Convento e Colexio dos xesuítas en Pontevedra e Jorge de Andrade

Foto: Consello da Cultura Galega   Edificouse nun soar ao carón da igrexa da Compañía de Xesús, xa que dende un principio decidiuse que sería rexido polos xesuítas. É moi similar ao colexio que a Compañía de Xesús ten no Bierzo (León), polo que probablemente os planos fosen enviados dende Roma, da casa matriz. De estilo barroco adaptado ás características tradicionais da zona, trátase dun edificio de dous andares de planta rectangular, construído en cantaría sobre un baseamento de distinta altura para salvar o desnivel do terreo. Na fachada da…

Ver+

“Celita” o único toureiro galego

Foto: todocoleccion.net Alfonso Cela Vieito, así se chamaba. Naceu o 11 de xullo de 1885 en Láncara – Lugo,  e morreu o 26 de febreiro de 1932; é único galego da historia en tomar a alternativa. Naceu nunca familia humilde, e á morte do seu pai emigrou a Madrid, en 1896. Con once anos de idade vaise a Madrid e traballa nunha carnicería. Pronto empeza a participar en capeas. A súa primeira novillada ten lugar en Segovia e Soria. Debuta en Madrid en 1908 e durante 1909 tourea varias corridas no  vello…

Ver+

Cando os turcos arrasaron Cangas

No 1617, tiveron lugar os feitos máis dramáticos que coñeceu Cangas ó longo da súa dilatada Historia. Un 4 de decembro, os habitantes da ría de Vigo vían espantados como once navíos corsarios turco-berberiscos fondeaban nas illas Cíes. Os seus propósitos non podían ser máis sanguinolentos: causa-la maior desfeita posible nas posesións da Coroa Española, e practica-la rapiña e a pillaxe. Aínda trataron novamente os piratas de apoderarse de Vigo, infructuosamente, antes de dirixir as súas proas contra Cangas, que daquela era unha humilde vila de pescadores, totalmente desprotexida. A escasísima…

Ver+

Cando nós eramos os refuxiados: Historia do barco Winnipeg

Foto: Memoria Chilena Durante a Guerra Civil milleiors de españois fuxiron a Francia, non obstante, a maioría dos refuxiados foron encerrados en campos de concentración, separados das súas familias e mantidos baixo pésimas condicións. Para milleiros de republicanos, Francia era a única alternativa. Desde o sábado 28 de xaneiro até o domingo 5 de febreiro, lograran cruzar a fronteira francesa 170.000 mulleres e nenos, 60.000 homes e 10.000 feridos, cifras que irían en aumento até pronto superar o medio millón de persoas. Pero chegar a Francia non era fácil; había…

Ver+

Campaña a favor da declaración de Patrimonio da Humanidade para os petróglifos

“As pinturas e gravados prehistóricos da cornisa cantábrica e máis os da zona levantina gozan deste recoñecemento [de Patrimonio da Humanidade]. O conxunto de gravados rupestres ao aire libre galego -con valor e entidade semellantes- atópase sen esa salvagarda”, afirman os promotores do manifesto a prol da declaración do Patrimonio da Humanidade. Trátase de Buenaventura Aparicio (historiador), Antonio de la Peña (arqueólogo) e Rafael Quintía (antropólogo), quen denuncian que “unha parte considerable dos nosos gravados rupestres corren un grave risco, non só de deterioro, senón de desaparición”. Os tres expertos…

Ver+

As Meigas de Cangas e a Inquisición: María Soliña

Entre 1619 e 1628 numerosas mulleres de Cangas foron xulgadas polo Tribunal do Santo Oficio (Inquisición) por suposta “bruxería”. Hoxe en día sabemos que aquelas desgraciadas, que acabaron confesando atrocidades a forza de espantosos tormentos, foron en realidade víctimas dunha invención dos inquisidores. A “caza de bruxas” estivo directamente provocada polo emprobecemento xeral que seguíu á invasión turca de 1617. A pequena nobreza víu descender as súas rendas de xeito alarmante, polo que buscou por tódolos medios os recursos necesarios para mante-lo seu nivel de vida. A Inquisición, integrada case…

Ver+

Antón Dios Vázquez: Dignidade e memoria viva de Pontevedra

Antón Dios achegouse até o Concello de Pontevedra xa que o seu bo estado de saúde o permite e tamén porque quería poder volver a ver a Bandeira da Sociedade de Agricultores de Salcedo que foi tecida pola súa nai, Josefa Vázquez Juncal. O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e o concelleiro de Patrimonio Histórico, Luís Bará recibiron esta mañá a Antón Dios Vázquez, con motivo do seu 100 anivesario. El e os seus irmáns foron os encargados de seleccionar os fios para esta bandeira. Antón Dios Vázquez é fillo da famosa familia propietaria…

Ver+

Alexandre Bóveda: “Quixen facer ben, traballei por Pontevedra, por Galicia e pola República”

Foto: Wikipedia//  Placa en A Caeira, donde fusilaron a Bóveda No ano 1942 e en Bos Aires, a Irmandade Galega que impulsaba Castelao e que substituiría ao Partido Galeguista, declarou o 17 de Agosto Día da Galiza Mártir.   Escolleuse como homenaxe para o político galeguista Alexandre Bóveda, asasinado nesa data do  ano 1936 na Caeira(Poio) e convertido en mártir pola defensa da liberdade e dos seus ideais. Alexandre Bóveda Iglesias, ( Ourense, 1903 – Pontevedra 1936) , foi un dos intelectuais galeguistas máis relevantes da Segunda República española en Galiza, chegando a ser o motor do…

Ver+

A Unión Deportiva Orensana

A Unión Deportiva Ourensá foi un equipo de fútbol galego, fundado en 1942 e que desapareceu en 1952 en Ourense. Naceu en 1942 da fusión do Galicia Sport Club Ourense e o Burgas FC da cidade de Ourense. Chegou a xogar en Segunda División tres tempadas, pero en 1952, ao final das mesmas desapareceu a causa de problemas económicos. Na última tempada da súa historia chegou á final da Copa Federación, na que perdeu contra o Real Xaén por 3-1. Despois dese encontro o club declarouse en suspensión de pagos. Como sucesor da Unión Deportiva Ourensá,…

Ver+

A traxedia do vapor-correo Santa Isabel – Illa de Sálvora

Reportaxe sobre o naufraxio do vapor-correo Santa Isabel acontecido nos baixos da Illa de Sálvora o 2 de xaneiro de 1921. Faleceron 213 persoas. Guión e dirección Xosé María Fernández Pazos. 1999 

Ver+

A Procesión das Xás

A procesión das Xás ou procesión das Xans trátase dunha procesión semellante á da Santa Compaña pero que se diferencia desta en que non son as pantasmas dos mortos as que van nela, senón as pantasmas dos vivos. Marchan en dúas fileiras e levan un cadaleito. Canto máis á beira do cadaleito vaian os membros das ringleiras, máis axiña morren. Os que van máis lonxe poden tardar ata tres ou catro anos. Quen atopa esta procesión, vea, mais non a sente. O encontro dáse case sempre nas encrucilladas dos camiños,…

Ver+