O Concello de Pontevedra tramita máis de 2.000 alegacións individuais e colectivas dos afectados pola A-57 en Marcón e Xeve

A medianoite de hoxe remata o prazo para a presentación de alegacións polo trazado da A-57 entre A Ermida (Marcón) e Pilarteiros (Santo André de Xeve). Durante todos estes días o Rexistro Municipal canalizou a presentación de máis de 2.000 alegacións ante o Ministerio de Fomento. Foron, en concreto, 1.247 alegacións individualizadas e máis de 900 colectivas. Cabe lembrar que o Concello de Pontevedra mantivo un compromiso cos afectados polos trazados desta infraestrutura, axudándolles a canalizar as alegacións a través do Rexistro Municipal e destinalas ao Ministerio de Fomento. Para…

Ver+

Arredor do Patrimonio Industrial Galego

Fotografía de Jose Chas (2016) tomada de https://memoriaindustrialengalicia.wordpress.com/galeria/#jp-carousel-21 Con motivo da inauguración, o pasado día 10, da exposición fotográfica “Memoria Industrial en Galicia” no Pazo da Cultura de Pontevedra, e máis dun coloquio a propósito do proxecto que tivo lugar na Casa da Luz o día 17 deste mes, traio a esta sección un feixe de impresións e lembranzas do que nestes sitios puiden ver e escoitar. No coloquio ofrecido como complemento á mostra falou en primeiro lugar o autor da mesma. E falou do seu traballo neste eido da…

Ver+

Obradoiro de Poesía Visual na Casa dos Poetas. Fundación Curros Enríquez. Celanova

A Casa dos Poetas acolle os sábados 9 e 16 de febreiro un “Obradoiro de poesía visual” impartido polo gravador Xosé Poldras. Cunha duración de dúas horas por xornada (16:30-18:30) traballarase a poesía dos escritores de Celanova en tres partes para acadar unha obra utilizando material de refugallo: – Proxeción de imaxes modelo para dar a coñecer a poesía visual a través de diversos autores, e debater sobre e a idea de metáfora aplicada a unha imaxe. – Elaboración de ensamblaxes para seren fotografados combinando obxectos con textos dos poetas…

Ver+

Bases do Concurso para o Deseño do Cartel do Entroido 2019. Ourense

A Concellería de Cultura do Excmo. Concello de Ourense, convoca un concurso para a confección do cartel anunciador da festividade de Entroido, de acordo coas seguintes bases: TEMÁTICA: Os carteis serán representativos e estarán relacionados coa Festividade do Entroido da cidade de Ourense. PARTICIPANTES: Poderá concursar toda persoa física ou xurídica. RECEPCIÓN DAS OBRAS: Os traballos serán entregados no Rexistro Xeral do Concello nun sobre, onde figurará “Concurso carteis Entroido 2019”, acompañados dunha declaración responsable segundo o modelo que se anexa a estas bases, e debaixo un pseudónimo ou lema;…

Ver+

XVI Certame Literario Rosa Gómez . Ourense

Bases Esta convocatoria vai dirixida ao alumnado dos centros escolares, públicos ou concertados, do Concello de Ourense, dos seguintes niveis educativos: ESO, Bacharelato, Ciclos Medios e Superiores. As obras deberán ser inéditas, estar escritas en prosa ou en verso (relato breve ou poesía), en lingua castelá, ser orixinais, inéditas e individuais, de tema libremente elixido e coa seguinte extensión:  Os textos de narrativa non excederán de cinco folios escritos por una soa cara con letra Times New Roman de doce puntos, xustificado e interliñado sinxelo.  Os textos de…

Ver+

Ourense aproba a cesión temporal dun edificio no centro histórico para instalar o Museo dos Bolechas

O Concello de Ourense aprobou a cesión temporal á Diputación de Ourense dun edificio do centro histórico da cidade (rúa Cervantes, número 23), para a posta en marcha do Museo dos Bolechas. “Este é  un novo paso no proxecto deste Grupo de Goberno por converter esta zona nunha contorna viva e dinámica”, sinalou a concelleira de Recursos Humanos e Persoal, Flora Moure, na rolda de prensa posterior a Xunta de Goberno Local. Flora Moure foi a encargada de informar dos 29 temas tratados esta semana, en substitución do alcalde de…

Ver+

Últimos días para presentarse aos premios Johán Carballeira de Poesía e Xornalismo. Bueu

O Concello de Bueu afronta xa a recta final do prazo de presentación dos traballos para os Premios Johán Carballeira de Poesía e Xornalismo, cuxa data límite é o 31 deste mes.   As persoas que desexen participar poderán facelo a través de dúas formas: ou mediante o envío do traballo en papel ou en formato dixital, tal e como se establece nas bases publicadas no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica e na páxina web do Concello de Bueu.  Estes premios, que naceron como unha homenaxe ao político, poeta…

Ver+

Club de lectura Axencia Lectura Meiro: “O bestiario científico de Anxos Nogueirosa” de Antonio M. Fraga. Bueu

O 31 de xaneiro, a Axencia de Lectura de Meiro acolle a cita do seu club de lectura mensual, que se celebrará a partir das 20 h e que xirará arredor do libro “O bestiario científico de Anxos Nogueirosa” de Antonio M. Fraga. SINOPSE: 1933. Aos seus trece anos, Suso é obrigado a pasar o verán nas colonias do Sanatorio Marítimo de Oza por mor da súa mala saúde. No traxecto en tren cara ao seu destino estival, chega ás súas mans un caderno cun misterioso título na cuberta: Liber bestiarium…

Ver+