Din contos populares toscanos que o castiñeiro ten os mesmos poderes benéficos e máxicos que o carballo. Aínda que a súa sombra da mala sorte.
![](https://porgaliciabaixo.com/wp-content/uploads/2025/01/3_2.jpg)
Ó cortares a árbore sae o demo que pode quitarlle a vida se non se lle entrega un fillo ou filla. As castañas son consideradas coma froitos funerarios, cómense a vespera do Dia dos Defuntos ou deixánse para que os mortos as coman durante a noite.
Tamén temos moitas semellanzas coa tradición veneciana de comelas o día de San Martiño.
As mulleres pobres acodían baixo das fiestras dos ricos a cantar unha longa canción chea de louvanzas e bos desexos, que remataba coa petición das castañas. Estas mulleres representaban ás ánimas do purgatorio.
É tamén coñecido o feito de que pisar unha castaña, ó ires polo monte, fai que a persoa non teña nunca amores. É posible que iso sexa pola súa forma de corazón.
Soñar con castañas crúas, é aviso de ter que facer algo urxente. De seren cocidas, é que a persoa é moi débil de carácter. Se son asadas, é un aviso de precaución.
Fonte texto: (Recollido na páxina web do Ceip San Francisco Xabier de A Coruña)
![](https://porgaliciabaixo.com/wp-content/uploads/2024/10/cropped-pgb_nuevologo2_bajaresol2-1-1-150x150.png)