A ÉLITE GALAICA

Coa obra titulada Callaici principes: os soberanos da Galiza castrexa, Martín Fernández Calo logrou o XII Premio de Ensaio Manuel Murguía, outorgado pola Deputación da Coruña. Esta mesma institución encargouse da súa publicación, e agora podemos falar dun libro rigoroso que vén ocupar un oco pouco reenchido pola historiografía galega e alén desta. O tema non resulta doado de abordar: existiu unha elite autóctona no mundo castrexo? A partir desta cuestión o autor desenvolve, mediante a técnica do ensaio, unha coidadosa posta en escena que fai có libro sexa a mellor achega…

VER+

LAMBRIACA; “ LA ATLÁNTIDA GALLEGA”

Foto: Facilitada por el autor del artículo

Hace un tiempo que tuve conocimiento de una ciudad, un tanto desconocida y que aparece en los escritos allá por el siglo primero de nuestra era. Se trata de Lambriaca, cuyas primeras referencias son del historiador Pomponio Mela que durante el Renacimiento fue uno de los autores más admirados de la Antigüedad. Su obra más famosa, que le llevó a ser citado por Plinio el Viejo, fue un compendio geográfico que se compone de tres volúmenes de título “De Chorographia” y que escribió en la década de los años 40 del siglo I, también denominada “De Situ…

VER+

GALICIA E A SÚA RELACIÓN CON OUTROS POBOS CELTAS

Hai unha relación clara entre os diferentes pobos da costa atlántica; un dos personaxes máis curiosos é a figura de Maeloc, e un vínculo entre Galicia e Bretaña. Nunha das invasións que sufriu Bretaña no s.V das terras xermanas; os celtas que se atopaban asediados abandonaban os seus pobos trasladándose uns cara a Gales, outros a Cornualles e Escocia, e outros ao continente a Bretaña, que ata ese momento chamábase Harmónica; e para rematar o bispo Maeloc co seu pobo, os seus aveños e ata os seus mortos, seguiron viaxe ata chegar…

VER+

FUNDACIÓN DE PONTEVEDRA

Pontevedra foi fundada por Teucro (o mellor arqueiro), irmán de Ajax, fillo de Telamón, heroe de Troia. Acusado polo seu propio pai de non axudar nin vingar ao seu irmán Ajax, foi obrigado a abandonar a súa terra e embarcouse navegando ata chegar a Galicia e asentarse na futura Pontevedra. Tamén se fala da orixe celta, situando na cidade do Lérez o emprazamento do poboado celta de Lambrica, destruído por Julio Bruto na súa conquista de Galicia, unha vez superado o Miño. Hai tamén varias teorías sobre o seu nome;…

VER+

HISTORIA DA LINGUA GALEGA: ETAPA INDOEUROPEA – CELTA

A historia da lingua galega pódese resumir como sete séculos de normalidade, desde as súas orixes cando se separa do latín galaico, aló polo século IX, até a introdución do castelán no século XV, e cinco séculos de conflitos, do século XVI até os nosos días. Os primeiros habitantes de Galicia eran de orixe preindoeuropea e ao igual que os indoeuropeos deixaron a súa pegada na lingua galega. As informacións de xeógrafos e historiadores grecolatinos, os restos arqueolóxicos e as similitudes lingüísticas con outras zonas indican que no noroeste peninsular…

VER+

AQUIS QUERQUENNIS : A MANSIÓN VARIA

Nela podemos ver un monólito no que están gravados o número de millas existentes entre Braga e Astorga, e mostra así as mansións da vía coas súas correspondentes distancias intermansionarias. Os restos deste establecemento hostaleiro foi erixido seguramente en dous momentos diferentes: O 1º a principios da segunda centuria da era. Contaría cun gran corralón con teito e apoiado sobre alicerces, que se poden apreciar no interior, e parcialmente  escavados obsérvanse estancias residenciais. O 2º é posible que fose construído nas primeiras décadas do século III, e sería un novo…

VER+

O MILARIO DE ADRIANO: SINSABORES DUNHA PEDRA IMPORTANTE

Foto: Sala dos miliarios no Museo de Pontevedra. Imaxe: Faro de Vigo / G. Santos

Por miliario entendemos unha columna pétrea de gran peso e  tamaño que funcionaba a xeito de marco quilométrico nas antigas vías romanas. É frecuente que leven inscricións onde se especifica a vía na que se atopaba, así como a distancia entre as mansios ou as capitais dos conventus e o nome do emperador que mandouno erguer ou ben reparar. Tamén existen miliarios conmemorativos do emperador de quenda. No Museo Provincial de Pontevedra custódiase unha moi interesante colección de miliarios conformada por reunións anteriores e achados arqueolóxicos. Sebastián Malvar Pinto, arcebispo de Santiago de Compostela,…

VER+

A MAIOR CONCENTRACIÓN DE OURO PREHISTÓRICO EN EUROPA

Tesouro de Caldas I (Imaxe: / www.museo.depo.es )

Caldas de Reis é terra onde «nace» ouro, xa que dela proveñen dous tesouros –falando en termos arqueolóxicos teríamos que dicir depósitos– que hoxe en día podemos contemplar nas salas adicadas ás coleccións arqueolóxicas do Museo Provincial de Pontevedra. Son os tesouros de Caldas I e Caldas II; este último, formado por cincuenta e tres pequenas láminas de ouro enroscadas procedentes dunha diadema e un aplique cónico, encadrados na Idade do Bronce. Sen embargo, a «fama» maior pertence ao magnífico depósito de Caldas I. A historia do seu descubrimento é…

VER+