MUSEO DE PONTEVEDRA DATA: 7 DE FEBREIRO Ás 19,00H Presentación do libro ” Ejército Romano” . Interveñen o autor Xerardo Torrado e o arquólogo Mateo Fontán Couto.
VER+Etiqueta: LETRAS E LIBROS
INFORMACIÓN SOBRE LIBROS, AUTORES, EDITORIAIS
FIN DE SEMANA NA PEDREIRA
⇒VENRES 24 XANEIRO ÁS 20h . PRESENTACIÓN DO LIBRO “CIUDAD DE LA SELVA” NO CENTRO SOCIAL A PEDREIRA ⇒ SÁBADO 25 DE XANEIRO ÁS 13:00h. SESIÓN VERMUTE DE COMADRES CON SU GARRIDO POMBO, NO CENTRO SOCIAL A PEDREIRA ⇒ DOMINGO 26 ÁS 13:00h. MOBILIZACIÓN “NON AO ESPOLIO DE NOSA TERRA” NA PRAZA DA PEREGRINA ⇒ DO 6 DE DECEMBRO A 26 DE XANEIRO – EXPOSICIÓN DE PINTURA ” A MAXIA DOS PINCEIS” ⇒ PAXÍNA DO FACEBOOKDO CENTRO SOCIAL DA PEDREIRA
VER+LAURA TOURIÑÁN MORANDEIRA PRESENTA A SÚA OBRA SOBRE MARCIAL DO ADALID
O vindeiro xoves 30 de xaneiro, ás 19:00 horas, o Museo de Pontevedra acollerá un evento de gran relevancia cultural. Terá lugar a presentación do libro “Marcial del Adalid e o seu legado na Real Academia Galega”, obra da musicóloga Laura Touriñán Morandeira e editado pola RAG. A velada contará coa participación de destacadas personalidades do ámbito cultural galego, como Ángeles Tilve, directora do Museo de Pontevedra, e Víctor F. Freixanes, presidente da Real Academia Galega. Ademais, o pianista Alejo Amoedo interpretará obras do compositor coruñés, ofrecendo ao público a…
VER+A BIBLIOTECA TORRENTE BALLESTER ABRE AS SÚAS PORTAS AOS MAIS PEQUENOS
A Biblioteca Municipal Torrente Ballester de Bueu recibiu a visita dos alumnos do CEIP Plurilingüe A Torre Cela. Os nenos puideron explorar as diversas salas da biblioteca, dende a aula infantil ata a terraza exterior. Con esta iniciativa, o Concello busca achegar aos máis novos a este espazo cultural e fomentar o hábito da lectura.
VER+LITERATURA E CIENCIA DANSE A MAN NOS PREMIOS CIDADE DE PONTEVEDRA
Manel Loureiro e os servizos de Digestivo e Dermatoloxía do CHOP, grandes triunfadores dos Premios Cidade de Pontevedra 2024. Nun ano repleto de éxitos, a cidade de Pontevedra decidiu recoñecer a dúas das súas figuras máis destacadas. Por unha banda, o recoñecido escritor Manel Loureiro foi galardoado pola súa proxección internacional e as súas obras de gran éxito, como “Apocalipsis Z”. Por outra banda, os servizos de Digestivo e Dermatoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP) foron aclamados pola súa excelencia na atención ao paciente. Estes servizos foron recoñecidos…
VER+PÁXINAS DO ENTROIDO NA OBRA DE TABOADA CHIVITE
Xesús Taboada Chivite (1907-1976) legounos unha valiosa bibliografía, dentro da cal ten cabida o tema do Entroido. Sabemos que non podería ser doutro modo, pois ao profuso da súa obra antropolóxica únese o aspecto de que era natural de Verín, e iso suma, digo eu. Este sabio do Val do Támega sentía curiosidade e paixón investigadora polos costumes, e acerca deles escribiu máis que abondo. Xa no seu libro de 1972 Etnografía galega. Cultura espiritual, publicado por Galaxia, dedica concisos apuntamentos ao Entroido dentro do capítulo «Calendario festivo»; estes, veñen…
VER+A ÉLITE GALAICA
Coa obra titulada Callaici principes: os soberanos da Galiza castrexa, Martín Fernández Calo logrou o XII Premio de Ensaio Manuel Murguía, outorgado pola Deputación da Coruña. Esta mesma institución encargouse da súa publicación, e agora podemos falar dun libro rigoroso que vén ocupar un oco pouco reenchido pola historiografía galega e alén desta. O tema non resulta doado de abordar: existiu unha elite autóctona no mundo castrexo? A partir desta cuestión o autor desenvolve, mediante a técnica do ensaio, unha coidadosa posta en escena que fai có libro sexa a mellor achega…
VER+UN LIBRO PARA CARLOS GARCÍA MARTÍNEZ
Poucas cousas mellores ocórrenseme cá edición dun libro á hora de rendermos homenaxe a alguén que o merece. Un libro-homenaxe pode adquirir distintas formas: pode reunir colaboracións de diferentes especialistas relacionadas coa personalidade e as angueiras de aquel a quen se quere render tributo, ou ben pode recompilar composicións do mesmo homenaxeado. Con esta segunda opción ofrécese a posibilidade da descuberta dun traballo esquecido ou difícil de conseguir; deste xeito, fortalecemos o legado do autor e o vínculo directo co lector, flúe a relación e perpetúase a memoria. O Museo…
VER+CUARTO MANUAL DO MUSEO DO POBO GALEGO
Na súa serie de Manuais o Museo do Pobo Galego ofrece ao lector a oportunidade de se achegar a aspectos concretos da cultura tradicional galega. O primeiro dos volumes publicouse en 1985 precisamente co título de Cultura popular, a cargo de X. R. Mariño. No 1991 Clodio González versou acerca das festas cíclicas do ano e vinte e sete anos despois saía o volume de José Cernadas sobre a cantería tradicional. O último número desta colección, o cuarto, vén da man de Francisco Calo Lourido levando por título: Vida e traballo no mar dos…
VER+RISCO O ESTETA
Se fixésemos un ranking de publicacións sobre persoeiros contemporáneos da nosa cultura a figura de Vicente Risco estaría situada, sen dúbida, nos primeiros postos da clasificación. Poida que Rosalía de Castro e Castelao disputen ese liderado, mais á zaga vai o grande erudito ourensán, seguramente acompañado do seu amigo Otero Pedrayo ou de Cunqueiro, na configuración dese podio. O certo é que a miúdo topámonos con algún artigo nos xornais que fai referencia a Risco ou ben conmemora algunha empresa na que tivo que ver, véxase estes últimos días con respecto ao centenario…
VER+