FIN DE SEMANA NA PEDREIRA

⇒VENRES 24 XANEIRO ÁS 20h . PRESENTACIÓN DO LIBRO “CIUDAD DE LA SELVA” NO CENTRO SOCIAL A PEDREIRA ⇒ SÁBADO 25 DE XANEIRO ÁS 13:00h. SESIÓN VERMUTE DE COMADRES CON SU GARRIDO POMBO, NO CENTRO SOCIAL A PEDREIRA ⇒ DOMINGO 26 ÁS 13:00h. MOBILIZACIÓN “NON AO ESPOLIO DE NOSA TERRA” NA PRAZA DA PEREGRINA ⇒ DO 6 DE DECEMBRO A 26 DE XANEIRO – EXPOSICIÓN DE PINTURA ” A MAXIA DOS PINCEIS”     ⇒ PAXÍNA DO FACEBOOKDO CENTRO SOCIAL  DA PEDREIRA

VER+

EXPOSICIÓN “VENTO” DE ALBERTO BARAYA

DO 25 DE OUTUBRO AO 2 DE MARZO DE 2025 – MUSEO DE PONTEVEDRA O artista colombiano Alberto Baraya presenta o seu proxecto “Vento” no Museo de Pontevedra, como parte do ciclo de exposicións “Infiltracións”. Inspirado na rica colección marítima do museo, Baraya emprende unha viaxe única: navegar pola ría de Pontevedra nunha embarcación tradicional e pintar a paisaxe mariña sobre unha vela. Unha viaxe artística e mariña: A vela como lenzo: Baraya transforma unha vela de barco nun lenzo en branco, desafiando as convencións da pintura tradicional. A natureza…

VER+

A HOBBYPONT GLOBAL GAME JAM REÚNE A CREATIVOS DE GALICIA PARA DAR VIDA A NOVAS IDEAS

Pontevedra prepárase para vivir un fin de semana cheo de creatividade e videoxogos. Do 24 ao 26 de xaneiro, a cidade galega será o escenario da 5ª edición da HobbyPont Global Game Jam. Este evento internacional, que se celebra simultaneamente en diversas partes do mundo, reunirá a desenvolvedores, artistas e entusiastas dos videoxogos para crear xogos orixinais en só 48 horas. Como funciona? Unha vez revelado o tema central do evento, os participantes formarán equipos e traballarán sen descanso para dar vida ás súas ideas. Ao final do fin de…

VER+

PONTEVEDRA EN MARCHA! MIGALLAS TEATRO ABRE INSCRICIÓNS PARA TALLERES INFANTÍS CREATIVOS

Migallas Teatro invita a nenos e nenas de 5 a 11 anos a participar nos seus obradoiros creativos en Pontevedra. Podes contar con dúas propostas: Artexoga con elas: No Pazo da Cultura, desenvolveranse obradoiros de expresión dramática, plástica e musical, divididos en tres grupos por idades: 8-11 anos (luns), 5-7 anos (mércores e xoves). Xoga e crea con Migallas: No Centro Cultural de Monte Porreiro, ofrecerase un obradoiro único para nenos de 5 a 7 anos, enfocado en xogos tradicionais e expresión creativa. Que ofrecen estes obradoiros? Un espazo lúdico…

VER+

MOURÓN O ACUERILISTA

Unha acuarela pode resultar ser unha belida, e tamén divertida, suxestión ocular que nos amose a realidade a xeito de encanto. Pode esluír sensacións até facelas efémeras e mesturalas coas capas de cores superpostas, case que transparentes, nunha elegante vivencia volátil a cal, con todo, queda fixada no papel e pode que no noso maxín de por sempre. Coido especiais aqueles artistas que senten querenza pola acuarela, e a miúdo están pouco recoñecidos, ou así mo parece neste noso gris país galego, tan propicio a ser interpretado por esta nobre…

VER+

DO AMOR DE CASTELAO POR PONTEVEDRA; “MEU PONTEVEDRA”

Un dos maiores alegatos de amor e dos máis fermosos que vin na miña vida por Pontevedra. Realmente emociona lelo como pontevedrés.“Meu Pontevedra” máis a carta que escribe ao presidente do Centro Galego de Buenos Aires,  Castelao no ano 1947. Eu vivín longos anos de ledicia en Pontevedra, aferrado a fermosura dos seus arredores, coma quen no pode desprenderse dos brazos mornos dunha noiva. Eu débolle a Pontevedra o mellor da miña vida e agora padezo saudades da súa paisaxe, tristuras de non vela y espranzas de retornar a ela. Empezo…

VER+

VÍDEO DA MAGNÍFICA EXPOSICIÓN “CASTELAO ARTISTA” NO 6º – EDIFICIO DO MUSEO DE PONTEVEDRA

Extraordinaria exposición coa que podemos deleitarnos en Pontevedra sobre “Castelao Artista. Os fundamentos do seu estilo (1905-1908)”, que estará ata o dia 5 de xuño. Este vídeo é unha mostra, para aqueles que están lonxe e non poden acudir a gozala, para os que aínda non se achegaron que se animen a facelo e para os que foron e queiran recrearse nela.

VER+

OBRA DE RAMÓN CONDE EN PONTEVEDRA

Nado na cidade de Ourense o 18 de decembro de 1951, Ramón Conde é un referente da escultura contemporánea española; dono dunha linguaxe propia e atrainte que fala dende a plena expresión artística baixo un tratamento coidado e “científico”. Estudante de Filosofía e Letras en Santiago de Compostela –non rematou a carreira aínda que nutriuse de moitas experiencias e consolidou un sistema de coñecemento autodidacta–, a súa obra e primeiras exposicións se verían influídas pola psicanálise. A obra de Ramón Conde será, polo tanto, un camiño dilatado e harmonioso no…

VER+