Isabel Barreto; a primeira Almirante da Historia e pontevedresa

Isabel Barreto de Castro (Pontevedra, 1567 –  1612) foi unha navegante , considerada a primeira muller que ostentou o cargo de almirante na historia da navegación. Foi esposa do navegante Álvaro de Mendaña, patrón de varias expedicións polo océano Pacífico e descubridor das illas Salomón e as illas Marquesas, e a quen acompañou na súa última viaxe. Algunhas fontes poñen en dúbida que fose pontevedresa e puidese ser en realidade limeña polo seguinte: O que si parece incontrovertible é que casou en Lima en 1585 ou 1586 co adiantado Álvaro de Mendaña, quen explorara xa parte…

Ver+

Pontevedra inicia os traballos para implantar un transporte a demanda

O achegamento de posturas cos técnicos da Xunta de Galicia, permite concretar a posibilidade de que se faga este tipo de transporte. Agarda a que a Xunta faga público as liñas que atravesarán Pontevedra, para artellar un transporte de autobuses urbano da man do Goberno autonómico. O Concello de Pontevedra amosouse este mediodía “agradablemente sorprendido” pola reunión “construtiva e rigorosa” que mantiveron esta mañá os técnicos municipais (o responsábel da xestión dos fondos europeos EDUSI e o xefe da asesoría xurídica) no encontro técnico que mantiveron coa Xunta de Galicia…

Ver+

Quedan tres meses… Mundial Multideporte Pontevedra 2019

Só faltan tres meses para que comece o espectáculo das competicións do Mundial Multideporte 2019 en Pontevedra. Os mellores especialistas de Duatlón, Tríatlon Cros, Acuatlón, Aquabike y Tríatlon Longa Distancia, daranse cita na cidade galega para intentar acadar os títulos anuais de cada modalidade nunha contorna privilexiada. Na web da Federación Española de Triatlón podes atopar toda a información sobre as competicións: https://bit.ly/2SnN6f1 Tamén está dispoñible na web do evento: https:// pontevedra2019.org/itu Os circuítos das diferentes competicións están definidos e presentados con todos os detalles posíbeis de cara aos participantes…

Ver+

Unha instalación da mostra Experimenta Pontevedra gaña o premio Emporia

Unha das catro instalacións efémeras creadas ad hoc para participar na primeira edición de Experimenta Pontevedra-Festival de Deseño Urbano vén de recibir o premio Emporia á mellor montaxe dunha exposición efémera non itinerante que convoca o Col.legi de Dissenyadors d’Interiors i Decoradors de Catalunya e Veredictas Internacional. Trátase da obra A Muralla do Mar do estudo CUAC Arquitectura de Granada que estivo exposta na rúa Serra, fronte ao mercado. A Muralla do Mar é unha interpretación da muralla da cidade, cuxos restos atópanse sepultos baixo a rúa Serra e que…

Ver+

Concello e Xunta colaboran para levar a cabo a Posta en Valor da Ponte Vella. Ourense

O Concello de Ourense acolleu este martes a sinatura do convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para executar a 2ª fase do Proxecto de Posta en Valor da Ponte Vella, unha actuación que converterá este espazo nunha referencia para cidadáns e turistas. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e a directora Xeral de Patrimonio, María del Carmen Martínez Ínsua, foron os encargados de asinar este convenio que permitirá “transformar a contorna da capela dos Remedios nunha zona aberta, deseñada para o…

Ver+

O Concello de Bueu e a Comunidade de Montes de Beluso crearán un parque forestal en Cabo Udra

O Concello de Bueu e Comunidade de Montes Veciñais en Mancomún de Beluso crearán un parque forestal en Cabo Udra, actuación que se insire no marco das subvencións destinadas á mellora dos montes convocadas pola Deputación de Pontevedra. Estas subvencións constan de dúas liñas. A primeira vai destinada á redacción de proxectos de parques forestais subvencionados ata un máximo do 70 % do seu custo e a segunda refírese á execución das actuacións contempladas nos proxectos xa redactados. O ano pasado, o Concello solicitara a subvención para a redacción dun…

Ver+

Concerto Solidario, música para bebés e danza para todos, esta fin de semana. Ourense

O Auditorio Municipal vivirá unha intensa fin de semana con actividades dirixidas ao público máis novo da cidade e coa celebración do X Concerto Solidario que organiza a ONG Manos Unidas, este venres 1 ás 20:00 horas. A venda de entradas, a 5€, será destinada integramente a equipar un laboratorio médico nun centro de saúde da India, e contará coa participación da Real Banda da Deputación de Ourense, Emilio Rúa, e diferentes músicos e asociacións de danza da cidade. A organización dispón, tamén, unha fila cero para todos os interesados…

Ver+

O Carballiño e O Ribeiro presentaron a campaña “Con Sabor Propio 2019” en Fitur

Foto: Concello do Carballiño O Tenente Alcalde e concelleiro de Turismo, José Manuel Dacal, e o concelleiro de Cultura, Diego Fernández, asistiron en Fitur ao acto de presentación da campaña turística CON SABOR PROPIO 2019 do xeodestino O Carballiño-O Ribeiro. Ao acto tamén asistiron a secretaria de Turismo de Galicia, Nava Castro; a delegada de la Xunta en Ourense, Marisol Díaz, o alcalde Leiro, a concelleira de Cultura de Boborás e o presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeiro. A Festa do Polbo, a Feira do Viño do Ribeiro, a…

Ver+

Nova publicación internacional sobre a Festa do Polbo. O Carballiño

Foto. Concello do Carballiño A directora de Turismo do Cantón de Guanzú achegouse á caseta de Galicia en FITUR para entregar uns exemplares dunha revista editada en China con motivo da visita dunha delegación de xornalistas chineses o pasado verán, e que asistiron á 56 Festa do Polbo. Precisamente, nesta revista dedícanse dúas páxinas a resaltar as excelencias desta festa, e inclúense varias fotografías da última Festa do Polbo. É unha boa noticia, que contribuirá a incrementar o dossier de prensa internacional para obter a declaración de Festa de Interese…

Ver+

“Sofía e as postsocráticas” con Inversa Teatro. Barbadás

Venres, 8 de febreiro ás 20h. Casa da Cultura Manuel María. Un espectáculo escénico sobre a violencia de xénero desde unha perspectiva filosófica. Tres personaxes en escena: Sócrates, Aristóteles e Platón (interpretados por mulleres) que empregarán recursos de máscaras a escala real ademáis do emprego de técnicas audiovisuais sobre o escenario para acadar a sensación de duplicidade de personaxes sobre o escenario. Nesta peza, a escenografía, a videocreación, a paisaxe sonora e a poesía xoga un papel sumamente importante. Lugar: Casa da Cultura Manuel María. Data: Venres, 8 de febreiro ás…

Ver+