos purísimos tempos dos dolmens e dos trilitos nórdicos, a mar é o vehículo dos seus esforzos; a terra dos seus lares, son paraíso. É iste pobo que ten latexante o esforzo y-a decisión aguda, é onde Ercoles puxo o sei pé n-un día, é one eu quero que vaguedes co voso arroxo e tenacidade. Vades a bó lugar, pois alí son xentes traballadoras e sofridas, e xa sabedes qu’o sofrimento é a semente de todal-as causas grandes y-heróicas. Outros pobos hai que pretenden ser os excelsos n-iste sendido mais escuecen a axuda pródiga que reciben,
Y.o seu orgullo convírtelles a paz en guerra, o froito dos seus traballo en revoltos estados de progreso…Mais d’istes pobos é mellor non falar.

Inde onde vos digo”

Y-os xigantes lanzando ó ar o cántico de ¡Oh Breogán!, fóronse rápido á terra prometida.

FRAGMENTO DE XUPITER Y-OS XIGANTES DE PRIMITIVO R. SANJURJO



Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo