A primeira publicación periódica publicada só en galego: O Tio Marcos d’a Portela

Placa colocada na casa onde se comezou a imprimir o xornal, na rúa Lepanto, 18, de Ourense.// Foto: P.Lameiro O Tio Marcos d’a Portela, foi unha publicación aparecida por vez primeira en 1876, sendo daquela editada en Ourense por Valentín Lamas Carvajal. Foi a primeira publicación periódica monolingüe en lingua galega. Naceu con carácter quincenal, e aos dous meses pasou a ser semanal. Subtitulado Parrafeos co pobo gallego, tivo dúas etapas, a primeira dende 1876 ata 1880 e a segunda dende 1883 ata 1889. Cun marcado carácter literario, obtivo un salientábel…

Ver+

Reunión Concello- hoteleiros para avanzar na promoción turística de Pontevedra

O alcalde Miguel Fernández Lores e a concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías mantiveron onte unha xuntanza de traballo coa Asociación de Hoteleiros de Pontevedra co fin de cambiar pareceres sobre a situación do sector na cidade, obxectivos a acadar e liñas de colaboración. Na reunión, desenvolvida nun clima distendido e participativo, constatouse a “boa saúde do sector”, un sector que rexistra un incremento progresivo de actividade e resultados dende fai cinco anos e que é moderadamente optimista respecto a continuidade deste camiño. Alcalde e concelleira concordaron cos hoteleiros nos…

Ver+

O Pazo da Cultura acolle a II Gala dos Medios en galego. Pontevedra

O Pazo da Cultura acolle o vindeiro sábado 2 de febreiro, ás 12 horas, a II Gala dos Medios en galego, que chega da man da Amega (Asociación dos medios en galego). O humorista e actor Touriñán guiará o evento, no que intervirán Xaime Iglesias, da Asociación Cedofeita; Eva Mejuto, coordinadora do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra; Anxos Sobriño, da CTNL e o debuxante Kiko da Silva. O concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña, presentou o evento xunto co presidente da Amega, Henrique Senfiz e o deputado…

Ver+

Arranca Ponteciencia. Pontevedra

‣ Dende xaneiro e até o 3 de maio tanto os centros de ensino como as familias desenvolverán investigacións en distintos eidos, baixo a dirección dun comité científico, integrado por docentes da Universidade de Vigo. ‣ O resultado deses meses de investigación exporase na Escola de Forestais durante a celebración da MiniFeira da Ciencia, Pontenciencia, os días 31 de maio e 1 de xuño. ‣ Até o de agora xa comezaron as charlas informativas sobre o método científico nos centros de ensino. Os rapaces están a escoller as investigacións que…

Ver+

Ourense e a Federación Galega de Atletismo analizan a celebración do XXV Campeonato de España Máster en Pista Cuberta

O  Concello de Ourense e a Federación Galega de Atletismo mantiveron unha primeira toma de contacto con motivo do XXV Campeonato de España Máster en Pista Cuberta, que terá lugar os días 8, 9 e 10 de marzo na pista de Expourense, e no que prevé a participación de entre 1.500 e 1.800 persoas. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o xerente do Consello Municipal de Deportes, Mario González, mantiveron un encontro co presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos; o vicepresidente primeiro desta entidade, Eladio Gómez e…

Ver+

Ciclo Recordando a…. “Prego de Oliver”. Liceo de Ourense

O Liceo de Ourense continúa a programación do ‘‘Ciclo recordando a…’’ personaxes da nosa cidade e provincia nesta ocasión a figura do grandísimo pintor Manuel Prego de Oliver, será no Salón Noble da Entidade mañá 31 de xaneiro as 20.00 horas cunha mesa redonda na que participarán: Natalia Figueiras Pimentel, Xabier Limia Gardón, Camilo Franco, e que moderará Delfín Caseiro. O acto abrirase e pecharase con unha intrepretación musical de violín a cargo de Rebeca Troitiña Durán. Este ciclo,  proseguirá no vindeiro mes.

Ver+

Mesa de Traballo Contra a Violencia de Xénero. Marín

Reunión da Mesa de Traballo contra a Violencia de Xénero do Concello de Marín. Este organismo de traballo leva funcionando dende o ano 2005 e está formada por profesionais da UFAM da Comisaría de Marín, representantes da Policía Local, a traballadora do centro de saúde de Marín, a xefa da Área de Violencia de Subdelegación do Goberno, técnicas municipais de Servizos Sociais e o CIM, a Concelleira de Benestar Social Marián Sanmartín, un representante do Ilmo Colexio de Avogacía de Pontevedra en Marín, as técnicas do PIF municipal e representantes…

Ver+

Verín acolle dúas mostras na Sala de Exposicións

Desde o 29 de xaneiro,  a Sala de Exposicións de Verín acolle as exposicións “OBXECTIVOS DO DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE”, ata o día 14, e “15 VISIÓNS: UNHA PERSPECTIVA DE DIFERENTES REALIDADES DESDE O PUNTO DE VISTA DA ARTE”, ata o día 7 de febreiro. Coa finalidade de divulgar os 17 obxectivos que se pretenden conseguir até o ano 2030, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (no que participa o Concello de Verín) reuniu a 15 debuxantes de Galicia, Mozambique, Cabo Verde e Guinea-Bissau para que realizasen 17 viñetas, unha por cada un…

Ver+

Sesión de cinema de venres a domingo en Verín

Durante os días 1, 2 e 3  de febreiro, o cinema municipal de Verín acolle a proxección das películas “El gran baño” e “La gran aventura de los Lunnis y el libro mágico” no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases: 01-02-19: EL GRAN BAÑO: 19:15 e 22:00 h 02-02-19: LA GRAN AVENTURA DE LOS LUNNIS: 17:00  e 19:00 horas                            EL GRAN BAÑO: 22:00 h. 03-02-19: LA GRAN AVENTURA DE LOS LUNNIS: 17:00 h EL GRAN BAÑO: 19:15 e 22:00 h.   Entradas…

Ver+