O Castelo de Sobroso

Foto: Wikipedia O castelo de Sobroso é un castelo medieval restaurado no século XX situado en Vilasobroso (Mondariz) No territorio de Vilasobroso foi onde tivo a orixe o antigo señorío de Sobroso, na actualidade marquesado de Sobroso, dende o 18 de maio de 1625. O lugar que ocupa era terra de sobreiras, que lle deron nome ao castelo e á súa vila. Existiu no seu lugar un castro prerromano. As orixes do castelo remóntanse posiblemente á época da expansión cristiá cara ao sur da Península Ibérica, pero a primeira referencia sobre…

Ver+

Cineclub Bueu: “The Florida Project”

O Cineclub Bueu organiza o venres 1 de febreiro a proxección do filme “The Florida Project”, que se poderá ver no Centro Social do Mar ás 21.00 h. A cota de entrada será de 2 € para socios/as do Cineclub e de 4 € para non socios/as. SINOPSE: Moonee soña con ir a Disneylandia, pero o máis preto que estivo é o motel barato ás aforas de Orlando no que vive coa súa nai Halley, de 22 anos: o Magic Castle Motel. O máis parecido que Moonee ten a un…

Ver+

Programación Cultura Redondela Inverno 2019

De xaneiro a  Maio- Programación Adultos. Ciclo teatro Infantil. Ciclo Monólogos de Humor. VII Ciclo de Teatro Afeccionado Chapela. Exposicións. Roteiros. Programación Semana Santa. ¬VER / DESCARGAR PROGRAMA COMPLETO CLICK AQUÍ

Ver+

50 coches clásicos farán este sábado a Subida a Cabanelas no XVI Rally de Inverno. O Carballiño

Cincuenta coches clásicos deportivos visitarán este sábado, 2 de febreiro, O Carballiño. E o farán dentro dunha etapa do Rali de Inverno para realizar, vinte anos despois, a mítica subida a Cabanelas e percorrer as principais rúas da vila cara á praza da Veracruz, onde se establecerá o parque pechado. Así mesmo, organización, conductores e copilotos xantarán nun restaurante carballiñés. O XVI Rali de Inverno Catro Provincias para clásicos deportivos partirá de Santiago de Compostela na mañá do sábado para realizar un recorrido de montaña, pasando por Beariz e chegando…

Ver+

O Carballiño e a Xunta estudan un proxecto de humanización das rúas da Vila

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, mantivo unha reunión de traballo co alcalde do Carballiño, Francisco José Fumega, quen lle trasladou varios asuntos e actuacións de interese para o seu concello en materia urbanística e medioambiental. Concretamente, o rexedor explicoulle á conselleira que o seu equipo está traballando para levar adiante un proxecto de humanización de rúas co obxectivo de dinamizar a zona de actuación e facilitar a súa integración urbana, para o que solicitou a colaboración da Consellería de Medio Ambiente. Ángeles Vázquez, pola súa…

Ver+

Pratos de culler para a xornada da Ruta das Tapas. O Carballiño

Callos ao xeito tradicional, fidegua de gambas, crema de mariscos, fabada asturiana, fabes de Lourenzá, garbanzos con costela de porco ou frixoles, entre outras especialidades culinarias, poderán degustarse este venres, 1 de febreiro, nunha nova xornada da Ruta das Tapas que, nesta ocasión, está dedicada á gastronomía de culler. O evento, no que participan catorce establecementos hostaleiros, foi presentado este mediodía no Bar Don Paco, nun acto ao que asistiron os concelleiros de Turismo e Cultura, Manuel Dacal e Diego Fernández, respetivamente; a xerente do Centro Comercial Aberto, Noelia Mares,…

Ver+

Cine Clube Carballiño. “Los amores cobardes”

Venres día 1 de febreiro ás 20:00 e ás 22:30 horas no Auditorio Manuel María «Los amores cobardes» Sinopse Eva é unha rapaza forte e independente que retorna á súa cidade natal para pasar as vacacións de verán. Alí espérana a súa nai e Gema, a súa única e incondicional amiga. O que Eva non esperaba era atopar a Rubén, quen adoitaba ser o seu mellor amigo ata que un día o rapaz decidiu cortar o contacto inesperadamente, sen explicacións, sen despedidas. Ficha técnicaDirector: Carmen Blanco Produción: Carmen Blanco, Marina Calle, Javier…

Ver+

Cineclube Pontevedra: «As pantasmas de Ismael»

Martes, 5 de febreiro as 20:30h no Teatro Principal de Pontevedra.  AS PANTASMAS DE ISMAEL [“Les Fantômes d’Ismaël”, Arnaud Desplechin, Francia, 2017, 135 min. Lingua: francés] Ismael (Mathieu Amalric) é director de cinema e está escribindo o guión dun novo filme inspirado na vida do seu irmán, un diplomático que na súa longametraxe vai ser tamén un espía. Leva xa dous anos saíndo con Silvia (Charlotte Gainsbourg), unha astrofísica que coñeceu nunha festa. Considérase viúvo, pois 21 anos atrás a súa esposa Carlota (Marion Cotillard) despareceu sen deixar rastro. A súa…

Ver+

“Un que chega de fóra percibe que Pontevedra é unha cidade para estar, para vivir”

Foto©Porgaliciabaixo Ana Montalbán, arquitecta-urbanista e nova coordinadora técnica da Rede de Cidades que Camiñan está en Pontevedra co fin de coñecer en profundidade e de primeira man a transformación urbana que fai da cidade un referente no mundo. Aproveitando a súa estancia en Galiza, achegarase tamén a coñecer Carballo, membro da rede; e a Ferrol, cidade interesada en formar parte dela. O alcalde Miguel Fernández Lores, presidente da Rede de Cidades que Camiñan, reuniuse con Montalbán coa que comparte o afán de “traballar a prol de facer unhas cidades máis…

Ver+