Sánchez Cantón: “O noso” director do Museo do Prado

Foto: Museo de Pontevedra Din del que era un home moi serio, formal e pouco extrovertido, e que se dulcificaba notablemente cando se falaba da súa querida Galicia. Todo lle interesaba da nosa terra e xa moi novo mostrou un interese intelectual por ela. De feito en 1910, con só 19 anos, nun certame rexional de Vigo, obtivo un premio polo seu traballo “Influencia de la literatura gallega en la nacional” Este pontevedrés que naceu na Boa Vila un 14 de xullo de 1891, e faleceu tamén nela no ano…

Ver+

Pregoeiro da 56ª Edición da Feira do Viño do Ribeiro. Ribadavia

A organización da Feira do Viño do Ribeiro (Concello de Ribadavia e CRDO Ribeiro), que este ano alcanza a súa 56ª edición, acordaron que o pregoeiro da seguinte edición sexa Manuel García Montero. Manuel García Montero, nado en Cenlle (1937), estivo vencellado durante toda a súa vida á comarca do Ribeiro, combinando o traballo familiar nas viñas coa súa profesión de mestre. Foi alcalde do Concello de Cenlle no período comprendido entre os anos 1969 e 2011, así como presidente da Cooperativa Vitivinícola Viña Costeira durante máis de vinte anos…

Ver+

Instalación da iluminación ornamental da Fonte dos nenos. Pontevedra

A empresa Viaqua empeza mañá a instalación da iluminación ornamental da fonte da Glorieta de Compostela, Fonte dos nenos. Esta obra, que ten un custe de 57.477 euros, está incluída como mellora dentro da oferta técnica que a empresa Viaqua presentou ao contrato do servizo de abastecemento e saneamento do concello adxudicado a finais do pasado ano. A obra consistirá na instalación de 84 proxectores que cubrirán todas as gamas cromáticas o que permitirá “tinguir” de cor as augas da fonte en momentos sinalados como o Día mundial da auga,…

Ver+

Impulso ao proxecto e plan de usos do porto de Portonovo. Sanxenxo

O sábado reuníronse no Concello o patrón maior de Portonovo, o presidente do club náutico, o concelleiro de infraestruturas e o alcalde. O obxectivo da reunión foi impulsar a redacción do plan de Usos do porto de Portonovo. Un documento imprescindible para acometer unha remodelación e unha mellora en profundidade no porto. Por tanto, tamén para poder desenvolver o proxecto de reforma previsto na zona portuaria de Portonovo, que o alcalde presentou á Conselleira de Mar e ao presidente de Portos en novembro. Posteriormente, presentouse a todos os colectivos da…

Ver+

Festas de San Xosé Campolongo. Programa. Pontevedra

A praza da Constitución será escenario, do 16 a0 19 de marzo, das festas e San Xosé, das festas de Campolongo. Música, obradoiros, xogos infantís, citas lúdico-deportivas e gastronomía son os eixos dunhas festas que se desenvolverán de 12.00 a 24.00 horas “co fin de conciliar a diversión e o descanso da veciñanza”. A concelleira de Cultura, Carme Fouces, presentou as festas de Campolongo acompañado por Isaac Freire, Alberto Rodríguez, Sonia Pazos e Antonio Gómez. Todos eles lembraron a Fernando Viéitez, impulsor e defensor desta festa de barrio, a única…

Ver+

Volve a A pé da rúa. Pontevedra

Regresa A pé de rúa, unha iniciativa da Concellería de Promoción Económica e da Cidade para visibilizar o comercio local das distintas rúas da cidade, fóra do eixo central. A iniciativa enmárcase nunha estratexia global de creación dunha marca para promocionar o comercio da cidade: Pontevedra Capital Shopping. A concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías, presentou  a nova quenda de citas A pé de rúa, certa de que “o mellor escaparate para o comercio local é ter un espazo público en condicións, de alta calidade urbana e por iso…

Ver+

Pontevedra acolle o Parlamento de Escritoras-es que reflexionará sobre Identidade e dereitos civís

‣ Mesas redondas, grupos de traballo e un recital literario  artellarán a actividade, promovida pola AELG e o Concello ‣ Terá lugar os días 15 e 16 de marzo en tres escenarios: Pazo  de Mugartegui, Pazo da Cultura e Teatro Principal ‣ O recital que porá o ramo ao Parlamento será o sábado, ás  19.30 horas e nel estarán, entre outros: Manuel Rivas, Xosé María Álvarez Caccamo, Tamara Andrés, Antonio García Teijeiro e Eli Rios Dúas xornadas, tres escenarios -Pazo de Mugartegui, Pazo da Cultura e Teatro Principal- , un formato novidoso e…

Ver+