LUZ VERDE PARA DESTAPAR O RÍO GAFOS NUNHA ÚNICA ACTUACIÓN – PONTEVEDRA

O informe técnico da consultora a cargo do proxecto para destapar e renaturalizar o río Gafos en Pontevedra, financiado con fondos NextGenerationEU, deu luz verde para realizar a obra nunha única actuación en lugar de por fases, como se plantexara inicialmente. Esta decisión permitirá evitar moitos dos problemas que poderían xurdir se se realizase por tramos. Espérase que a proposta do proxecto estea lista nun mes para ser presentada a Augas de Galicia, e o Concello ten previsto adxudicar a obra antes do 30 de xuño.

Porgaliciabaixo
COMPARTE!