O Concello de Pontevedra logrou reducir significativamente o ruído xerado pola Estación de Bombeo do Lérez grazas á substitución de catro motores das súas bombas.
Esta mellora, que tivo un custo de 70.000 euros, responde as queixas veciñais polo exceso de ruído na zona. Actualmente, os niveis de ruído atópanse por baixo dos 60 decibeis, o que os fai comparables a unha conversación normal e cumpre coa normativa vixente.
![](https://porgaliciabaixo.com/wp-content/uploads/2024/10/cropped-pgb_nuevologo2_bajaresol2-1-1-150x150.png)