NOITES ABERTAS: 107 RAZÓNS PARA VIVIR A NOITE EN PONTEVEDRA

A 26ª edición do programa Noites Abertas, organizado polo Concello de Pontevedra, ofrecerá 107 actividades diferentes e 183 sesións entre o 31 de xaneiro e o 29 de marzo de 2025. O programa está dirixido a mozas e mozos de entre 12 e 30 anos, e contará cunha gran variedade de actividades como cociña, deportes, xogos, encadernación, danza, escape room, bordado, música e instrumentos, astronomía e obradoiros creativos. Este ano, ademais dos espazos habituais, o programa tamén se desenvolverá no Muíño da Cancela, o Observatorio de Cotobade e o Cemiterio…

VER+

DOMINGOS DO PRINCIPAL: NOVA EDICIÓN CON ESPECTÁCULOS PARA NENOS E FAMILIAS

O ciclo “Domingos do Principal” regresa cunha nova edición a partir do 2 de febreiro, ofrecendo catro espectáculos variados para nenos e familias. O programa inclúe teatro, monicreques, música e clown, a cargo de compañías galegas e salmantinas. As funcións serán os domingos 2, 9, 16 e 23 de febreiro, con pase dobre ás 12:00h e ás 18:30h. As entradas e abonos estarán á venda en Ataquilla.com a partir do 25 de xaneiro. PROGRAMACIÓN DETALLADA: Domingo 2 de febreiro: SOLO – Roi Borrallas (Galiza/Cataluña) – Clown. Duración: 45 minutos. Recomendado…

VER+

FIN DE SEMANA NA PEDREIRA

⇒VENRES 24 XANEIRO ÁS 20h . PRESENTACIÓN DO LIBRO “CIUDAD DE LA SELVA” NO CENTRO SOCIAL A PEDREIRA ⇒ SÁBADO 25 DE XANEIRO ÁS 13:00h. SESIÓN VERMUTE DE COMADRES CON SU GARRIDO POMBO, NO CENTRO SOCIAL A PEDREIRA ⇒ DOMINGO 26 ÁS 13:00h. MOBILIZACIÓN “NON AO ESPOLIO DE NOSA TERRA” NA PRAZA DA PEREGRINA ⇒ DO 6 DE DECEMBRO A 26 DE XANEIRO – EXPOSICIÓN DE PINTURA ” A MAXIA DOS PINCEIS”     ⇒ PAXÍNA DO FACEBOOKDO CENTRO SOCIAL  DA PEDREIRA

VER+

LAURA TOURIÑÁN MORANDEIRA PRESENTA A SÚA OBRA SOBRE MARCIAL DO ADALID

O vindeiro xoves 30 de xaneiro, ás 19:00 horas, o Museo de Pontevedra acollerá un evento de gran relevancia cultural. Terá lugar a presentación do libro “Marcial del Adalid e o seu legado na Real Academia Galega”, obra da musicóloga Laura Touriñán Morandeira e editado pola RAG. A velada contará coa participación de destacadas personalidades do ámbito cultural galego, como Ángeles Tilve, directora do Museo de Pontevedra, e Víctor F. Freixanes, presidente da Real Academia Galega. Ademais, o pianista Alejo Amoedo interpretará obras do compositor coruñés, ofrecendo ao público a…

VER+

OLLADAS MUSICAIS: UNHA VIAXE POLA MÚSICA CLÁSICA NO MUSEO DE PONTEVEDRA

O Museo de Pontevedra convídache a mergullarte no mundo da música clásica coa segunda edición de “Olladas musicais”. A través de charlas interactivas e audicións comentadas, este ciclo gratuíto busca achegar obras emblemáticas a un público adulto. Que che espera? 15 de xaneiro: Comezaremos explorando as Paisaxes sonoras de Vivaldi a Piazzolla, realizando un percorrido polas súas icónicas “Catro estacións”. 22 de xaneiro: Descubriremos o Eco de dous mundos na Sinfonía do Novo Mundo de Dvořák. 5 de febreiro: Adentrarémonos na obra mestra de Grieg, Peer Gynt, e analizaremos a…

VER+