Os xudeus galegos (primeira parte)

Ribadavia. Foto©Porgaliciabaixo Suponse que os xudeus están en Galicia desde o s.I despois de Cristo, aínda que o primeiro documento nos que se lles cita está datado no s. XI atopado en Celanova (Ourense). No s.IV sabíase que había comunidades non moi numerosas en Ourense, Tui, Lugo e A Coruña, igualmente que na época de dominación sueva, na que gozaron de liberdade relixiosa na que se lles permitiu ter relacións con cristiáns e alcanzar tamén postos elevados nas administracións da época. Mesmo se cre, que na época de persecucións de…

Ver+

Proxección ‘Las guardianas’. Cineclube Carballiño

Venres día 15 de marzo proxección da película francesa Las guardianas. Dirixida por Xavier Beauvois e protagonizada por Nathalie Baye e Iris Bry. A historia está ambientada durante a primeira guerra mundial, cando os homes están na fronte e son as mulleres as encargadas de sacar o traballo adiante  no campo.  Os pases serán ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 en VOS. No Auditorio Municipal Manuel María ¬PARA SABER MÁIS CLICK AQUÍ

Ver+

Medio Ambiente crea unha lista de agarda para optar aos hortos urbanos . Pontevedra

A Concellaría de Medio Ambiente abre hoxe o prazo para todas as persoas que queiran optar a unha horta urbana, ben en Monte Porreiro ben na Finca do Conde (A Parda), para que se inscriban na lista de agarda única que se vai crear. Cabe lembrar que a Concellaría puxo en marcha o pasado verán unha nova regulación dos hortos urbanos polos que se adxudicaron as 22 hortas de Monte Porreiro e as 37 de Finca do Conde por un prazo de dous anos. Pasados algúns meses, algunhas delas quedaron…

Ver+

Festival de Música ‘Pórtico do Paraíso’, danza, teatro… Esta semana en Ourense

O espectáculo de danza Entresoños, da compañía de Fran Sieira, iniciará mañá, xoves, unha fin de semana cargada de cultura que inclúe o inicio da edición número 12 do Festival Internacional de Música de Ourense Pórtico do Paraíso, a estrea de Mariana, de Palmyra Teatro, no marco das actividades co gallo do Día Internacional das Mulleres, e unha nova cita co teatro infantil con E-book: As idades do libro. EntreSoños (14 de marzo, 20.30h, Auditorio) é unha obra de baile e música tradicional galega de 70 min de duración, cun elenco artístico de 3 bailadores/cantadores:…

Ver+

Un equipo do IES Valle Inclán retírase da primeira fase de zona do Club de Debate. Pontevedra

Cadro dos novos emparellamentos A retirada dun dos equipos do IES Valle Inclán deixa en seis o número de participantes que disputarán a primera fase de zona do Club de Debate e obrigou a facer un novo sorteo de emparellamentos. A fase de zona de Pontevedra do Club de Debate terá lugar o 13 de marzo no Pazo da Cultura. 

Ver+

Ciclo de Andainas Familiares da man de Xeitura e o Concello de Allariz

A empresa alaricana Xeitura, de xestión do patrimonio cultural, en colaboración co Concello de Allariz presentou,  unha nova actividade familiar prevista para os meses de marzo, abril e maio. A proposta “Pequenos exploradores” busca compartir en familia ao tempo que se practica deporte no medio natural de Allariz, dando a coñecer e poñendo en valor os diferentes lugares patrimoniais a través de xogos naturais, a historia e a lenda. As rutas van dirixidas a familias con nenos e nenas de 5 anos en adiante. “Trátase dun ciclo de andainas familiares…

Ver+

Bases Certame de Relatos Matilde Bares. Bueu

O Concello de Bueu abre o prazo para participar no X Certame de Relatos de Muller Matilde Bares, que se estende ata o 30 de decembro. O extracto das bases publicouse este martes no Boletín Oficial da Provincial, polo que a partir de mañá xa se poderán presentar relatos en lingua galega que traten  temas relacionados co fomento da igualdade entre mulleres e homes, a corresponsabilidade nas obrigas familiares e sociais ou a violencia de xénero. Segundo establecen as bases, os orixinais poderán presentarse por dúas vías: ou ben no…

Ver+