O Concello comeza o traballo para implantar o transporte a demanda en Pontevedra

O concelleiro de Mobilidade mantivo unha reunión co sector do taxi que amosou o seu interese e a súa boa disposición a colaborar co proxecto. O transporte a demanda está entre as iniciativas municipais cofinanciadas polos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Ter o mellor transporte público, que responda ás necesidades reais dos usuarios e adaptado ao século XXI. Con este horizonte por diantre o Concello de Pontevedra comeza a dar os primeiros pasos cara a implantación dun modelo de transporte colectivo, a demanda, mediante vehículos de baixa capacidade (de…

Ver+

Pontevedra, primeira cidade en crear unha instrución para instalar os pasos sobreelevados

Pensada para os servizos municipais e tamén para todos os particulares encargados da urbanización de novos espazos da cidade. O Concello xa dispoñía dun informe da oficina de Enxeñería do ano 2010; anos de experiencia acumulada e avances nos estudos teóricos a través da Guía da Deputación Provincial sobre os espazos públicos e os traballos de apoio á elaboración da ordenanza de mobilidade no propio Concello. A instrución bebe do documento de “Apoio na elaboración da ordenanza reguladora para a utilización dos espazos públicos e mobilidade amábel no Concello de…

Ver+

Febreiro dos e das namoradas!Educación sexual para o coñecemento e a convivencia. Allariz

As áreas de igualdade e educación familiar de Allariz organizan,  en colaboración co Colexio Padre Feijoo e co IES de Allariz, unha nova actividade co alumnado de 6º de primaria, 2º e 4º da ESO de Allariz. Durante o mes de febreiro, unha vez por semana, e baixo a supervisión de profesionais do Instituto de Ciencias Sexolóxicas de Madrid INCISEX, a actividade busca aportar coñecementos sobre a pubertade, a adolescencia e aqueles cambios que teñen lugar nestas idades e que implican aspectos que van máis alá do físico. “ Falamos…

Ver+

O Concello de Ourense está a combater a praga do ‘picudo vermello’ nas palmeiras

O Concello de Ourense está a combater a praga do picudo vermello nas palmeiras (Phoenix Canariensis) situadas na contorna das Burgas, tras constatar que se atopan afectadas por este insecto no seguimento e control exhaustivo sobre o seu estado de saúde. De forma periódica, dende o último trimestre de 2018, estase a realizar un seguimento sobre o estado das árbores desta contorna. Nas análises efectuadas no mes de outubro pola concesionaria do servizo de Mantemento e Mellora das Zonas Verdes Públicas do Concello de Ourense, Valoriza Medioambiente, constatouse un empeoramento…

Ver+

O Concello de Bueu presenta o I Plan de Igualdade Intercentros

O I Plan de Igualdade Intercentros (2019-2022) de Bueu é xa unha realidade, e por iso os centros educativos e o Centro de Información ás Mulleres apostarán por levar a cabo accións conxuntas e programadas a fin de fomentar a igualdade. Con este motivo iniciou a súa andadura este luns no salón de plenos da Casa Consistorial, onde tivo lugar o acto de presentación no que estiveron presentes o alcalde da vila, Félix Juncal, a concelleira de igualdade, Ana Isabel Otero, José Manuel Vilas, voceiro do PSOE, Mercedes del Pilar…

Ver+

Bueu comeza o 5 de febreiro os obradoiros de memoria para maiores

O Concello de Bueu organiza un ano máis os obradoiros de memoria para persoas maiores que se iniciarán o 5 de febreiro. Nesta edición están programados catro grupos: no Centro Social do Mar os luns e mércores de 10 a 11.30 ou os martes e xoves de 10 a 11.30 h; e na Casa do Pobo de Beluso, os luns e mércores de 10.30 a 12 ou os martes e xoves de 10.30 a 12 h. As persoas que desexen participar poderán inscribirse previamente entregando a solicitude no Rexistro Xeral…

Ver+

A Comisión de Obras coñecerá este martes o proxecto da praza da Castaña. Pontevedra

A Comisión de Mobilidade, Infraestruturas, Obras e Servizos coñecerá este martes, 29 de xaneiro, o proxecto de reforma da praza da Castaña, unha proposta sinxela para devolver a vida veciñal á praza. Está incluído como mellora dentro da remodelación da rúa Cruz Vermella, que está practicamente rematada, e que tivo un custe próximo ao 1,2 millóns de euros. O investimento para reformar a praza da Castaña é de 61.229,64 euros, que permitirá a demolición da actual estrutura de pedra e terra natural, para substituíla por mobiliario urbano que permita crear…

Ver+

O Espazo Lusquiños abre unha nova convocatoria para os locais de ensaio. Ourense

A Concellería de Xuventude do Concello de Ourense abre o día 1 de febreiro unha nova convocatoria para que mozos e mozas da cidade poidan optar aos locais de ensaio do Espazo Lusquiños (Av. Marín). Poderán solicitar locais  grupos musicais noveis e solistas, tanto instrumentais como vocalistas, aínda que os colectivos terán preferencia sobre as peticións individuais. “Con esta proposta ofrecemos á nosa xuventude unha oportunidade para achegarse ao mundo da música e de entrar en contacto con outras persoas da súa idade coas súas mesmas inquedanzas. Tamén estimulamos que…

Ver+

Homenaxe a Díaz Pardo no Día da Galeguidade Empresarial. Pontevedra

Pontevedra viviu o pasado sábado, 26 de xaneiro, a descuberta dunha escultura en homenaxe ao galeguista, artista e empresario Isaac Díaz Pardo con motivo do Día da Galeguidade empresarial organizado polo Foro Enrique Peinador, co patrocinio do Concello de Pontevedra, que estivo representado na figura do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores. A descuberta foi nos xardíns de Enrique Marescot, fronte á facultade de Belas Artes. O monumento leva colocado unha placa na que se pode ler: “Cando os anos me venzan, xa descomposto todo e farto de facer todo o…

Ver+

Lugo convertirase na capital do feminismo galego o día 3 de marzo

A asemblea de colectivos feministas Galegas 8M vén de confirmar a convocatoria da manifestación unitaria con motivo do Día da Muller e da Folga Feminista. Desta volta, e retomando o obxectivo de facer unha convocatoria itinerante, decidimos fixar a convocatoria para o domingo 3 de marzo de 2019 na cidade de Lugo. Tras o éxito da convocatoria do ano pasado en Vigo e da Folga de Mulleres do propio 8 de marzo, a plataforma Galegas 8M retomou a súa actividade cara á organización da manifestación unitaria de 2019. Tras as…

Ver+

Bueu comeza os traballos de mellora integral do Parque Ramal dos Galos

O Parque Ramal dos Galos lucirá pronto unha imaxe renovada, despois das obras de mellora integral que esta semana comezou a levar a cabo a empresa Rocas Graníticas del Condalo SL cun orzamento de preto de 20.000 €, con cargo a fondos municipais. No proxecto inclúese a renovación do pavimento do parque, co que se solucionarán os problemas de afundimento e se completará a zona de formigón con adoquín. Así o salientou o alcalde da vila, Félix Juncal, na súa visita ás obras este venres, onde avanzou que tamén se…

Ver+