MEIRANDE: O CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA BATALLA DE RANDE

Museo da Batalla de Rande e  patrimonio industrial, localizado no lugar de Rande da parroquia redondelá de Cedeira, no estreito de Rande.

Está situado na antiga Fábrica do Alemán, unha construción de comezos do século XX adicada á salgadura e logo á conserveira.

Durante a Segunda Guerra Mundial foi centro loxístico de aprovisionamento de volframio a través de submarinos e barcos nazis á fronte de Otto Gerdtzen Boyé.

A restauración da fachada da fábrica e a construción do museo foi a mans do arquitecto Carlos Falagán Mota, en terreos da Autoridade Portuaria de Vigo.

Vídeo Meirande e San Simón

 

Porgaliciabaixo
COMPARTE!