O primeiro amor de Picasso, unha ourensá coruñesa

Nas biografías de Picasso, adóitase falar de todos as súas mulleres, en moitos casos ou case sempre, coincidentes cos seus modelos; unha especie de relación sexo-arte apuntan algúns expertos na obra do xenial pintor. Pero é aquí onde nos detemos, para falar, ao parecer do primeiro gran amor de Pablo Picasso, sendo moi novo. A familia Ruiz Picasso residiu na Coruña desde os 9 aos 13 anos de vida do universal pintor, concretamente na Rúa Payo Gómez 14, actualmente Casa Museo de Picasso.   A estrutura da casa consérvase como cando vivían…

Ver+

Programa “En ruta coa Depo” 2019. Deputación de Pontevedra

Desde este luns, 4 de febreiro, e ata o día 22, as entidades sociais da provincia que desexen sumarse ao programa “En ruta coa Depo“ 2019 poderán presentar a súa solicitude, por vía telemática, para participar nesta iniciativa que permite percorrer diferentes lugares de Pontevedra. En total, este ano o goberno de Carmela Silva oferta 20.000 prazas e 32 rutas. En liñas xerais, o programa, ao que a institución provincial destina 365.000 euros, oferta 20.000 prazas distribuídas nas 32 rutas para coñecer diferentes lugares da provincia de Pontevedra. Por terceiro…

Ver+

Teatro, Música e Humor. Esta semana no Auditorio de Ourense

MALO SERÁ! Xoves 7 de febreiro, 20:30 horas. Auditorio. Entradas desde 10 euros. Un programa de humor gravado nos grandes teatros de Galicia, con público en directo. Malo será! quere facernos rir cunha sucesión de sketches sobre temas universais mesturados con chiscadelas ás distintas localidades onde actúa, e protagonizados por un elenco de actores e actrices galegas recoñecidos polas súas actuacións en programas televisivos e conducidos por Marta Doviro. Unha banda de música en directo e unha vistosa escenografía completan os argumentos dunha oportunidade única para achegar a televisión e o humor.…

Ver+

Ciclo de música Enclave de Cámara; Gerhard Quarte. Ourense

6 de febreiro ás 20:00 horas no Teatro Principal de Ourense “Gerhard Quartet” nace en 2010 influenciado e guiado pola mestría do Cuarteto Casals e desde ben cedo é considerado un dos grupos con máis proxección do país. O nome da formación quere render homenaxe á figura de Robert Gerhard, alumno de Arnold Schoenberg e un dos compositores cataláns máis recoñecidos do século XX. TAQUILLA DO TEATRO:  O mesmo día da función de 12:00 h. a 14:00 h. Dúas horas antes de comezo da función VENTA ON-LINE: https://entradas.ataquilla.com/

Ver+

Proxeción ‘La noche de 12 años’, premiada co Goya ao mellor guión adaptado. Cineclube Carballiño

Venres día 8 de febreiro . Os pases serán ás 20:00 e ás 22:30 horas no Auditorio Municipal Manuel María. Esta película uruguaya está protagonizada por Antonio de la Torre, Alfonso Tort  e Chino Darín, e recrea a historia real do cautiverio de tres presos Tupamaros, que foron sometidos en secreto a torturas e aillamento total pola dictadura do seu país durante 12 anos. Un deles era Pepe Mújica, que terminará sendo presidente do Uruguay e un dos políticos máis célebres do mundo. Sipnose: Ano 1973. Uruguai está baixo o poder da ditadura…

Ver+

11 de febreiro, ‘Día Internacional da Muller e a nena na ciencia’ . Pontevedra

Deseñada xunto a plataforma GCiencia, conta coa colaboración de 5 recoñecidas científicas galegas A astrofísica da NASA, Begoña Vila realizará dende Washington unha videoconferencia con escolares. A concelleira de Igualdade, Carme Fouces, presentou esta mañá o programa que se levará a cabo o luns 11 de febreiro para festexar o ‘Día Internacional da Muller e a nena na ciencia’ en colaboración coa plataforma dixital de divulgación científica GCiencia. A xornada contará coa presenza a través de videoconferecia da astrofísica da NASA, Begoña Vila, nunha actividade principalmente destinada a escolares de…

Ver+