Durante o reinado de Enrique IV (1455-1474), don Pedro, beneficiándose do favor e a debilidade da coroa, consolida e incrementa os seus dominios. Éstes consistían, inicialmente, no castelo de Soutomaior, que Vasco da Ponte (cronista galego de comenzos do s. XVI), evalúa como casa de setenta ou oitenta lanzas. Exercía o control directo sobre outra serie de casa fortes e torres que salpicaban o suroeste de Galicia dende o río Ulla ata o Miño; entre elas: Trinidad, Alba, Cotobade e Fornelos. Contaba, igualmente, coa posesión en feudo dun total de vinte feligresías en Terra de Salnés, que o arzobispo de Santiago, don Rodrigo Luna, concedera a Alvar Páez de Soutomaior.
Hacia 1467 obtuvo don Pedro, de Enrique IV, un xuro de 150.000 maravedís sobre as rentas reais de Pontevedra, Vigo e Redondela; concesión que lle serviu de pretexto para señorear estas tres cidades durante os anos 70 do s. XV, e que lle acarreou, ó mesmo tempo, o enfrentamento permanente co arzobispo de Santiago, don Alonso de Fonseca, a cal xurisdicción pertencían ditas cidades.
Pedro Madruga continuou, como os seus predecesores Soutomaior, exercendo a encomenda sobre a igrexa de Tui, de forma que máis parecían os Soutomaior os señores da Igrexa, que os seus propios obispos, cos que o conflicto foi tamén permanente.
Finalmente, don Pedro Madruga chegou a titularse Vizconde Tui e Mariscal de Baiona.
Durante a Guerra Irmandiña (1467-1469) don Pedro refuxiouse en Portugal, onde gañou a amistade do monarca veciño, e contruxo matrimonio ventaxoso con doña Teresa de Táboa, da que tuvo sete fillos: Álvaro, Fernando, Cristóbal, Diego, Alfonso, Mayor e Constanza; así comezaba o que ía ser unha constante na súa traxectoria, a vinculación política e familiar con Portugal. A reacción feudal contra os Irmandiños proporcionoulle a oportunidade de introducirse no escenario nobiliar galego e gañar nel un posto eminente; cruza a fronteira portuguesa e recupera os seus dominios sin dificultade, derrotando ás hostes irmandiñas cerca de Pontevedra; ponse en contacto co arzobispo Fonseca e con don Juan Pimentel, irmán do conde de Benavente, ós que axuda a recuperar as súas anteriores posesións; por último, organiza á nobleza galega desbaratada e conducea ata o desmantelamento das posicións irmandiñas.
Era a alianza conxuntural da nobreza contra o enemigo común, que pronto se vería rota polas exixencias particulares de cada un. Pola súa parte, o de Soutomaior contaba cos servizos e axuda dunha serie de cabaleiros de acostamento ós que sostiña nas súas terras e dominios (os Montenegro ou os Valladares, entre outros), así como dos seus familiares os Soutomaior de Lantaño, ou seu fiel amigo don Lope Sánchez de Moscoso, conde Altamira.
O momento cumbre da ascensión de Pedro Madruga prodúcese en 1475, cando obtén do rei portugués Alfonso V o título e os dereitos de conde de Camiña; por entonces constituira un dominio case exclusivo sobre a zona suroeste de Galicia, onde o pobo o invocaba como “o noso rei”; titulación acorde, polo demáis, coas súas pretensións hexemónicas, expresadas rotundamente nas súas propias palabras: “en Galicia basta mi casa”.
Pedro Madruga na Guerra de Sucesión (1474 – 1479).
En 1474, morto Enrique IV, estala o conflicto sucesorio entre a súa irmá Isabel e a súa filla Juana; mentras a nobreza galega adopta unha actitude espectante, seus dous líderes máis cualificados posicionanse rápidamente. Pedro Madruga ó lado de Juana e do bando portugués; e iso, por afinidade xeográfica e cultural, por vinculación familiar, e con miras á salvagarda dos seus interéses persoais, a cabalo entre o sur de Galicia e o norte Portugal. Fonseca ó lado de Isabel e da futura monarquía dos Reis Católicos, buscando a rehabilitación e o ascenso político.
A intervención de don Pedro no conflicto sucesorio proporcionanos os acontecementos máis apasionantes da súa biografía.
Influe decisivamente no falido matrimonio entre Juana e o monarca portugués Alfonso V, programa e facilita a invasión portuguesa de Castilla; e él mesmo abre un frente galego na guerra, proclamando a Alfonso e Juana reis de Portugal, Castilla León e Galicia en Vigo, Caldas de Reis, Pontevedra, Padrón, Baiona e Tui. A esta presencia portuguesa en Galicia opuxose enerxicamente o obispo de Tui, don Diego de Muros, que tivo que sufrir, por elo, un prolongado cautiverio en terras portuguesas.
