Os bretones da Galicia: A Diocese de Britonia

Mapa: Wikipedia / Rubén Tarrío A diocese de Bretoña, debeu ser fundada por bretóns insulares, os primitivos bretóns ou britanos, como habitantes da illa de Bretaña, a actual Gran Bretaña. Compelidos polas invasións anglosaxoas, grupos xermanos que desembarcan na Gran Bretaña, comunidades bretoas abandonan a illa entre o século IV e VII, dirixíndose basicamente ás costas galas, onde se asentan na península de Armórica, que acabará por tomar o nome actual de Bretaña, a consecuencia deste poboamento. É indubidábel que se dirixiran tamén para outras partes. Certos grupos deberon chegar até…

Ver+

Ourense presenta no FITUR a campaña turística “DeXconecta #Ourensanamente”

Ourense vén de presentar na Feira Internacional de Turismo de Madrid (FITUR) a súa campaña “DeXconecta #Ourensanamente”, unha invitación a descubrir que nosa cidade “non é un destino calquera, senón unha forma de vivir, unha experiencia, unha sensación. Un lugar onde deXconectar de todo aquilo que nos estrese e produce ansiedade”. Así o explicou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, durante a posta de largo da nova campaña turística da cidade das Burgas nesta Feira, un acto que contou coa presenza do concelleiro de Turismo e Termalismo, Jorge Pumar e…

Ver+

Sen cita previa. Agasalla sáude, nova proposta para promover hábitos de vida saudables . Pontevedra

Informar e promover estilos de vida saudables e dar recursos á poboación interesada en mudar os seus hábitos co fin de tener unha maior calidade de vida. Con este dobre obxectivo nace, promovida pola Concellería de Benestar Social Municipal (BSM), o programa Sen cita previa. Agasalla saúde. Nel colaboran o Servizo Galego de Saúde (Sergas) e a Facultade de Ciencias da Actividade Física e do Deporte. A concelleira de Benestar Social, Anxos Riveiro, presentou hoxe a iniciativa acompañada polo médico José Luis Ulla Rocha, primeiro poñente deste ciclo que inclúe…

Ver+

O Túnel do viño galego. “Beber do país”. Pontevedra

A viticultura é un sector estratéxico e o Concello de Pontevedra traballa cos produtores a prol da súa defensa e promoción. Iniciativas como a xornada de debate e análise A viticultura galega ante a encrucillada do 2030 e o Túnel do viño galego. Beber do país que terá lugar no 1º andar do mercado no mesmo día atópanse no marco desta aposta. A concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías, xunto cos representantes da Asociación Galega de Viticultura-AGV e da Federación Rural Galega (Fruga), Roberto Rivas e Xan Bautista presentaron…

Ver+

Chega a Oitava Edición de Cantos de Taberna. Pontevedra

Cinco citas, dez bares, cinco grupos e un obxectivo: fomentar a nosa cultura recuperando unha forma de divertimento tradicional. Volve Cantos de Taberna da man da Concellería de Festas e o grupo Maravallada. A concelleira de Festas, Carme da Silva presentou hoxe a oitava edición de Cantos de Taberna, que arranca o vindeiro venres 25 de xaneiro e que se desenvolverá todos os últimos venres de mes até maio. Ao seu carón, Xaquín Moreda de Maravallada. Da Silva e Moreda concordaron ao subliñar a aposta pola participación e a boa…

Ver+

Presentación libro: “Non o saben as estrelas”. Bueu

A Axencia de Lectura de Meiro acolle o 25 de xaneiro ás 20.00 h a presentación do libro Non o saben as estrelas, de Diego Alfonsín. SINOPSE: Antonio escribe bañado en lágrimas nun xélido garaxe da cidade de Lisboa. Carla fala da morte de Giuseppe Verdi, de corazóns detidos no medio da noite e do coro dos escravos de Nabucco a agromar entre a néboa. Nunha nota de despedida, Natsuki escribe na parede sobre rumores de pasos e a desaparición da neve. Castro quere coñecer a terra dos seus devanceiros…

Ver+

O imaxinario do país: exposición e recital poético. Bueu

A Sala Domínguez Búa acolle este venres, 25 de xaneiro, a inauguración da exposición “O imaxinario do país”, unha mostra de retratos e autorretratos literarios de escritores e escritoras organizada pola Asociación Veciñal da Banda do Río e a Deputación de Pontevedra. No acto, previsto para as 20h, tamén terá lugar un recital poético.

Ver+