Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Historia da Romaría da Nosa Señora dos Milagres – Ourense

30 Agosto, 2016

Celébrase o 8 de setembro no Monte Medo en Baños de Molgas

De gran devoción en Ourense e toda Galicia, os primeiros vestixios deste culto , atoparémolos a partir da cristianización primitiva. É a partir da Idade Media e, principalmente nos séculos XVI e XVII cando crece a veneración en toda Galicia, norte de Portugal, Asturias, Astorga e Benavente.

De todo iso disponse  datos, a través dos casteiros, ou cuestadores da Confraría da Virxe.

A día de hoxe, as confrarías cóntanse por centos, en Galicia, en todo o territorio nacional e tamén no estranxeiro, estendéndose con motivo da emigración.

Ao principio á Virxe coñecíaselle a nivel popular como “Nosa Señora do Medo”. Posteriormente empezan a chamala  “Nosa Señora dos Milagres” .

O libro segundo da confraría data do 1731, ano no que se fai necesario levantar o templo actual e comézase a construír o Santuario concluíndose as obras 37 anos máis tarde o en ano 1768.

O 16 de decembro de 1963 o Papa Pablo VI asinou a Bula da Coroación que levo a cabo o 6 de setembro de 1963 despois de ser nomeada, con toda solemnidade, “Alcaldesa” da cidade de Ourense.

Os Pais Paúles encárganse de xestionar o templo a partir do ano 1869.

A devoción  é extraordinaria  en Galicia, e fóra dela, tendo gran arraigamento igualmente en León, Zamora, Asturias e Portugal. Así o testemuñan o número de visitas, entre   80.000 e  100.000 persoas que, cada ano chegan en peregrinación até o Santuario.

En Ourense é normal ver os días anteriores e a noite previa á romaría, persoas e familias enteiras, que van camiñando como peregrinos, desde  a cidade até o santuario.

 

 

 

 




Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo