Do Mar Ao Ceo: O Aeroporto Do Peinador

Foto Wikipedia Estamos en 1954, no día 25 de abril, para ser máis concretos, chove; e un DC-3 da compañía Iberia toca chan por primeira vez nas Rías Baixas. Moitas persoas acudiron naquela ocasión á inauguración do Aeroporto, con este primeiro voo que estreaba a liña Madrid – Vigo. O DC-3 aterraba nunha pista de 1500m, cunha terminal reducida e en forma de V. Pero Vigo xa tiña a súa propia historia cos “ceos”… Remontámonos máis atrás, a 1911, nesta data celébrase un gran espectáculo aéreo protagonizado por Jules Védrines o 23…

Ver+

Dixitalizados mapas antigos pola Universidade de Santiago de Compostela

A Biblioteca da USC está a desenvolver un proxecto para a preservación e difusión a través de internet da súa colección de mapas, algúns deles pezas de singular valor. Son un total de 600 documentos aos que a tecnoloxía posibilita unha revitalización a través da súa dixitalización o que facilitará a súa difusión e acceso a través do repositorio institucional Minerva onde poden ser consultados, visualizados e descargados de xeito libre e gratuíto. O proceso de dixitalización atópase actualmente en desenvolvemento e comezou polos mapas anteriores a 1900 relacionados con…

Ver+

D. Estanislao Reverter Sequeiros fillo predilecto da cidade de Ourense

foto: Wikipedia (Publicado 12 Xullo, 2016) Estanislao Reverter Sequeiros, “Lalao”, será oficialmente dende este mércores fillo predilecto da cidade de Ourense a título póstumo. O acto protocolario no que se oficializará ese nomeamento terá lugar no Salón de Plenos ás 12:00 horas, que culminará ás 13:30 horas co descubrimento da placa conmemorativa “Xardíns Estanislao Reverter”, na rúa Concello, ao carón da Subdelegación do Goberno e da escultura dedicada a Reverter, segundo o artigo 18 do Regulamento de Honores e Distincións do Concello de Ourense. Con este nomeamento dáse cumprimento ao expediente…

Ver+

Cruceiros, Petos De Ánimas e Hórreos ou Canastos

Se hai un elemento de índole escultórico que sexa símbolo de Galicia, sen ningunha dúbida, un deles e máis representativo que nos diría calquera visitante sería o Cruceiro, elemento que xunto cos “Petos dás Änimas”, son máis numerosos na nosa terra e non por iso menos enigmáticos.   Cal é a orixe? De certo non se sabe exactamente, aínda que é fácil supor que sexa unha vez máis a cristianización das crenzas celtas previas á Igrexa, anteriormente representadas en centos de milladoiros e menhires, e posteriormente co símbolo da cruz…

Ver+

Crónica do debut da Coral Polifónica de Pontevedra en 1926

Foto: patrimoniomusicalgalego De todal-as realizacións d’arte conseguidas na nosa Terra n-iste tempo, no que se nos pode por menos de reconocer que’a xente bule e traballa, pode que ninguna teña a considerábele importancia que tuvo a presentación ó púbrico do Coro Polifónico de Pontevedra, o 23 do mes de Marzal. Había moito tempo qu’iste agrupamento, do que forma parte moita xente principal da vila do Lérez, e, o que vai mais ainda, moita xente educada musicalmente viñase preparando para escomenzal-o seu labor . Foi unha preparación d’obra ben feita, com’o seu…

Ver+