O espírito de Castelao volverá encher as rúas de Pontevedra en 2025. O Concello, en colaboración con numerosas asociacións, organizará un completo programa de eventos para conmemorar o Ano Castelao. Exposicións, conferencias, representacións teatrais e outras iniciativas darán vida á figura do escritor e político galego, fortalecendo o seu vínculo coa cidade que o acolleu.
Pontevedra prepárase para vivir un ano dedicado a honrar a figura de Castelao. O concelleiro de Cultura, Demetrio Gómez, destacou a importancia da colaboración cidadá neste proxecto, afirmando que ‘este ano non só haberá unha programación promovida desde o Concello. As asociacións e outros colectivos da cidade están xa traballando nas súas actividades e queremos ver cales son, animalas a seguir ese camiño e lembrar que Pontevedra é unha cidade dinámica, cun forte compoñente organizativo e social'”.
“A unión do intelectual con Pontevedra é realmente forte, tanto é así que Castelao escollió ser pontevedrés e así o demostrou ao longo de toda a súa vida’, implicándose activamente na vida da cidade. Este ano celebrarase ao grande este vínculo especial.” . “O obxectivo é ofrecer unha programación “para todos e para todas, e durante todo o ano”, engadiu o concelleiro
