Prepararse para partir

Foto: Mateo Fontán Couto Desde setembro de 2018 un novo número viu a luz dentro da colección Coñecer Santiago, cidade educadora. Trátase dunha moi interesante guía didáctica que leva por título: O cemiterio compostelán de Boisaca e o patrimonio funerario. Non obstante, o contido do libro supera en moito a promesa do título xa que se trata dun  conciso percorrido polas manifestacións funerarias ao longo do tempo en Galicia. A obra está editada polo Departamento de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago e coordinada por Carmen María Sánchez Arines.…

Ver+

Dous novos cursos de informática de Memoria en rede no Centro Sur e no Teleclub de Santo André de Xeve. Pontevedra

‣ Comezan o 13 de marzo mais quedan prazas e as persoas  interesados poden inscribirse no 3a andar do Concello ou no teléfono 986.804300 Ext. 7107 até mañá ‣ Teñen unha duración de 8 semanas e van dirixidos a persoas que queren aprender a usar o ordenador O Teleclub de Santo André de Xeve e o Centro Sur acollen a partir do vindeiro mércores 13 de marzo dous novos cursos “Aprende a usar o ordenador” do programa municipal Memoria en rede. Aínda quedan prazas polo que as persoas interesadas en participar…

Ver+

Pechan os baños públicos das Termas da Chavasqueira por reformas integrais. Ourense

Os baños públicos da Chavasqueira pechan desde este luns por mor das obras de reforma das  instalacións que se acometerán por parte da Xunta de Galicia cun orzamento superior aos 36.000 euros e que teñen un prazo de execución previsto de 45 días. A actuación, consistirá na reforma e modernización dos interiores deste servizo, de xeito que se dea resposta ás necesidades transmitidas polos veciños e turistas usuarios das instalacións. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez pide “desculpas aos usuarios dos baños públicos da Chavasqueira polas molestias que poida supoñer…

Ver+

Entrega Premios dos Certames Educativos ‘A igualdade no Traballo’. Bueu

O Centro Social do Mar de Bueu acolleu este luns,11 de marzo, o acto de entrega dos premios ao alumnado gañador dos certames de viñeta, ilustración e literario “A igualdade no traballo”, organizado pola concellaría de igualdade e o Centro de Información ás Mulleres, e que ten como obxectivo fomentar a reflexión sobre a igualdade desde a educación. Antes da entrega, un grupo de cincuenta rapaces e rapazas do IES Illa de Ons representaron un fragmento da obra de Víctor Hugo, Os miserables, desde unha visión feminista e adaptada á…

Ver+

Bueu celebrou este domingo o Desfile do Enterro do Paxaro de Mal Agoiro

Participaron máis dunha vintena de grupos. Así, tras o desfile e a posterior queima do paxaro na Banda do Río (o cal foi elaborado polo ilustrador local Marc Taeger), o xurado foi o encargado de anunciar os premios: na categoría das comparsas de Bueu. O 1º premio, dotado con 100 € foi para “Asociación As Faltriqueiras” e o 2º, de 50 € para “Os do Pinsel”; nas agrupacións de máis de quince compoñentes, “Viaxeiros no tempo” fíxose co primeiro posto de 250 €, “El oeste de los Monpitunis” co 2º…

Ver+

Avanzan as melloras do Gafos. Pontevedra

As obras de mellora do paseo do Gafos, tanto no seu tramo urbano como rural desenvólvense a bo ritmo. Xa están postas as pontellas e as pasarelas na zona de Tomeza e trabállase na parcela que dá á fachada de María Victoria Moreno. O luns comezan a desmontar as escaleiras que unen a praza de Ponte Boleira co paseo, nun lateral da ponte da avenida de Vigo. A Concellaría de Medio Ambiente Natural xa adiantou que o tempo pode influír no desenvolvemento desta intervención. Non é posible traballar nestes espazos…

Ver+

Sete equipos disputarán a primeira fase de zona do Club de Debate. Pontevedra

‣ O tema de debate: Hai racismo e xenofobia en Galiza ‣ A cita terá lugar no Pazo da Cultura o vindeiro mércores 13 de marzo. ‣ Os equipos son dos IES Valle Inclán (2), Sánchez Cantón (2) e Luís Seoane de Pontevedra; do IES Mendiño de Redondela e do Colexio San Narciso de Marín   O Pazo da Cultura acollerá o vindeiro mércores 13 de marzo, dende as 9.30 horas da mañá e ao longo de todo o día, a primeira fase de zona do Club de Debate. Participarán…

Ver+

Nova Web de turismo do Concello de Allariz

Allariz dispón dende hoxe na dirección www.allariz.gal/turismo dunha nova web, impulsada polo concello, coa fin de facilitar a navegación e o coñecemento dos atractivos turísticos da localidade. A alcaldesa de Allariz, Cristina Cid acompañada do técnico informático e a área de promoción económica municipal presentaron  a nova web, unha páxina máis moderna e accesible aos usuarios e usuarias do portal que conta con toda a información para chegar, vivir e visitar Allariz. O portal de turismo vén a completar o sitio allariz.gal, composto por outras dúas microsites dedicadas á administración e sede…

Ver+

Obradoiro ‘Educando en Igualdade’. Paula Hernández. Ourense

15 de marzo ás 19:00 no Centro Cultural Marcos Valcárcel Taller sobre a necesidade da construcción dun sistema baseado na equidade e diversidade das identidades e roles, exentos de desigualdade entre as persoas. Co gallo do Día Internacional da Muller, esta charla formativa pretende a promoción da eliminación de estereotipos de xénero. Organiza: Fundación Amigos de Galicia.

Ver+