Os Libros de Santiago

Foto©Porgaliciabaixo Hai tres libros que nos contan e relatan a historia sobre Santiago de Compostela, historias reais nuns casos, e lendas noutros. Así temos: 1- A historia compostelá, encargada polo bispo Diego Xelmírez, importantísima figura política e eclesiástica galega 2-.”A Lenda Dourada”; escrita por Santiago La Vorágine, arzobispo de Xénova (1228 – 1298). Este libro poderiamos dicir que foi un best seller da Idade Media, e está dedicado, sobre todo, á vida de santos. Sábese que ademais de latín foi traducido ao francés, provenzal, catalán, inglés, alemán, holandés, e iso dános unha idea do seu…

Ver+

O Primeiro Estado de Europa. O reino Suevo de Galicia

Foto: Wikipedia / Susinho (Publicado 0 31 de marzo, 2017) O outro día falábamos da primeira gran exposición que levará a cabo en Ourense sobre o reino suevo, e hoxe queremos falar sobre este reino suevo de Galicia, considerado como o primeiro Estado de Europa. Comecemos pois, coa revisión da Historia Oficial. Galicia ao longo da súa historia estivo poboado por diferentes pobos, os que se coñecen en primeiro lugar son aos Oestrymnios:  (Rufio Avenio (século IV) no seu “ora maritima” afirma que existe un país : O de “os Oestrimnios” (versos do…

Ver+

O Grupo NÓS

Coñécese así ao grupo de escritores que en 1920 fundaron a revista NÓS, que perviviu ata 1936. O grupo estaba composto entre outros por Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Antón Losada Dieguez, Florentino López Cuevillas… Sobre o nome elixido para a revista, hai dúas teorías: Unha delas suscita que o nome foi escollido por Castelao, xa que ademais era o director artístico e o encargado de deseñar as portadas da publicación. A outra teoría que manteñen outros autores, explica que foi Vicente Risco quen optou por ese nome de cabecera,…

Ver+

O Conxunto Arqueolóxico Natural de Santomé – Ourense

Foto©Porgaliciabaixo A escasamente tres kilómetros do centro da capital de Ourense, encóntrase o Conxunto Arqueolóxico Natural de Santomé. Concorren nel, os valores históricos característicos dun complexo xacemento arqueológico, cos naturais derivados dunha contorna na que se conserva unha peculiar vexetación, con suxerentes vistas do val no que se atopa a cidade de Ourense, convertendo este espazo nun lugar de encontro entre a natureza e o noso pasado, merecente de ser coñecido, valorado e conservado. Desde o punto de vista arqueolóxico, ademais dun castro cos característicos elementos defensivos, entre os que…

Ver+

O Cenáculo Ourensán

Recibe o nome de cenáculo ourensán un grupo de autores que, naturais ou residentes na cidade de Ourense,posteriormente formarán parte (na súa maioría) do denominado grupo Nós. Os seus membros máis destacados foron Ramón Otero Pedrayo, Florentino López Cuevillas e Vicente Risco. O cenáculo ourensán supón a fase anterior ao galeguismo dos escritores citados. De feito, no caso particular de Vicente Risco, este pregaleguismo pode considerarse como antigaleguismo, posto que chegou a afirmar (na súa revista La Centuria, 1917) que “el que quiera ser leído que escriba en castellano”. De todos os xeitos,…

Ver+

O Batallón Literario: Os estudantes da Universidade de Santiago na Guerra da Independencia

Foto: Wikipedia No contexto da Guerra da Independencia Española (1808-1814), rexurdiu este movemento na Universidade de Santiago de Compostela – xa se constituíu previamente en 1663, ante os ataques portugueses á vila de Monterrei, tras a sublevación de Portugal contra España en 1640 –, formándose na etapa da invasión francesa, unha compañía integrada por estudantes que decidiron loitar contra as tropas de Napoleón, sendo coñecidos como o Batallón Literario. Este movemento veu determinado tras unha reunión na universidade, tutelada polo arcebispo de Compostela Rafael Múzquiz Aldunate. Chegouse na ocasión ao acordo…

Ver+

Mosteiro De Santa Clara (Allariz – Ourense)

Foto©Porgaliciabaixo É un dos claustros maiores de España, con tres mil trescentos sesenta metros cadrados de patio e setenta e dous arcos. Atópase na bonita localidade de Allariz, é unha das zonas máis coñecidas do pobo, no chamado “campo de Santa Clara”. Empezou a construírse no s.XIII e XIV, evolucionando e crecendo ata que parece que a súa actividade se retarda un pouco no s.XV, sendo o s.XVI unha época de revitalización con importantes reformas e ampliacións. A súa igrexa é barroca, e o seu interior, en xeral, austero. A…

Ver+

Mosteiro De San Pedro De Rocas (Ourense)

Foto©Porgaliciabaixo Atópase no Municipio de Esgos, nun enclave natural privilexiado (Ribeira Sacra). Este mosteiro ten unha peculiaridade, e é que está escavado na roca, sendo a única igrexa rupestre en Galicia. A súa antigüidade oficial parece ser que data do ano 573, segundo unha lápida atopada no Mosteiro na que se nomea ao bispo de Ourense Vitimaro, aínda que se cre que o mosteiro é máis antigo, seguramente dos primeiros tempos do cristianismo en Galicia. Atópase no Museo de Ourense, do mesmo xeito que un altar da primeira época do…

Ver+

Manuel María… A forza do idioma

Manuel María Fernández Teixeiro, nado en Outeiro de Rei o 6 de outubro de 1929 e finado na Coruña o 8 de setembro de 2004, foi un poeta, narrador, dramaturgo e académico da lingua galego, destacado polo seu carácter combativo e mais polo seu compromiso político. Entre os temas dos seus poemas destacan o amor, a arte, o propio compromiso político, a denuncia de eivas, a etnografía, a física, ahistoria, a inmaterialidade, a mitoloxía, o mundo animal, a palabra poética, o paso do tempo, a relixión, a sociedade, a lingua, os…

Ver+