La Fábrica de jabón de Mollabao

Foto: https://www.todocoleccion.net/ Facilitada por el autor del artículo En mis recuerdos está la fábrica de jabón que existía en el barrio de mis correrías, pero que nunca vi en funcionamiento puesto que cuando nací solo quedaba el edificio y una serie de máquinas en el interior, por donde nos colábamos y recorríamos sus estancias en lo que nosotros llamábamos “aventuras” que solíamos hacer en los edificios abandonados. En 1938, y siguiendo los planos del arquitecto Emilio Quiroga, hermano del violinista Manuel Quiroga, se inicia la construcción en Mollabao de Fabril Gallega de…

Ver+

Ourense ICC Week. Programa

Do día 2 ao 7 de abril en Ourense Volve a Semana das Industrias Culturais e Creativas de Ourense. Nesta quinta edición, o protagonista será o Xadrez de San Rosendo, o foto volve a centrar así a súa imaxe no rico patrimonio cultural da provincia de Ourense. Ademais, este ano hai unha gran aposta pola diversidade creativa onde ten cabida un amplo abano de vertentes. ¬ VER / DESCARGAR PROGRAMA +Info Click aquí páxina Facebook

Ver+

Actuación do grupo de teatro sénior Afundación “Os vellos namorados”, Teatro Principal Ourense

O Grupo de Teatro Sénior Afundación presenta a obra Os vellos namorados, unha adaptación de Os vellos non deben de namorarse, de Castelao, realizada polo director do grupo, Víctor Díaz Barús. Poderás gozar da representación o venres 22 de marzo no Teatro Principal de Ourense (Rúa da Paz, 9) ás 20.00 h. Esta farsa en tres actos e epílogo satiriza sobre o amor e a morte de tres vellos imprudentes. Tres amores serodios, tres vellos que namoran de tres mozas e como estas se aproveitan deles nun xogo de comedia. A peza mostra o medo…

Ver+

Unha porta que leva aos xardíns

Foto: Mateo Fontán Couto Dentro do programa adscrito ao LV Concurso Exposición Internacional da Camelia, celebrado en Pontevedra, presentouse o día dez de marzo o libro Xardíns históricos de Pontevedra, cuxo subtítulo convida: Un paseo por 20 xardíns singulares da provincia. Trátase dun volume de case trescentas páxinas editado pola Deputación de Pontevedra que vén ocupar un espazo destacado na, aínda pouco nutrida en estudos, historia da xardinería galega. Os autores son: Carmen Salinero, Ángeles Barros, Gaspar Bernárdez, Xesús Fernández e Antonio Rigueiro. Tras os saúdos pertinentes da Presidenta da…

Ver+

Conferencia: ‘As orixes da fotografía e os fotógrafos composteláns en Ourense’. Ateneo Ourense

Día 20, mércores, ás 20:00 horas Conferencia: ‘As orixes da fotografía e os fotógrafos composteláns en Ourense’ por Carlos Castelao. A conferencia versará sobre: «Unha rápida ollada á situación da fotografía galega nos seus primeiros anos, trazando un panorama dos seus principais fotógrafos, mais tamén das características que foron definindo á fotografía en cada momento. Deterémonos especialmente naqueles fotógrafos composteláns que mantiveron unha relación con Ourense. É o caso de Carlos García, María Cardarelly, Manuel Chicharro, Jesús Varela, Ernesto Carrero, Patricio Bocconi, Ricardo Otero, Miguel González Amor ou Luis Ksado.…

Ver+

Proxección ‘Isla de Perros’. Cineclube Carballiño

Venres día 22 de marzo Proxección ‘Isla de Perros’ Animación coa que obtivo o Premio ao Mellor Director no pasado Festival de Berlín. A película estivo nominada como Mellor película de animación nos premios Oscar e  Globos de Ouro, onde tamén estivo nominada pola súa banda sonora. Os pases serán coma sempre ás 20:00 en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 en VOS. +INFO CLICK AQUÍ

Ver+

Cabos Soltos. Unha nova aposta pola escena creativa emerxente. Pontevedra

O Concello pon en marcha Cabos Soltos, un novo programa que nace co obxectivo de darlle pulo á escena creativa emerxente de Pontevedra, de activar as salas e os locais de hostalería da cidade para que, ademais de ofrecer o servizo para o que están autorizados, apoien a creación local. Unha gran festa-presentación de tres días -21, 22 e 23 de marzo- na que participarán arredor de 40 bandas e artistas en 25 establecementos hostaleiros – marcará o inicio de Cabos Soltos. Unha iniciativa que vai a permitir contar cun catálogo…

Ver+

O Concello de Pontevedra segue a loitar contra a Velutina nunha nova campaña

A loita contra a velutina continúa. O Concello comeza unha nova xeira de charlas informativas con asociacións veciñais e sociais e centros educativos co fin de dar a coñecer que é e como combater esta praga , ademais dunha nova campaña de trampeo da man do Grupo de resistencia anti velutina (voluntarios), coordinado polo servizo municipal de Medio Ambiente Natural. A retirada de niños, que enfrontaban a partir de abril-maio, adiántase nesta ocasión “polo inverno tan quente que tivemos”. O concelleiro de Parques, Xardíns e Medio Ambiente Natural, Alberto Oubiña…

Ver+

A Escola de Música Municipal de Sanxenxo adáptase demandas de familias e profesorado.

Unha das principais novidades neste curso foi a modificación do plan de estudos. Esta modificación, que vén dar resposta a unha reiterada demanda das familias, consistiu no adiantamento da idade para iniciar estudos de maneira que os nenos e nenas de 3 e 4 anos poden cursar a materia de Iniciación Musical. Así pois, son 19, dun total de 137, os alumnos/ as matriculados nesta materia cunha carga lectiva dunha sesión semanal de 50 minutos e están divididos en 3 grupos. Esta ampliación de estudos, así como a asunción da…

Ver+

Semana ao Vivo. Actuacións. Allariz

A música ao vivo terá, como é habitual, un protagonismo especial na programación da Semana Santa ao Vivo en Allariz. O casco histórico encherase de ritmo grazas ás actuacións de rúa dos grupos galegos: Adrián Timms (folk/indie/pop), Banet (indie-pop, funk, synth-pop, psicodelia), Raiceira (folk tradicional), Iván Caride (pop-rock)¡, GarménHarper (tradicional/bossa/clásico/versións) e Sheila Patricia (world music/pop). Tamén actuará o grupo alaricano Os dous porquiños e o solista Rubén Darío de Prado con versión de distintos estilos musicais. E como novidade, xa que o pasado non puido ser polo mal tempo, incorpórase ás actuacións…

Ver+

A actriz Isabel Blanco, galardoada co XXXV Premio “Celanova, Casa dos Poetas”

O xurado do premio “Celanova, Casa dos Poetas”, presidido por José Luis Ferro Iglesias e do que formaron parte, por presencia física ou por delegación de voto, os patróns da Fundación que á marxe se expresa, logo de teren deliberado sobre as propostas internas presentadas e valoradas as súas traxectorias vitais no campo da defensa da cultura galega e de Galicia (tal e como recollen as bases), por unanimidade acordou resolver o que segue: Concederlle o XXXV Premio “Celanova, Casa dos Poetas” á actriz Isabel Blanco polo seu compromiso vital…

Ver+