EUSEBIO RIVERO VEIGA, ARTISTA MARINENSE DO ANO 2025 – MUSEO MUNICIPAL MANUEL TORRES

Eusebio Rivero Veiga, artista natural de Marín, será recoñecido como “Artista Marinense do Ano 2025”. O próximo 14 de febreiro inaugurará unha exposición no Museo Manuel Torres, onde presentará obras que exploran a realidade dun xeito crítico e poético, a través dunha estética sinxela pero complexa.

VER+

ACISCLO MANZANO: UNHA VIAXE DESDE O EXPRESIONISMO Á ABSTRACCIÓN, ESCULPINDO A HISTORIA DE GALICIA

DO 13 DE DECEMBRO DE 2024 AO 2 DE FEBREIRO DE 2025 – MUSEO DE PONTEVEDRA Esta exposición supón unha viaxe pola prolífica traxectoria artística de Acisclo Manzano, un dos escultores máis relevantes de Galicia. Desde os seus inicios, marcados por un expresionismo figurativo e un profundo compromiso social, ata as súas últimas obras, nas que se achega á abstracción, Manzano esculpiu a historia de Galicia cunha sensibilidade única.     A mostra somérxenos nun universo onde a madeira, o metal e a arxila se transforman en poderosas expresións da…

VER+

LA VIRGEN LA O, Y LA BASÍLICA DE SANTA MARÍA EN PONTEVEDRA

Foto: Falicilitada por el autor del artículo

En un lateral de la Basílica (calle Plateria Vella), existía un interesante elemento que hoy no conservamos y que fue reproducido con posterioridad por Arturo Souto y Federico Alcoverro. Se trataba del altar exterior de la “Virgen de la O”, situado sobre la sepultura de Alfonso de Valtuillo. Casto Sampedro había señalado en el segundo tomo de Documentos, inscripciones y Monumentos para la Historia de Pontevedra que: “Sobre esta sepultura existió la capilla de Nuestra Señora de la O. En 1652 la señora doña Antonia de Caamaño, esposa de Don Mauro de Mendoza…

VER+

O VALLE INCLÁN PONTEVEDRÉS

Escultura de Valle-Inclán en Pontevedra (Imaxe: Mateo Fontán Couto)

A escultura de Valle-Inclán sita na Praza de Méndez Núñez goza de moita atracción entre os visitantes da nosa cidade. É común atoparse a alguén fotografándose con ela; do mesmo xeito, a estatua posúe sona entre os pontevedreses e, ás veces, engalánase para as festas ou «vístese» con motivo artístico, publicitario ou reivindicativo. Lamentablemente, o monumento a este xenio das letras tamén foi vítima de agresións en varias ocasións, pois é sabido que de todo hai na viña do Señor. A obra foi realizada en bronce por César Lombera, inaugurada…

VER+

OBRA DE RAMÓN CONDE EN PONTEVEDRA

Nado na cidade de Ourense o 18 de decembro de 1951, Ramón Conde é un referente da escultura contemporánea española; dono dunha linguaxe propia e atrainte que fala dende a plena expresión artística baixo un tratamento coidado e “científico”. Estudante de Filosofía e Letras en Santiago de Compostela –non rematou a carreira aínda que nutriuse de moitas experiencias e consolidou un sistema de coñecemento autodidacta–, a súa obra e primeiras exposicións se verían influídas pola psicanálise. A obra de Ramón Conde será, polo tanto, un camiño dilatado e harmonioso no…

VER+

A FIGURA DA “FAMA” NA PRAZA DO PEIRAO

Fonte da Praza do Peirao (Imaxe: Mateo Fontán Couto)

Pontevedra posúe fermosas fontes que engalanan a cidade e falan do seu devir histórico e artístico. Sen dúbida, a máis famosa delas é a da Ferrería sita na veciña praza de Ourense. Esta é a fonte que «da de beber a quen pasa» tal e como reza a copla. Trátase dun manancial renacentista a imitación dos chafarís portugueses e cuxa historia está chea de avatares. Foi erguida no século XVI, restaurada no XVIII, derrubada no XIX e reedificada en 1928.”   En orixe a fonte foi redonda con tres cuncas,…

VER+

ILLA DE COVO, ILLA DAS ESCULTURAS

Foto: Francisco Leiro: Saavedra. Zona de lecer (Imaxe: Mateo Fontán Couto, 2012)

Sita nunha das zonas máis fermosas de Pontevedra, as sete hectáreas da Illa do Covo amosan unha máxica simbiose entre natureza, arte e paisaxe. Todo conflúe nun poema de sensacións que asaltan ao paseante que se deixa caer por ela co ánimo disposto á reflexión e a experimentar emocións non sempre fáciles de contar. Foi en 1999, dentro do Xacobeo compostelán celebrado ese ano, cando a Illa do Covo –tamén coñecida como Illa da Xunqueira do Lérez ou o Parque da Familia– pasou a compartir denominación co proxecto artístico da…

VER+

Asorey, Cabanelas e San Sebastián

Nos Xardíns do Hospital Provincial de Pontevedra érguese un monumento no que conflúen tres personaxes: Asorey como o escultor que o realizou, Manuel Barreiro Cabanelas como o homenaxeado e san Sebastián que é a figura que se representa no monumento. Francisco Asorey pasa por ser un dos máis grandes escultores que de Galicia. Coñecido como «o escultor da raza» as súas obras levárono a ser considerado un dos artistas máis  sobranceiros na renovación escultórica española do século XX. A súa pegada na cidade do Lérez deixouna en dous magníficos monumentos:…

VER+

Profetas na súa Terra

Recentemente saíu a noticia de que as dúas imaxes pétreas dos profetas identificados como Elias e Enoc, procedentes da fachada occidental da Catedral de Santiago e que se conservan no Museo de Pontevedra, regresarán temporalmente a Compostela para integrarse no Espazo Divulgativo do Pórtico da Gloria. Parece pois un bo momento para falar algo destas “xoias” medievais que custodiamos na nosa cidade.; Na súa orixe o Pórtico da Gloria era unha estancia aberta e non pechada cara o oeste como podemos observar na actualidade. As primeiras modificacións xorden a partires…

VER+