JOHÁN CARBALLEIRA: ÚLTIMAS PALABRAS

Esta é a historia das últimas horas do antigo alcalde de Bueu, José Gómez de la Cueva, coñecido co sobrenome de Johán Carballeira. Remontámonos o 16 de abril de 1937, neste día a Carballeira trasládano da illa cárcere San Simón á prisión provincial da Parda, en Pontevedra capital.

A historia desenvólvese na seguinte cronoloxía cando estalou a guerra civil. Carballeira de 33 anos, permaneceu escondido en Cangas, sendo detido o 15 de setembro de 1936 cando estaba a piques de coller un barco con destino a Vigo, acompañado do seu irmán Anxo. Acusárono de “auxilioa la rebelión” por ser partidario da República.

Permaneceu en primeiro lugar nos calabozos do Concello de Bueu, sendo logo trasladado á  illa-cárcere da illa de San Simón.

Fíxoselle consello de guerra o 29 de setembro, a Carballeira, a Manuel Graña Pouseu (sindicalista), e a uns veciños da Portela que eran canteiros e famila entre si, Avelino Chapela Soliño e Manuel Chapela Couto. Foron todos condenados á morte.

Parece ser que a nai de Carballeira, pertencente á coñecida familia Cueva na zona e donos do Pazo de Castrelo, conseguiu entrevistarse con Franco en Burgos, tentando lograr o indulto, acción inútil, porque cando regresou xa fora fusilado en Monteporreiro. Polo visto, Franco compraceuna, só por puro compromiso e buscando librarse dela, sabendo que a execución estaba xa en marcha.

As súas últimas palabras escritas dedicoullas á súa muller, e foron descubertas polo irmán de Lola Álvarez cando foi a recoller as pertenzas de Carballeira á cela despois da súa morte.

No reverso dunha fotografía da súa noiva Lola, déixalle este texto como despedida:

“Lolita Lolucha. Conserva esta foto donde escribo cuando falta hora y 1/4 para morir, a las 6 menos 1/4. Morimos a las 7, cuando te despiertes y pienses en mí, seguramente. Cueva”

Porgaliciabaixo
COMPARTE!