O Couto Mixto: A Andorra Galega

Foto: Wkipedia // Lameiro (Publicado o 6 de outubro , 2016) O Couto Mixto (en portugués: Couto Misto) foi un microestado independente situado no val do río Salas, na vertente norte da serra do Larouco entre Galicia e Portugal. Constituído polas aldeas de Santiago, onde se estableceu a capital, Rubiás e Meaus. Ocupaba unha superficie de 26,9 Km² e tiña, en opinión de Pascual Madoz, unha poboación de 200 veciños no 1845, é dicir, o equivalente a 800-900 habitantes. Descoñécese a orixe da súa institución, ligada dende a Baixa Idade Media ó castelo da Picoña, posteriormente…

Ver+

O Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA)

É un centro de interpretación dedicado ás Torres Arcebispais de Pontevedra; unha das estruturas defensivas que existiron en Pontevedra e que formaban parte da Muralla de Pontevedra. No ano 2008, no transcurso dunhas escavacións arqueolóxicas previas ás obras na Avenida de Santa María, topáronse cuns muros en bo estado, que formaban parte da historia medieval; chegouse á conclusión que eran parte do foso defensivo datado no s.XII, da antiga fortaleza medieval, e que por desgraza foron derrubadas a finais do s.XIX. Con bo criterio decidiuse facer un museo que se atopa…

Ver+

O Banco Etcheverría, un banco galego e o máis antigo de España

O Banco Etcheverría foi unha entidade bancaria fundada por Juan Etcheverry en Betanzos en 1717, sendo até a súa desaparición, en 2014, o banco máis antigo de España. O 18 de decembro de 2013, o Banco Etcheverría, filial de Banesco (Banesco Banco Universal) , comprou o 88,33 % do capital de NCG Banco ao Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) e ao Fondo de Garantía de Depósitos (FGD). Foi fundado polo vasco-francés Juan Etcheverry, de nacionalidad francesa, quen se estableceu en Betanzos. Alí fundou o banco en 1717 e unha fábrica de curtidos de pel,…

Ver+

Novos achados no Castro de Santa Lucía en Castrelo de Miño

Foto: Facebook Castrelo de Miño (Publicado 13 de setembro, 2016) Localizan un lagar de viño de época galaicorromana Un equipo do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo (GEAAT) finalizou a campaña no castro de Santa Lucía, no concello ourensán de Castrelo de Miño. Entre os numerosos achados do castro destaca unha cabana circular de época castrexa pero tamén un lagar rupestre que puido ser datado en época romana pola aparición en contexto arqueolóxico, entre outros materiais, dunha moeda do século III d.C.. O achado é…

Ver+

Nas orixes do reino de Gallaecia

Nas orixes do reino de Gallaecia hai unha figura moi relevante: Martiño de Dumio. Este monxe chegado da Europa oriental convertiuse nun importante actor político, cultural e relixioso do reino dos suevos. Este sartego, construído séculos despois da súa morte, suliña a relevancia simbólica da súa figura. O sartego foi dixitalizado por Patricia Mañana Borrazás e Alejandro Güimil. Carlos Díaz explícao no catálogo de Galicia 100 deste xeito: O chamado sarcófago de san Martiño é unha peza de pedra calcaria con cavidade antropomórfica, decorado na súa parte frontal e na…

Ver+

Museo das Letras de Castro Caldelas (Ourense) e o primeiro texto escrito en galego

Recentemente abriuse na torre da homenaxe do castelo un espacio museístico coa relación destas terras coa lingua e literatura galega coma eixo. Este museo ocupa tres niveis adicados a tres épocas históricas distintas: O primeiro adicado á época medieval ten ao Foro do Bo Burgo coma estrela, coma primeiro texto escrito en galego e un dos documentos históricos máis importantes da época. Pero Viviaez foi un cabaleiro vilán que compuxo cantigas As escaleiras lévanos dun xeito simbólico ao Século XX, onde recollemos varias figuras: Vicente Risco, un dos autores máis recoñecidos e que…

Ver+

«Memoria gráfica da emigración española» en Pontevedra

Fotógrafos coma Pérez de Rozas, Le Querrec, Estudio Daguerre ou Collados locen as súas obras nesta exposición que nos leva nunha viaxe intensa ao pasado. Unha viaxe emotiva e fascinante que nos irá conducindo pola historia das migracións en España até a actualidade.  Vídeo :   

Ver+

Memoria fotográfica de Pontevedra

Hoxe queremos mostrar un album moi especial. É o album de vellas fotos que atopamos por casualidade nunha páxina web e que se corresponden, con antigas imaxes da provincia de Pontevedra, pero non de paisaxes, son fotos de familias, de persoas…Son 90 fotos  e os seus correspondentes momentos conxelados no tempo de paisanos nosos noutros tempos ¬VER PÁXINA

Ver+

Meirande: O Centro de Interpretación da Batalla de Rande

Museo da Batalla de Rande e  patrimonio industrial, localizado no lugar de Rande da parroquia redondelá de Cedeira, no estreito de Rande. Está situado na antiga Fábrica do Alemán, unha construción de comezos do século XX adicada á salgadura e logo á conserveira. Durante a Segunda Guerra Mundial foi centro loxístico de aprovisionamento de volframio a través de submarinos e barcos nazis á fronte de Otto Gerdtzen Boyé. A restauración da fachada da fábrica e a construción do museo foi a mans do arquitecto Carlos Falagán Mota, en terreos da…

Ver+

Julio Verne: Cando o Capitán Nemo visitaba Vigo

Desde o ano 1869 en que se publicou “Vinte Mil Leguas de Viaxe Submarino” ninguén fixo tanta nin tan continuada publicidade a Ría de Vigo como o gran escritor bretón, que lle dedicou todo un capítulo do seu inmortal novela. Unha Ría de Vigo que, como é ben coñecido, visitaba periódicamente o capitán Nemo co Nautilus para, no estreito de Rande, cargar co ouro e a prata que se atopaba nos seus fondos e así financiar os seus correrías submarinas. Uns tesouros que, supuestamente, atopábanse alí desde o ano 1702, cando en…

Ver+

Julia Cerdeiros; a espía galega do ditador Trujillo

Foto: Rafael Leónidas Trujillo Julia Cerdeiros Ferreirós, naceu en 1901 na Coruña, coñecida co sobrenome de La Gallega En 1918 ou 1919 emigrou á República Dominicana e traballou até mercar un bar que se converteu en punto de encontro de altos funcionarios do Estado ditatorial de Rafael Leónidas Trujillo.   Estes contactos coa clientela funcionarial e unha serie de actividades comerciais fixeron que Cerdeiros lograse unha considerábel fortuna. Abriu un novo café na elegante e céntrica rúa Arcebispo Meriño en Santo Domingo. A súa fortuna proviña en boa parte do…

Ver+