O Museo do Pobo Galego

Entrada de acceso ao Museo do Pobo Galego – Santo Domingo de Bonaval – Santiago de Compostela Foto Wikipedia / Lansbriscae O Museo do Pobo Galego abriu as súas primeiras salas no ano 1977 no antigo Convento de San Domingos de Bonaval, na cidade de Santiago de Compostela, no lugar coñecido comunmente como Porta do Camiño. Constitúese como un organismo ó servizo da comunidade e séntese comprometido na salvagarda dunhas tradicións e costumes que normalmente foron esquecidas ou relegadas da historia oficial, pero que son precisamente onde un pobo atopa as pegadas da súa identidade. En…

Ver+

Visitando “A Chave do Reino de Galicia”: Allariz

Foto©Porgaliciabaixo Allariz é unha xoia medieval engastada nun remanso do río Arnoia que soubo conservar con moito éxito todo o legado do que é depositaria. A vila estivo unida ao poder real desde o seu nacemento, pois lle debe xa o seu nome ao rei suevo Alarico, que repoboou estas terras alá polo século V, sendo en distintas ocasións ao longo da idade media capital do Reino de Galicia e asento da corte de Castela. No seu núcleo estivo asentada a corte literaria que, creada por Afonso X O Sabio,…

Ver+

Termas da Chavasqueira – Ourense Cidade

¬VER MAPA EN GRANDE CLICK AQUÍ Estas termas poderíase dicir que se atopan en la cidade, si queremos visitalas podes ir en coche, pero tamén paseando o no tren turístico que sae de la Praza Maior de Ourense. Por unha banda temos un recinto privado á beira do Río Miño, non obstante o prezo para acceder non é elevado, son prezos populares. Contas é as súas instalacións con diferentes piscinas ou pozas termais, e un circuíto tamén termal. Dispón nos seus interior vestiarios, duchas termais e cafetaría con terraza. Doutra…

Ver+

Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla; Ruta da Traslatio

Dezaoito concellos das dúas marxes da ría de Arousa e municipios da beira do Ulla, organizan cada ano unha peregrinación que rememora a translación do corpo do Apóstolo Santiago dende Jaffa (Palestina) ata Iria Flavia, localidade dende a que, segundo a tradición, foi conducido a Compostela. O remonte realízase tódolos anos durante o mes de agosto, e a saída realízase dende un dos municipios costeiros da ría de Arousa. Concellos e outras institucións poñen a disposición das persoas interesadas en participar varias embarcacións, nas que o público en xeral e…

Ver+