En outono de 1476 o arzobispado Fonseca, o conde de Monterrey, xunto cos nobres galegos que, de mellor a peor gana, incorporaranse ó bando isabelino, mandados por fray Arias del Rio, correxidor maior de Galicia, dirixense a Pontevedra, dispostos a reducir ó de Camiña; os secunda por mar unha escadra mandada por Ladrón de Guevara. Madruga resiste dous prolongados cercos á cidade, que terminan en fracaso polos asaltantes, quenes se deciden por unha tregua na primaveira de 1477.
Acontecemento singular, dentro das escaramuzas que provocou o conflicto sucesorio en Galicia, foi a prisión que sufriu Pedro Madruga a mans de don Rodrigo Alonso Pimentel, entre 1477 e 1478. Esta circunstancia foi aproveitada polo prelado compostelán e os demáis adversarios de Camiña para dirixirse a Pontevedra e rendila; dende alí poderaronse de Redondela, Pontesampaio e Vigo; ocuparon varias fortlizas do de Soutomaior e realizan novas fortificacións na zona.
Os partidarios de Soutomaior sólo conseguen sosterse no seu propio castelo, en Salvaterra e Fornelos.
Era a hora da revancha de Fonseca.
Tras conseguir a súa liberdade, Pedro Madruga regresa a Galicia na primaveira de 1478; en menos dun ano consegue recuperar os dominios perdidos, apoderase de García Sarmiento, señor de Sobroso e do seu tio Fernán de Camba, dando morte a Gregorio de Valladares e a Tristán de Montenegro (antigos vasalos seus, agora no bando isabelino); os fonsecanos sólo conseguen manterse con dificultades en Pontevedra e Baiona. Según nos narra o cronista do s. XVII Felipe de la Gándara, un elemento clave nos éxitos militares de Madruga foi a utilización, por sus huestes, de arcabuces e outras armas de fogo, <<cousa que ata entón non se oira nin vira en España>>.
En 1479 firmábanse as paces entre Castilla e Portugal, ó tempo que os Reis Católicos consolidábanse como monarcas de Castilla e Aragón. A pesar de que nos tratados se contemplaba un perdón xeral para os nobres que estiveran ó lado do monarca portugués,e de forma especial para Pedro Madruga, a situación política e militar da Península, que el soubera utilizar tan hábilmente en beneficio propio, tornábase agora adversa.
O ocaso de Pedro Madruga (1480 – 1486).
O arzobispo de Fonseca, paladín da coroa en Galicia, rompía toda relación con Pedro Madruga, reclamándolle a devolución das feligresías que tiña en feudo. Os Reis esixían a entrega de Vigo e Redondela á Igrexa de Santiago. Don Diego de Muros, obispo de Tui, queixábase ante a Curia Romana dos abusos que Pedro cometía contra a súa Igrexa.
Por outra parte, en 1480, estaban xa en Galicia, Antón de Paz, cos seus cuadrilleiros da Irmandade, e o Gobernador Acuña, dispostos a acabar co de Camiña. O cerco cerrábase sobre o señor de Soutomaior. Dándose éste conta do comprometido da súa situación, intenta actuación de desagravio hacia os seus adversarios e hacia a Coroa, e así, en 1482, restitúe a don Diego de Muros todos os bens que tiña usurpados á Igrexa de Tui.
Pero os Reis Católicos xa prepararan o final de Pedro Madruga. Protexeran na Corte a seu fillo maior, Álvaro de Sotomayor, e agora lle esixen que se faga cargo do señorío, desposeendo o seu pai. Don Álvaro, fiel ós desexos da Coroa, preséntase, en 1483, nas terras do seu pai e valéndose do engano, apodérase do castelo de Soutomaior; Pedro Madruga, que se atopaba en Portugal, ó coñecer esta traición, deshereda a seu fillo maior e arroialle a sua maldición. Pero, nun momento no que os feitos mandaban, todo isto era palabras que soaban a canto de cisne. Don Álvaro de Soutomaior heredaría o señorío co apoio e a confianza da Coroa, e ia a convertirse nun novo tipo de nobre, sumiso á voluntade dos monarcas.
A morte de Pedro Madruga, en 1486, queda envolta na duda e o misterio.
Viaxa a Alba de Tormes buscando a reconciliación e a gracia reais; sen conseguir os seus propósitos atopa alí a morte. Vasco da Ponte narranos expresivamente:
“…unos dixeron que el conde muriera allí de dos carbúnculos, otros dixeron que el alcalde de Proiaño entrara en el monasterio con sus porquerones y que le hechara un garrote en el pescuezo; unos dicen que fue de una manera y otros dicen que fue de otra, quizá fue de entrambas maneras”.
Desaparecía así o persoaxe tal vez máis singular da axitada Galicia de fins do s.XV, e ó que a crónica coetánea, nuns casos, e a historiografía romántica e nacionalista galega, noutros, convertiron no máis controvertido do seu tempo.
Fonte: Concello de Soutomaior