HISTORIA DA SOCIEDAD DEPORTIVA TEUCRO – PONTEVEDRA

Vicedecano do balonmán español, a Sociedad Deportiva Teucro naceu o 4 de maio de 1945. O club abarcaba 11 modalidades deportivas: ximnasia, atletismo, fútbol, baloncesto, balonmán, remo, natación, hóckei, ciclismo, xadrez e ping-pong.

A Sociedad Deportiva Teucro é un equipo de balonmán de Pontevedra. Actualmente compite na Liga Asobal, tras o ascenso acadado na campaña 2014/15, despois de 6 tempadas na División de Prata.

En 1948 organiza a Fase Final do Campionato de España de balonmán (na modalidade de a once), como premio á boa traxectoria do equipo. Na Fase Final tamén participan o FC Barcelona, a Real Sociedad de San Sebastián e o SEU de Barcelona, destacando xa a afección do Teucro como unha das mellores da península.

Foto: http://www.teucro.com/
Foto: http://www.teucro.com/

Na tempada 1961/62, ano en que a Federación Española de Balonmán concede á SD Teucro unha placa ó mérito á entidade con maior contribución á difusión deste deporte.

 

A principios de 1958 comeza a participación en competicións oficiais de balonmán xuvenil en modalidade a sete (se ben o equipo sénior aínda participaba a once), inscribindo dous equipos pola gran cantidade de xogadores desa categoría que se anotaron. Tanto os xuvenís como o equipo sénior acadan boas posicións nas súas competicións. Nese mesmo ano comezan as seccións de natación, montaña, pelota e actividades recreativas.

O equipo sénior gañou o campionato local en 1959, e os xuvenís obtiveron en León o primeiro posto do sector nacional, clasificándose para a fase final do Campionato de España a celebrar en Zaragoza, onde acada o terceiro posto.

Malia as diferentes seccións deportivas, xa nos anos 60 era o equipo de balonmán o que destacaba por riba dos demais. Na tempada 1960/61 o equipo de Primeira División e o de Segunda clasificáronse para as fases nacionais, celebradas respectivamente en Palencia e Alacant, igual que na tempada 1961/62, ano en que a Federación Española de Balonmán concede á SD Teucro unha placa ó mérito á entidade con maior contribución á difusión deste deporte.

En 1963 un combinado de xogadores da SD Teucro e do Vulcano, como selección de Pontevedra, clasificouse por primeira vez para as semifinais da Copa do Xeneralísimo, tras vencer á selección de Zaragoza. A Semifinal celebrouse en Pontevedra ante miles de afeccionados e coa presenza entre otras autoridades do Presidente da Federación Española de Balonmán. O partido rematou co triunfo da Selección pontevedresa ante a de Valencia.

Na tempada 1963/64 o equipo resulta campión do sector noroeste, clasificándose para a Fase de Ascenso a División de Honra, celebrada en Elx, que gañaría finalmente o Granollers. Na década dos 60 varios xogadores da canteira pontevedresa chegan á Selección Nacional.

Tras algúns altibaixos deportivos, na tempada 1972/73 o equipo asegura o ascenso á División de Honra a falta de dúas xornadas. Mantense aí ata a tempada 1976/77 (acadando na tempada 75-76 a súa mellor clasificación ata aquel momento, un 7º posto). Descende a Primeira Nacional, onde está ata a tempada 1983-84, na que ascende á máxima categoría, que perde ó ano seguinte.

O afianzamento definitivo na máxima categoría do balonmán español conséguese na tempada 1989/90. En 1993 a SD Teucro foi semifinalista na Copa de S.M. El Rei. Na 1995/96, despois dunha temporada anterior estupenda na que se mantivo na loita polo título ata caer en Barcelona a falta de cinco xornadas, obtén un cuarto posto de 16 equipos, clasificándose así para disputar a Copa EHF.

O equipo resultou eliminado polo Elektromos Budapest, cheo de internacionais húngaros, polo dobre valor dos goles logrados en pista contraria (26/24 en Pontevedra e 27/25 en Budapest).

Mantendo o equipo na máxima categoría (a excepción de dúas tempadas: 97/98 e 00/01) a SD Teucro continuou paseando o nome de Pontevedra polos mellores campos da xeografía nacional. Na tempada 2003-04 consegue o 8º posto na liga e chega ás semifinais da Copa de S.M. El Rei en Pamplona.

Na tempada 2004-05, malia organizar a XXX Copa do Rei de Balonmán, descendeu. Nas mesmas datas organizouse a Fase Final do Campionato Xuvenil Masculino.

Tras dúas tempadas na División de Honra B, acadando na primeira un decepcionante 8º posto, na tempada 2006-2007 acada a segunda posición, o que lle permite ascender para xogar na 2007-08 de novo na máxima categoría, a liga Asobal.

Na tempada 2007-2008, a SD Teucro parte co obxectivo da permanencia na máxima categoría, obxectivo que consegue acadando o décimo posto. Nesta tempada conseguiu algunhas vitorias importantes, como a que se produciu na casa contra o BM Valladolid. Este 10º posto permítelle continuar un ano máis na considerada mellor liga do mundo.

Na seguinte tempada (2008/09) descende á División de Honra B, que no ano 2011 muda o seu nome para pasar a denominarse “División de Honra Prata”, na que compite ata a tempada 2014/15, na que acada o campionato de liga e ascende de novo á Liga Asobal, tras seis tempadas na División de Prata.

Fonte: Wikipedia

Porgaliciabaixo
COMPARTE!