Visitando a Reserva da Biosfera Área de Allariz

Allariz /Foto©Porgaliciabaixo É unha reserva da biosfera declarada o 25 de xuño do ano 2005 e que abrangue os concellos de Allariz (bisbarra de Allariz-Maceda), A Bola (Terra de Celanova), Vilar de Santos e Rairiz de Veiga (A Limia), todos eles pertencentes na provincia de Ourense. A reserva ten unha superficie de 21.482 hectáreas e nela vive unha poboación de menos de 10.000 persoas. A poboación da Área de Allariz distribúese principalmente en núcleos dispersos. A reserva conta cun total de 32 parroquias que espallan a poboación e, ao mesmo…

Ver+

Pontevedra recibe a visita da cidade danesa de Roskilde

Foto: Catedral de Roskilde  O Concello de Pontevedra recibiu  a visita do concello danés de Roskilde, encabezado polo seu vice-alcalde Tomas Breddam, que se achegou á cidade para coñecer o modelo urbano dada a transcendencia internacional que ten. Logo de manter un encontro con técnicos municipais durante un par de horas, e de recibir a benvida do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, a comitiva integrada por 15 persoas (distintos cargos políticos e de departamentos do concello danés), fixo unha visita guiada da man do xefe da Policía Local, Daniel Macenlle.…

Ver+

A Concellería de Medio Ambiente rexistra preto de 300 avisos de animais abandonados durante o 2018. Sanxenxo

Durante o ano 2018, atendéronse un total de 277 avisos, dos cales 256 foron cans en espazos públicos e 21 cadáveres de gatos.  Do total de cans, so 81 foron devoltos aos seus propietarios, e o resto xestionáronse a través de CAAN. Por parroquia destaca Noalla, na que se produciron o 21% dos avisos seguida de Padriñán co 26% dos avisos. Se analizamos o número de cans recollidos, en primeiro lugar estaría Padriñán, con 68 cans recollidos, seguido de Noalla con 55. A parroquia con menos animais recollidos foi Bordóns,…

Ver+

Segue aberto o prazo de inscrición no programa Depotermal 2019. Sanxenxo

O prazo para inscribirse no programa Depotermal da Deputación de Pontevedra continúa aberto ata o próximo 29 de marzo. As persoas interesadas en participar no programa de termalismo deberán cubrir o formulario de solicitude, que se pode atopar na páxina web da Deputación ou nas oficinas de Servizos Sociais, en Portonovo. O programa de termalismo e saúde ten por obxectivos promover o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas maiores, impulsar o establecemento de novas relacións sociais, favorecer a participación en actividades que melloren o seu estado…

Ver+

As Termas de Muíño da Veiga pechadas polas variacións no caudal do Miño. Ourense

As variacións do caudal do río Miño pola apertura de comportas na estación de bombeo de Oira están a provocar o anegamento periódico das termas do Muíño da Veiga. Por este motivo, a Concellería de Turismo e Termalismo sinalizou a zona afectada co gallo de prohibir o acceso das persoas. O Concello de Ourense aconsella seguir as indicacións na zona termal, que acoutan o espazo con balizas por motivos de seguridade.

Ver+

A Asociación Down de Ourense e Concello, promoverán actividades educativas para favorecer a inclusión social

O Concello de Ourense e a Asociación Down Ourense asinaron un protocolo de cooperación educativa para a promoción do Día Mundial da síndrome de Down (o 21 de marzo), a difusión dun vídeo divulgativo e a promoción de diferentes actividades educativas nos centros escolares da cidade. A través deste acordo preténdese sensibilizar a sociedade para aproximarse as persoas con discapacidade intelectual e favorecer a inclusión educativa e social das persoas con síndrome de Down ou con outras discapacidades intelectuais. Así, ambas as dúas partes promoverán actuación conxuntas para dar visibilidade…

Ver+

Concello e Mercado de Abastos colaborarán para actividades lúdicas escolares. Ourense

O Concello de Ourense e o Mercado de Abastos número 1 de Ourense veñen de asinar un protocolo de colaboración para a posta en marcha de distintas actividades lúdico-educativas entre os escolares da cidade ao longo deste ano que contribúan á educación para o consumo responsable entre a rapazada, así como para potenciar o desenvolvemento do comercio local. O Concello de Ourense colaborará coa Asociación de Comerciantes e Industriais do Mercado de Abastos dándolle difusión as actividades programadas a través da Concellería de Educación, co gallo de potenciar a educación…

Ver+