‘Paulina Mestra de Soños’. Traballo – Homenaxe audiovisual. Redondela

Un novo traballo audiovisual preséntase en Redondela, que fala da biografía da mestra Paulina Sánchez Otero (1898-1971), personaxe moi querido na vila de Redondela. Muller volcada coa educación e o desenvolvemento social da localidade, a mestra Paulina “deixou un rastro de agarimo e recoñecemento polo seu labor didáctico e dinamizador da cultura local, durante anos complicados tanto no social como no educativo. Defínindoa como persoa inconformista e vangardista”, indica a edil de Cultura, Teresa París. Entre os proxectos que Paulina Sánchez Otero desenvolveu lémbranse obras teatrais ás que sumaba colaboradores…

Ver+

Programa de formación-alfabetización de adultos e de competencias sociolaborais. Redondela

O Departamento de Benestar Social pon en marcha o proxecto Programa de formación-alfabetización de adultos e de competencias sociolaborais, subdividido en: Alfabetización de Adultos, e Preparación das probas libres para a obtención do título da ESA.  Trátase dun proxecto que comezou coa formación a primeiros do presente mes de febreiro. O alumnado foi derivado polas traballadoras sociais e educadoras sociais dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos de ambas unidades. Este ano no grupo da ESA soamente preparáse os ámbitos social e científico-tecnolóxico. A formación conta con 24 persoas para a preparación das probas…

Ver+

“Educando na Igualdade”. Redondela

Trátase dun proxecto que pretende achegar ao alumnado conceptos e ferramentas de sensibilización, implicación e actuación baseados nunha verdadeira relación de igualdade cos demáis. Dirixido ao alumnado de 1º e 2º ciclo de Educación Primaria dos centros educativos de Redondela. O programa consta cun total de 10 horas por aula que se distribúen en: 2 sesións grupais de 4 horas adicadas ao alumnado e 1 sesión final de 2 horas adicada ás familias do alumnado participante coa finalidade de darlles a coñecer as conclusións extraídas do traballo realizado cos/as seus/súas…

Ver+

Programa Entroido e Bases dos concursos. Poio

PROGRAMA Concursan: INDIVIDUAIS, PARELLAS, GRUPOS (minimo de 5 persoas) e COMPARSAS (mínimo 30 persoas e música propia). Inscricións na oficinas municipais do 21 áta ás 14:00 h do 28 de febreiro (ambos incluídos). Os Individuais e parellas tamén poderán inscribirse o propio día no lugar de saída. PERCORRIDO [MAPA] Punto encontro: Pazo Besada . Avda. Andurique, 1 ( San Salvador). Percorrido: PO-308. Saída dende Avda. Porteliña, Avda. Encoirados, Avda. San Xoán. Punto de chegada: Avda. San Xoán 20 ( San Xoán).   Entrega de premios: A Seca. A partir dás…

Ver+

Primeira edición do Campus Castelo de Baloncesto. Allariz

Allariz acollerá dende o 28 de xullo ao 3 de agosto o seu primeiro Campus Castelo de Baloncesto onde os/as participantes gozarán dunha semana chea de adestramentos e actividades lúdicas. O tema principal do campus, dirixido a  nenos e nenas que nacesen entre os anos 2002-2009 (ambos incluídos), será o baloncesto, tentando que os/as participantes coñezan e melloren aspectos do xogo. Ademais haberá tempo para coñecer Allariz e realizar outras actividades de ocio e lecer, xuntanzas nocturnas e espazos para crear novas amizades e experiencias con compañeiros/as de diferentes lugares. O campus…

Ver+

O Carballiño proporciona a Protección Civil fusís de paintball, para loitar contra os niños de avispas velutinas

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, asistiu  xunto con representantes de Protección Civil, de Emerxencias e do Parque Comarcal de Bombeiros, a unha demostración do uso dun fusil de Paintball que permite disparar aos niños de avispas asiáticas e deixalos inutilizados. Este sistema está sendo empregado en Cantabria desde fai dous anos cun alto grao de eficiencia, segundo din os representantes da empresa “Asiatic Wasp Ball”. Trátase dun fusil que dispara unhas bolas (vectores conxelados) nas que se introduce o veneno que, unha vez disolto dentro do niño, mata ás…

Ver+

Exposición fotográfica ´Potiños sobre o Entroido Ribeirao’. O Carballiño

Dezaséis fotografías de integrantes da Asociación Fotográfica O´Potiños sobre o Entroido Ribeirao, conforman unha mostra que se abriu  no concello e que permenecerá ata o remate do entroido e da Festa da Cachucha, o 10 de marzo. Esta exposición, que poderá visitarse de luns a sábado, complementa a programación cultural do Entroido e da Festa da Cachucha no Carballiño, que comezará oficialmente o venres 1 de marzo coa Ruta das Tapas e a Festa Vaqueira de disfraces, e que, tras sete días de actividades, culminará o domingo 10 de marzo…

Ver+

8º Concurso Fotográfico “Unha Mirada de Xénero: Menores en Igualdade”. O Carballiño

O 8º Concurso Fotográfico que organiza a área de Igualdade do concello do Carballiño, en colaboración coa Asociación Fotográfica O´Potiños e o Centro Comercial Aberto, leva nesta edición o lema “Unha mirada de xénero: Menores en igualdade”. Terá, como nas edicións anteriores, tres premios para as tres mellores fotografías, de 300, 200 e 100 euros, respectivamente, en vales de compra para gastar nos comercios do Carballiño, e o prazo para a presentación dos traballos finalizará o 1 de marzo para a entrega en man, e o 3 de marzo para…

Ver+