“É un luxo competir na casa e como en todas as carreiras sairei a gañar”. Gómez Noya no Mundial de Triatlón de Pontevedra

Foto: MartinPutz / Wikipedia Javier Gómez Noya estivo presente hoxe no acto de presentación do patrocinio do Banco Santander como Tilte Sponsor do Campionato do Mundo Mutideporte (Mundial de Tríatlon) que se disputará en Pontevedra do 27 de abril ao 5 de maio, en conexión directa dende Nova Zelanda o día do seu 36 aniversario. Dende a oficina do Banco Santander na Rúa Xeneral Gutiérrez Mellado onde tivo lugar a rolda de prensa, se lle coreou o “cumpreanos feliz” coa presenza do alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, a directora da…

Ver+

Aberto o prazo para acoller nenos e nenas saharauís dentro do programa ‘Vacacións en paz’. Ourense

O Concello de Ourense abre, até o 17 de abril, a convocatoria para que as familias ourensás poidan anotarse no programa ‘Vacacións en paz’ de acollida a nenos e nenas saharauís, de entre 8 e 12 anos de idade, que viven nos campamentos de refuxiados do Tinduf. A iniciativa naceu en 1996, dando lugar á colaboración entre o Concello de Ourense e a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí O obxectivo principal deste programa, que se desenvolve entre os meses de xullo e agosto, é o de evitarlles que permanezan…

Ver+

‘Correndo por Ourense’ abre o prazo de inscricións

O Consello Municipal de Deportes abriu o prazo para inscribirse no circuíto de carreiras populares Correndo por Ourense, que acada a súa novena edición cun calendario de seis probas que comezan no mes de maio, coas citas do  Vinteún (día 5) e do Couto (día 25). Para anotarse só hai que seguir as instrucións do espazo web [www.deportesourense.com] até o mércores anterior a cada carreira, volvéndose abrir o luns seguinte a cada proba. Ten un custe de 7€ (para as 6 carreiras) para as categorías sub18, sub23, sénior e máster. Para…

Ver+

Entrega Premio IX Certame de Relatos de Muller Matilde Bares. Bueu

A viguesa María López Correa recibiu este venres o premio do IX Certame de Relatos de Muller Matilde Bares, que gañou co seu relato “As fillas da Manola”, no que conta catro historias de diferentes mulleres emparentadas entre si, unidas pola soidade ante os atrancos das súas vidas, e a través das que se realza a importancia da creación dunha rede de apoio entre as mulleres. No acto, celebrado no salón de plenos da Casa Consistorial, López Correa salientou que o relato naceu coa finalidade de “resaltar a forza e…

Ver+

Seguen as obras do Camiño das Salinas e a Praia de Canelas. Sanxenxo

A actuación que mellorará substancialmente o Camiño As Salinas continúa a bo ritmo e estará terminada nos próximos días. O camiño de As Salinas é un paso, duns 500 m de lonxitude, que conecta o núcleo da Revolta coa zona da Lanzada. Na actualidade prodúcense continuas inundacións no viario os días de choiva e ademais o firme, debido maioritariamente á súa antigüidade, atópase nun estado de considerable deterioración, con importantes fochancas e roturas no pavimento. A mellora das condicións deste viario permitirá que as persoas que o utilicen diariamente, sexan veciños…

Ver+

Abril: Mes da Música en Sanxenxo

A Escola de Música organiza un ciclo de concertos baixo o título “Sons en Sanxenxo”. Os dous obxectivos principais do ciclo son enriquecer a formación musical do alumnado matriculado na Escola e achegar aos veciños e veciñas un programa cultural amplo. Este ciclo está organizado en colaboración co CMUS Manuel Quiroga e a Banda de Música de Sanxenxo e nel mostraranse catro formacións musicais diferentes: concerto lírico formado por voz e piano, música de cámara con tríos e cuartetos de corda, banda de música e orquestra sinfónica. E é que…

Ver+

Mostra de Poesía Visual na Casa dos Poetas. Celanova

A Casa dos Poetas acolle desde o 26 de marzo ata o 31 de maio unha exposición de Poesía Visual. Trátase de vinte traballos froito do obradoiro impartido polo gravador Xosé Poldras durante o mes de febreiro en Celanova.  Os seis participantes deste taller elaboraron en primeiro lugar ensamblaxes para seren fotografados combinando obxectos. Nunha segunda sesión traballaron en grupo o retoque dixital das imaxes para despois complementalos con textos dos poetas de Celanova, como son Manuel Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro. Unha mostra, polo tanto colectiva tamén na…

Ver+

O Programa RE reparte 5.000 litros de compost xerado nas illas de compostaxe. Allariz

A área de medio ambiente do concello de Allariz,  a través do programa RE, vén de repartir 5.000 litros de compost ás persoas usuarias das zonas de compostaxe comunitaria. Entre o pasado mes de febreiro e a primeira quincena de marzo os operarios municipais encargados do programa RE, de reciclaxe e compostaxe comunitaria, traballaron na criba e reparto do compost situado nas caixas instaladas nas 25 zonas de compostaxe comunitario. “Este compost é froito das achegas de restos de comidas no último semestre de 2018 que, unha vez madurado, queda…

Ver+

Dende Merluzoteca a comida de pucheiro, oferta no novo primeiro andar do Mercado. Pontevedra

Trece das catorce ofertas que se presentaron para ocupar os locais do primeiro andar do Mercado de Abastos pasaron o primeiro filtro da adxudicación. Segundo explicou esta a concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías, unha proposta tivo que ser rexeitada porque tiña defectos de forma na presentación da oferta. O departamento xa ten aberto o sobre coa proposta técnica, que son as seguintes: Mexillóns en diferentes variedades Comida de pucheiro para tapas e para levar a domicilio Vexetalia: comida só con verduras Polboteca, con polbo da Illa de Ons.…

Ver+

Pontevedra ampliará o espazo para autocaravanas nos Mundiais de Tríatlon

O Concello de Pontevedra mantivo unha reunión coa Asociación galega de Autocaravanas para abordar a súa participación nos campionatos do mundo de Tríatlon que se celebrarán na cidade do 27 de abril ao 5 de maio. Esta reunión na que estivo presente a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, a concelleira de Promoción da Cidade e Turismo, Anabel Gulías e o portavoz da Policía Local, Manuel Omil, serviu para articular a colaboración desta entidade no principal evento deportivo que acollerá Galiza neste 2019 dado que é un medio de transporte moi…

Ver+