GALIZA A TERRA PROMETIDA

Atopábase Xúpiter certa noite moi escurá …nos que deixando as celestes mansións, baixaba a Terra… Atopábase monologando d’iste xeito, cando pol-a calzada da Vía Láctea veu vir cara il multidume innumerabre de sombras que serpenteban arrogantemente todo lo longo do camiño e que levaban unhas fortes mocas apoyados nos hombreiros. Eran algún d’outa estatura y –outros xigantencos. Cand’estiveron preto díl comprendeu Xúpiter qu’os evocara sin querer n-as suas meditacións… Pai e Señor: Eiquí estamos dispostos a nos renovar n-o que fumos n-outro tempo. O mundo esgótase por falla dos nosos…

VER+

A DON RAMÓN OTERO PEDRAYO, NO ANIVERSARIO DO SEU FALECEMENTO (CORENTA ANOS

Membros do Seminario de Estudos Galegos, en 1928, nas Ruínas de San Domingos de Pontevedra. De esquerda a dereita: De pé: Otero Pedrayo, Losada, López Cuevillas, Risco, Carballo Calero, Filgueira Valverde, García Paz, Pintos Fonseca, Fraguas e Fernández Osorio-Tafall. Sentados: Parga Pondal, Moralejo Laso, Carro, Cabeza de León, Arias Sanjurjo, Álvarez Limeses e Novás. // Foto: Wikipedia

O día 10 de abril fixo 40 anos da morte de Don Ramón Otero Pedrayo, escritor, político e intelectual galego, membro dá Xeración Nós, patriarca das letras galegas. En 1988 dedicóuselle o Día dás Letras Galegas. A nosa particular homenaxe, é reproducir a crónica publicada en NÓS, do día que ingresou na Real Academia Galega, o 9 de decembro de 1929. Publicado en NÓS;  BOLETÍN MENSUAL DA CULTURA GALEGA AnoXII  Nº 73 – Ourense 15 de Xaneiro de 1930 OTERO PEDRAYO NA ACADEMIA GALEGA O día 9 de Nadal tivo lugar…

VER+

“FALADE GALEGO” DE EDUARDO PONDAL

De Eduardo Pondal  Poesías inéditas (1935) Miniñas da Cruña, d’ amabre despejo, de falas graciosas e pasos ligeiros, deixá de Castilla os duros acentos: falade, miniñas, falade gallego. Cand’ é que vos ouzo, a patria esquecendo, falar esas duras palabras de ferro, non sei o que sufro, non sei o que peno: falade, miniñas, falade gallego. Mas cando falades nos patrios acentos, envoltos no voso angélico alento, parece que escuito un canto do ceo: falade, miniñas, falade gallego.

VER+

DO AMOR DE CASTELAO POR PONTEVEDRA; “MEU PONTEVEDRA”

Un dos maiores alegatos de amor e dos máis fermosos que vin na miña vida por Pontevedra. Realmente emociona lelo como pontevedrés.“Meu Pontevedra” máis a carta que escribe ao presidente do Centro Galego de Buenos Aires,  Castelao no ano 1947. Eu vivín longos anos de ledicia en Pontevedra, aferrado a fermosura dos seus arredores, coma quen no pode desprenderse dos brazos mornos dunha noiva. Eu débolle a Pontevedra o mellor da miña vida e agora padezo saudades da súa paisaxe, tristuras de non vela y espranzas de retornar a ela. Empezo…

VER+

ADEUS A SABINO TORRES DESDE A “BELLA HELENES”

Sabino Torres Ferrer (Pontevedra, 1924-Madrid, 2016 ) comezou a súa carreira xornalística na Pontevedra do ano 1943 coa revista Finisterre, acompañado de Emilio Canda e Celso Emilio Ferreiro. En 1944 lánzase a publicar un xornal deportivo, que  foise convertendo nun semanario de información cultural (“Cidade” ),  sendo director do mesmo. Foi Sabino Torres dos poucos que se atreveu a distribuír polas librarías pontevedresas, unha colección de poesías, moitas delas traducidas ao galego, sen ningún permiso da autoridade competente da época; a famosa colección levaba o nome de Benito Soto, en honra ao…

VER+

A LINGUA; POR CASTELAO

No aspecto gráfico a lingua que empregou Castelao é semellante á da actual normativa da lingua galega. Utilizou o x, o ñ e o ll, nun rexistro escrito que ó longo do tempo se vai afastando do rexistro falado, así a segunda forma do artigo cada vez ten menos presenza na lingua escrita de Castelao ata desaparecer, agás para reproducir diálogos de personaxes populares, igual acontece coa contracción de a máis o que nun primeiro momento representaba contraído como ô. ¿Ten Galiza un idioma proprio?  Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo…

VER+

UN ANO SEN FRAN CORTEGOSO

Fran Cortegoso (Imaxe: Chan da pólvora)

As veces na excitada pero imperturbable fraga da lírica unha árbore cae, e como formula o enigma: se non ai ninguén preto para confirmalo, fai ruído? Francisco Cortegoso naceu en Pontevedra no agosto de 1985. Fíxose filólogo en lingua galega; escribiu poesía e con trinta e un anos morrería, moi cedo. Foi un cinco de outubro de 2016, data no que o seu libro de poemas titulado  Suicidas chegaba ás librerías, cando este mozo deixaba unha obra intensa e breve como o ronsel da lumarada que xurde na boca dun dragón.…

VER+

NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016: MANUEL MARÍA

Manuel María Fernández Teixeiro  naceu nunha podente familia labrega de Outeiro de Rei, preto de Lugo. Nesta cidade residiu durante o seu Bacharelato cun tío cura, e frecuentou a amistade de Pimentel, Anxel Johán e Anxel Fole. Non rematou os seus estudios de Filosofía e Letras, e unha vez casado, instalouse en Monforte de Lemos, onde traballa de procurador dos tribunais e rexe coa súa esposa Saleta Goi a Libreria Xistral. Na súa vida activísima de militante da cultura e da política, dirixiu a colección “Xistral” de poesía, plataforma inestimable…

VER+

DESCUBRINDO A FILGUEIRA

Filguiera Valverde nun debuxo de Antón Pulido

Moito se leva falado dende a elección, por parte da Academia, de adicar o Día das Letras Galegas deste ano á figura do pontevedrés Xosé Filgueira Valverde. Moito se escribiu sobre as luces e as sombras dun personaxe extraordinario que xera polémica arredor da súa traxectoria vital, salvo nunha cousa onde todo o mundo parece estar de pleno acordo: a súa condición de sabio –a palabra máis empregada é a de polígrafo–, pola cal nada relacionado con Galicia le era alleo. Unha dedicación plena pola cultura do seu país que…

VER+

LUÍS AMADO CARBALLO: O XOVE POETA PONTEVEDRÉS

Con tan só 26 anos de idade morría en Pontevedra, a causa da tuberculose, Luís Gustavo Amado Carballo, un dos poetas de maior influencia na lírica galega posterior a pesares da súa curta idade e obra que deixou feita. Naceu en Pontevedra un 2 de maio de 1901 na casa número 9 da rúa do Progreso, hoxe Benito Corbal. Fillo de Luís Amado de la Riega e Consolo Carballo Pesqueira, natural de Pontevedra o primeiro e de Redondela a segunda. Seus avós tamén eran da cidade do Lérez coa excepción da…

VER+