Partindo de Pontevedra cidade e moi próximo, atópase esta marabilla en perfecto estado: o Castelo de Soutomaior, terras do lendario Pedro Madruga.
Igualmente estando na zona non podemos deixar de visitar a capela na Peneda onde antiguamente atopábase o Castelo de Castrizán
Castelo de Soutomaior está situado nun lugar verdadeiramente privilexiado pola ampla paisaxe que dende alí se divisa, a uns 119 metros sobre o nivel do mar, dominando o territorio enmarcado polo val do río Verdugo, dende a súa confluencia co Oitavén ata a súa desembocadura na enseada de San Simón, en Arcade.
Colocado no centro xeográfico do municipio do mesmo nome, dista uns seis kilómetros por carretera da costa marítima e un kilómetro e medio en liña recta do río Verdugo.
Esta posición a pouca altura, ademais de señorear as terras do seu feudo e controlar as comunicacións de sur a norte da provincia, ofrecelle as ventaxas de atoparse agochado ante as invasións realizadas por mar (normandos, turcos, piratas, etc.) e dispoñer de abundancia de auga para desenrolar os seus propios cultivos e pastizais para a gandería.
A construcción orixinal data do século XII, si ben será con Pedro Álvarez de Sotomayor, coñecido polo alcume de Pedro Madruga co que alcance o seu máximo esplendor xa que chegou a ser o epicentro da actividade política do sur de Galicia durante o século XV.
Non é o clásico castelo inaccesible, construido no alto de rochas de difícil escalada. Si ben, polos lados oeste e norte existen algunhas rochas e pendentes, polo leste e polo sur, o terreo é liso e pódense alcanzar facilmente os muros defensivos.
Rematado o período feudal, o castelo co seu productivo chan do seu entorno poido adaptarse fácilmente, incluso conservando os seus vellos muros defensivos á nova producción agríco-gandeira de tipo pacego da nobreza galega arraigada no campo.
Foi derruído durante a Revolución Irmandiña e Pedro Madruga intervirá moi directamente na súa reconstrucción.
Preto e ben situado xa estaba o Castro da Peneda, onde en 1477, o arzobispo de Santiago D. Alonso de Fonseca e Ulloa construíu o castelo de Castrizán para controlar ó de Soutomaior, e que á volta do seu cautiverio en Castilla, Pedro “Madruga” conquistou e derribou, ocupando o seu sitio na actualidade a ermida da Virxen das Neves.
Unha das características do castelo de Soutomaior é a gran variedade de técnicas constructivas empregadas, o que proba as moitas reconstruccións levadas a cabo a medida que os tempos ían sendo mellores e según fosen sendo necesarios os perfeccionamentos nas fortificacións.
O cambio máis destacado foi no século XIX cando o castelo pasa a mans do marqués da Vega de Armijo coa construcción neogótica da “Galería de Damas”, este transfórmao nunha residencia de verán.
A súa inmediata sucesora é a súa sobriña, a marquesa de Ayerbe, coñecida popularmente como a “Marquesa Roja”. Foi unha das precursoras do movimento feminista en España. Precisamente foi tamén a autora dunha das mellores publicacións sobre o pasado do castelo. O seu segundo esposo, o doctor Lluria, construíu un sanatorio nos seus arredores. Sen embargo, debido ás súas actividades políticas, converteron a Soutomaior nun centro sospeitoso de conspiracións políticas e perderon a propiedade no ano 1917.
No 1982 o castelo pasou a mans da Diputación Provincial de Pontevedra quen encarga a un grupo de expertos a restauración do conxunto procedéndose a un estudo histórico e análise da súa evolución constructiva, replanteándose todo o conxunto ata chegar á solución de enfatizar o diálogo entre fortaleza militar medieval e palacio medieval decimonónico. O remate da rehabilitación lógrase cinco anos despois na que se repoñen entre otras cousas, elementos, teitos artesonados de madeira do palacio neogótico; sustitúense as carpinterías exteriores e reponse a cuberta do castelo por unha estructura metálica ofrecendo maior volumen utilizable. A nova modificación na Galería das Damas permite que esta sexa visitable, ofrecendo un novo mirador sobre o patio de armas.
Hoxe en día as vellas pedras da fortaleza, xuntamente co xardín que a envolve, destacan sobre as irregulares parcelas de cultivo que en suave pendiente descenden ata o río. Constitúe unha paraxe para vivir plácidamente das comodidades que a natureza pode ofrecer coa abundancia de auga e bosques próximos con grandes posibilidades de caza, o deporte favorito na época das orixes desta casa, sen esquecernos tampouco da pesca que ofrecen os ríos do lugar.
Resumo da Evolución Histórica:
XII-XIII: Torre defensiva. Oculta ás invasións vikingas e normandas. XIV: Fortaleza con dúas torres unida por muralla e con un recinto amurallado. Porta primitiva románica. XV: Pedro Madruga convérteo na súa fortaleza principal, coordinadora de todo un sistema defensivo.
- Barbacana de acceso.
- Cambia a porta.
- Segundo recinto-ponte.
- Calabozo.
- Troneiras en pechadura invertida.
Derríbase parcialmente, polos irmandiños e reconstrúese a parte residencial reducida. XV-XVI: Os RR.CC. derriban a parte superior da torre. XVII: “A obra interior do castelo é casa moi habitable. En disposición moderna e capaz de moita familia”. XVIII: Escudo Marqués de Mos e restauración de torre 1780.
Alúgase para escola.
Residencia de profesores de cociña.
Aula en salón de damas.
Galería de damas pintada de vermello e con partes de madeira.
Salón principal con chimenea de granito e artesonado XIX: Palacio neogótico.
Capela neogótica, escaiola. Galería neogótica de granito.
Escaleira neogótica.
Ó conxunto amurallado accédese por unha ponte levadiza e sobre a porta levántase o escudo dos marqueses de Mos. Enfronte atópase a “Torre del Homenaje”, que máis que un carácter defensivo tiña unha consideración de dominio, a parte de ser útil para a vixiancia debido a súa altura.
Unha vez dentro do palacio pode un deleitarse coas antigas estancias totalmente restauradas, así como da ben labrada Galería de Damas que lle resta dureza ó conxunto fortificado.
O muro exterior defensivo ten unha forma ovalada irregular que se adapta, en certo modo, ás rocosidades do terreo. Nos extramuros sitúanse os maxestosos xardíns cunha rica, variada e centenaria flora, unha praza rodeada de plátanos, unha avenida de hortensias e unha fermosa e variada colección de camelias. Sobreviven castiñeiros de oitocentos anos de antigüidade.
Na parte alta do terreo atópase a capela de San Caetano, onde se celebra anualmente unha gran romaría popular no mes de agosto.
As visitas ó castelo e ás exposicións poden realizarse nos seguintes horarios:
Inverno: (de octubre a abril)
De martes a domingo de 10 a 20h.
Verán: (de maio a setembro)
Todos os días de 10 a 21h.