Sabemos dos atractivos que a memorable cidade de Tui ofrécenos. Non é intención a de degrañar aquí algún recuncho histórico, artístico ou natural. Sabemos que a Tui fundada por Diómedes, rei de Etolia, fala con autoridade de capital de provincia histórica e atesoura unha personalidade tan conxénita coma o outeiro que a contén e tan versátil coma a raia que a separa do veciño portugués. Coñecemos cousas desta terra dende a prehistoria; fogar dos Grovios na Idade do Ferro, foi romanizada; sé episcopal desde o século V e ceca de moedas no reino…
VER+Etiqueta: HISTORIA – IDADE MEDIA (s.VI – s. XV)
IDADE MEDIA SIGLO VI- SIGLO XV
MALAS DECISIÓNS E NOVOS LIBROS
Xa podemos adquirir nas librarías o último traballo do investigador pontevedrés Leoncio Feijoo Lamas. Unha investigación histórica acerca do peirao pontevedrés do Burgo, tema este de actualidade por mor da polémica reforma producida na histórica ponte e tamén nos restos do devandito peirao. O libro expón unha viaxe a través dos séculos para coñecer este importante peirao da Boa Vila, así como a tradición portuaria pontevedresa diminuída co paso do tempo. O lector enfróntase a nove capítulos onde, mediante unha rigorosa pescuda, poderá saber da importancia dos vestixios recentemente cubertos…
VER+850 ANOS DO FORO DE PONTEVEDRA
Durante o reinado de Fernando II, monarca de Galicia, concédese a Pontevedra o foro mediante o cal, poderiamos dicir, se asentan os alicerces do gran despegue como cidade portuaria que gozaría a vila do Lérez. Isto sucedeu no ano 1169, polo que este ano cúmprense 850 anos da elaboración da carta foral. No entanto, é sabido que o documento conservado no Museo Provincial de Pontevedra non é o orixinal senón que se trata dunha confirmación rexia de 1264 por parte de Afonso X o Sabio que acolle o contido íntegro…
VER+UN ENCONTRO COA IGREXA DE SANTA MARÍA DE MIXÓS
Cheguei camiñando, a través dun tramo da vetusta Vía da Prata, até ese fano con sona prerrománica que é Santa María de Mixós. O camiño desembocou de forma directa na contemplación do templo, que agardaba no soño dese día agrisado e chuvioso. Deseguido preguntei a un tipo, recentemente aparcado diante de min, sobre a posibilidade de visitar a igrexa e foi entón cando escoitei o nome de Nelson: o encargado que dispuña da chave. O home indicoume a casa do tal Nelson mais puiden observar que na porta da igrexa …
VER+RUTA CASTELO DE SOUTOMAIOR E O CASTELO DE CASTRIZAN (“A PENEDA”)
Partindo de Pontevedra cidade e moi próximo, atópase esta marabilla en perfecto estado: o Castelo de Soutomaior, terras do lendario Pedro Madruga. Igualmente estando na zona non podemos deixar de visitar a capela na Peneda onde antiguamente atopábase o Castelo de Castrizán Castelo de Soutomaior está situado nun lugar verdadeiramente privilexiado pola ampla paisaxe que dende alí se divisa, a uns 119 metros sobre o nivel do mar, dominando o territorio enmarcado polo val do río Verdugo, dende a súa confluencia co Oitavén ata a súa desembocadura na enseada de…
VER+DE PASEO POLOS XARDÍNS DO CASTELO DE SOUTOMAIOR
A “finca” do castelo de Soutomaior comprende 25 hectáreas de terreo que ó longo da súa historia fóronse destinando a distintos usos. A orixe do parque e dos xardíns ven dada polos Marqueses de la Vega de Armijo e de Mos hacia 1870, época na que deciden fixar a súa residencia de verán no Castelo de Soutomaior, comenzándose tanto a remodelación do recinto amurallado, como a creación dos xardíns que substituíron ós campos de millo alí existentes. En 1905 fálasenos por primeira vez do arboledo do castelo na obra da Marquesa…
VER+PRESENTACIÓN DO LIBRO “DONDE LA SALMUERA. LA MOUREIRA Y SUS GENTES”
Presentación do Libro de José Benito García iglesias “Donde la Salmuera. La Mourerira y sus gentes”, en Vila Pilar en Pontevedra, o día 15 de decembro do 2017. Acompañan ao propio autor da obra, Jose Benito García Iglesias; Ana Maria Vicente Rivas ( xefa do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico dá Deputacion de Pontevedra) e o arquitecto Mauro Lomba Martínez, artífice da restauración e deseño do espazo multidisciplinar Nemonon, situado en Vila Pilar. Vídeo Presentación.
VER+ANTES E LOGO DE PEDRO MAFRUGA: A CASA DE SOUTOMAIOR
É a de Soutomaior unha das casas nobres máis coñecidas e antigas de Galicia. Houbo un gran señor en tempos do rei Don Pedro; Paio Sorred de Soutomaior que tivo un fillo Álvaro que á súa vez sería o pai dunha filla que emparentaría coa casa de Ulloa casando con Vasco López de Ulloa, sendo á súa vez a nai de Lope Sánchez, pai do futuro Conde de Monterrei. Gozaban estes señores de Soutomaior de moita influencia no obispado de Tui, eran valentes e gustaban de enfrontarse co obispado de Santiago…
VER+VIDA Y DESAPARICIÓN DE PEDRO MADRUGA
Durante o reinado de Enrique IV (1455-1474), don Pedro, beneficiándose do favor e a debilidade da coroa, consolida e incrementa os seus dominios. Éstes consistían, inicialmente, no castelo de Soutomaior, que Vasco da Ponte (cronista galego de comenzos do s. XVI), evalúa como casa de setenta ou oitenta lanzas. Exercía o control directo sobre outra serie de casa fortes e torres que salpicaban o suroeste de Galicia dende o río Ulla ata o Miño; entre elas: Trinidad, Alba, Cotobade e Fornelos. Contaba, igualmente, coa posesión en feudo dun total de…
VER+AS TORRES ARCEBISPAIS DE PONTEVEDRA
No ano 2008, no transcurso dunhas escavacións arqueolóxicas previas ás obras na Avenida de Santa María, topáronse cuns muros en bo estado, que formaban parte da historia medieval; chegouse á conclusión que eran parte do foso defensivo datado no s.XII, da antiga fortaleza medieval, e que por desgraza foron derrubadas a finais do s.XIX. Con bo criterio decidiuse facer un museo que se atopa a un cinco metros baixo terra, ou o que é o mesmo, un museo subterráneo. É un centro de interpretación dedicado ás Torres Arcebispais de Pontevedra;…
VER+