EDITORIAL Explicando Según habíamos anunciando en el último número del Fustazo, pensábamos iniciar hoy la publicación del nuevo semanario Marín, con todas las reformas cometidas. En esto confiados nuestros lectores, no podrán tal vez, al recibir el presente número, un mohín de disgusto de cuya significación no saldría muy bien parada nuestra seriedad. Para evitar torcidas interpretaciones, procuraremos explicar en pocas palabras la causa de tal proceder. Quien se halle medianamente enterado de estas cuestiones periodísticas no ignora sin duda con cuantos obstáculos se tropieza para llevar a cabo una publicación de esta índole…
VER+Etiqueta: HISTORIA IDADE MODERNA (S. XVI – S. XVII)
HISTORIA IDADE MODERNA – SIGLO XVI – SIGLO XVII
HISTORIA DA FESTA DO POLBO DO CARBALLIÑO E A SÚA RELACIÓN CON MARÍN
De cómo o polbo chegou a introducirse en terras do interior de Galicia merece, cando menos, unha breve referencia histórica. Os documentos máis antigos que relacionan ao Carballiño coa tradición pulpera datan do século XVII e áchanse en Marín. Esta localidade pontevedresa foi priorado de Oseira durante varios séculos, chegando ata a posuír os frades cistercienses unha potente flota pesqueira. Marín estaba obrigada a entregarlle aos frades en compensación polos dereitos de foro unha determinada cantidade que se materializaba en especies, sobre todo cordeiros, galiñas e produtos do mar. Entre…
VER+4 DE MAIO DE 1589, MARÍA PITA DEFENDE A CORUÑA DOS ATAQUES DE FRANCIS DRAKE
María Mayor Fernández de la Cámara Pita, coñecida popularmente como María Pita, nada en Sigrás contra 1560 e finada no mesmo lugar en 1643, foi unha heroína galega na defensa da Coruña contra do ataque inglés acontecido no ano 1589. Naceu arredor do ano 1560 no seo dunha familia modesta. No ano 1581 contraeu matrimonio co carniceiro Xoán de Rois que morreu no ano 1585, ao que lle seguirían outros tres esponsais máis: co tamén carniceiro Gregorio de Rocamonde, que morreu no ano 1589 durante o cerco inglés, co mestre de navío…
VER+CANDO OS TURCOS ARRASARON CANGAS
No 1617, tiveron lugar os feitos máis dramáticos que coñeceu Cangas ó longo da súa dilatada Historia. Un 4 de decembro, os habitantes da ría de Vigo vían espantados como once navíos corsarios turco-berberiscos fondeaban nas illas Cíes. Os seus propósitos non podían ser máis sanguinolentos: causa-la maior desfeita posible nas posesións da Coroa Española, e practica-la rapiña e a pillaxe. A primeiras horas da mañá, tras un intenso bombardeo, uns 1.000 homes desembarcaron en Rodeira e na Punta de Balea, ante as aterrorizadas xentes do lugar. Aínda trataron novamente os…
VER+AS MEIGAS DE CANGAS E A INQUISICIÓN: MARÍA SOLIÑA
Entre 1619 e 1628 numerosas mulleres de Cangas foron xulgadas polo Tribunal do Santo Oficio (Inquisición) por suposta “bruxería”. Hoxe en día sabemos que aquelas desgraciadas, que acabaron confesando atrocidades a forza de espantosos tormentos, foron en realidade víctimas dunha invención dos inquisidores. A “caza de bruxas” estivo directamente provocada polo emprobecemento xeral que seguíu á invasión turca de 1617. A pequena nobreza víu descender as súas rendas de xeito alarmante, polo que buscou por tódolos medios os recursos necesarios para mante-lo seu nivel de vida. A Inquisición, integrada case…
VER+¿MIGUEL DE CERVANTES, GALEGO?
No ano 2011 foi achado na Biblioteca Nacional, un documento entre os documentos da biblioteca do Conde de Lemos (tamén resgardada na propia Biblioteca Nacional despois do incendio sufrido no castelo de Monforte de Lemos). No devandito documento Méndez Silva (1600 -1670), un xenealoxista acreditado, e cronista na corte de Felipe IV, tratando a xenealoxía da procedencia galega do alcalde de Toledo Nuño Alfonso, apúntase aos Cervantes como os seus antepasados. Mención especial merece un documento do Colexio dos Jesuitas de Monterrei, o cal no seu maior parte, as súas…
VER+O DÍA DAS TRES GRAZAS
No caixón das tradicións pontevedresas o día das Tres Grazas ocupa un espazo avalado polo verniz do tempo e a irredutibilidade da fe. Así, cada primeiro venres de marzo poderemos comprobar como, dende cedas horas da mañá, vaise formando unha longa cola para ir visitar ao Nazareno da capeliña da rúa Tetuán. A tradición marca que ese día poderase formular tres peticións diante da venerada imaxe, e polo menos unha poderá cumprirse. En moitas localidades prodúcese este acto que afunde nos anos o seu senso e que parece ven a…
VER+AQUELA “NAO” QUE SAÍA POLO CORPUS
Durante moito tempo Pontevedra foi unha cidade de Corpus, xa que esta celebración relixiosa era unha das máis características e de maior relevancia na cidade. Frei Martín Sarmiento deixou escrito que a súa primeira lembranza foi a dos xigantes que saían nesta procesión; o Pai Amoedo no seu «Carmem Patrium sive Pontevedra» rememora, nostálxico dende o exilio, o festexo na cidade do Lérez. Co tempo, esta celebración foi obxecto de comentario e estudo por escritores e investigadores tales coma Xoán Manuel Pintos, Casto Sampedro, Casal y Lois, Filgueira Valverde, Sanchez…
VER+