MUSEO DE PONTEVEDRA DATA: 7 DE FEBREIRO Ás 19,00H Presentación do libro ” Ejército Romano” . Interveñen o autor Xerardo Torrado e o arquólogo Mateo Fontán Couto.
VER+Etiqueta: CONFERENCIAS E FALADOIROS
INFORMACIÓN SOBRE CONFERENCIAS E FALADOIROS
PRESENTACIÓN DE NOVOS NÚMEROS DE REVÍSTA CUADRANTE
Presentación dos números 48 e 49 da revista CUADRANTE da “Asociación Amigos de Valle – Inclán”. INTERVEÑEN: José María Paz Gago, Álvaro Lago, Pablo Landín DATA. 6 de febreiro ás 19,00h MUSEO DE PONTEVEDRA
VER+EXPOSICIÓN DE IDEAS GAÑADORAS NA BANDA DO RÍO – BUEU
O Concello de Bueu, en colaboración co Colexio de Arquitectos de Galicia, organizou unha exposición cos cinco traballos gañadores do Concurso de Ideas da Banda do Río. A mostra estará aberta ao público ata o 14 de febreiro na Sala Amalia Domínguez Búa. Ademais, o 7 de febreiro levarase a cabo unha charla-coloquio coas arquitectas María Fandiño e Miriam García, autoras da proposta gañadora “Bandas da Ribeira”. O concurso recibiu dezasete propostas e busca mellorar integralmente este barrio mariñeiro.
VER+FIN DE SEMANA NA PEDREIRA
⇒VENRES 24 XANEIRO ÁS 20h . PRESENTACIÓN DO LIBRO “CIUDAD DE LA SELVA” NO CENTRO SOCIAL A PEDREIRA ⇒ SÁBADO 25 DE XANEIRO ÁS 13:00h. SESIÓN VERMUTE DE COMADRES CON SU GARRIDO POMBO, NO CENTRO SOCIAL A PEDREIRA ⇒ DOMINGO 26 ÁS 13:00h. MOBILIZACIÓN “NON AO ESPOLIO DE NOSA TERRA” NA PRAZA DA PEREGRINA ⇒ DO 6 DE DECEMBRO A 26 DE XANEIRO – EXPOSICIÓN DE PINTURA ” A MAXIA DOS PINCEIS” ⇒ PAXÍNA DO FACEBOOKDO CENTRO SOCIAL DA PEDREIRA
VER+BUEU REVIVE O ENTROIDO TRADICIONAL DA ILLA DE ONS
O Concello de Bueu e a Asociación de Veciños de Ons organizan unha charla o 25 de xaneiro para dar a coñecer e recuperar o Entroido tradicional da illa. O investigador José Manuel Dopazo Entenza será o encargado de compartir os seus achados sobre esta festividade case esquecida. Grazas ao seu exhaustivo traballo de investigación, puidose reconstruír como se celebraba o Entroido en Ons. Este coñecemento permitirá revivir a tradición o 1 e 2 de marzo con actividades como fiadas, desfiles de figuras emblemáticas como o entroido, as máscaras e…
VER+