Foi en xaneiro do ano 1515 cando Pontevedra en plena crise dun período de epidemia de peste volveu os seus ollos con devoción a San Sebastián, intercesor e salvador ante enfermidades.
O brote de peste foise aplacando, e estando preto a festividade do santo, comezóuselle a render unha especial dedicación ofrecéndoselle a Vila de Pontevedra.
A realidade hoxe é que aínda sendo o patrón de Pontevedra, non deixa de ser unha festa relixiosa, sen ter ningunha relevancia no calendario laboral local.
Houbo un tempo que se celebrou no ámbito relixioso e tamén nas sociedades recreativas con celebracións que iniciaban o novo ano. Posteriormente pasou a ser medio festivo local, e na actualidade é a data na que se entregan os Premios Cidade de Pontevedra.
San Sebastián é copatrono da cidade de Pontevedra xunto coa nosa Señora da Esperanza ou Virxe da O.