O Museo de Pontevedra convídache a mergullarte no mundo da música clásica coa segunda edición de “Olladas musicais”. A través de charlas interactivas e audicións comentadas, este ciclo gratuíto busca achegar obras emblemáticas a un público adulto.
Que che espera?
- 15 de xaneiro: Comezaremos explorando as Paisaxes sonoras de Vivaldi a Piazzolla, realizando un percorrido polas súas icónicas “Catro estacións”.
- 22 de xaneiro: Descubriremos o Eco de dous mundos na Sinfonía do Novo Mundo de Dvořák.
- 5 de febreiro: Adentrarémonos na obra mestra de Grieg, Peer Gynt, e analizaremos a unión entre drama e música.
- 12 de febreiro: Exploraremos a relación entre a música e a mitoloxía a través de Os planetas de Gustav Holst.
- 19 de febreiro: Realizaremos unha viaxe musical entre o amor, os soños e a obsesión coa Sinfonía fantástica de Berlioz.
- 26 de febreiro: Pecharamos o ciclo con Paisaxes danzantes, explorando a evolución da música orquestral desde a tradición á innovación.
Todas as sesións levaranse a cabo os mércores de 19:00 a 20:30 h no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra. A experta musicóloga Sara Domínguez Lloria será a encargada de guiar aos asistentes neste apaixonante percorrido musical.
Non o perdas! Inscríbete en reservas.museo@depo.gal e disfruta dunha experiencia musical inolvidable.
