Visitando o Museo da Carabela Pinta de Baiona e repaso a súa historia

Foto: Reproducción da Carabela “La Pinta” Wikipedia / Miguel Ángel “fotógrafo” Baiona foi o primeiro porto de Europa que recibiu a noticia da descuberta de América. O 1 de marzo de 1493 a carabela Pinta, capitaneada por Martín Alonso Pinzón, atracou nestas augas. Coa conmemoración do V Centenario do Descubrimento construíuse unha réplica da embarcación que permanece amarrada para os visitantes nun dos peiraos. En 1999 volveuse acondicionar o pequeno museo colombino que alberga a nave, dotándoa de todos os elementos da época colombina, tanto da cultura cristiá coma da indíxena…

Ver+

Proxecto definitivo do novo Skatepark. Pontevedra

O Concello de Pontevedra recibirá nestes días o proxecto definitivo do novo skatepark que está previsto instalar nunha parcela do campus universitario de 10.600 m2 (na entrada do campus) aínda que a ocupación da estrutura do skatepark é de 1.342 m2. O concelleiro de Xuventude, Alberto Oubiña, acompañado de representantes da asociación de skate de Pontevedra presentaron hoxe este proxecto, no que colaboraron os deportistas; unha vez recibido será supervisado polos técnicos municipais e entrará no proceso de contratación. O custe estimado, inicialmente, é de 500.000 euros. Aínda que a…

Ver+

Música para a 56ª Feira do Viño do Ribeiro

A Feira do Viño do Ribeiro, que este ano alcanza a súa 56ª edición, terá lugar os vindeiros días 3, 4 e 5 de maio de 2019, no recinto da Alameda, en Ribadavia (Ourense), presenta as actuacións musicais para a presente edición. Este ano participarán un total de 38 adegas que ofrecerán os seus viños a todos os visitantes que se acheguen ata Ribadavia durante os tres días do evento e que terán oportunidade de gozar do ambiente que, nos momentos cume como son o aperitivo e a sesión nocturna,…

Ver+

Chega Ponteguapa. Para encher Pontevedra de cor

Encher os balcóns e as fiestras de cor, luz e alegría é un dos eixos da campaña Ponteguapa, coa que Pontevedra daralle a benvida á primavera. Ao abeiro desta iniciativa a Concellería de Parques, Xardíns e Medio Ambiente Natural repartirá plantas entre a veciñanza para que adornen as casas, unha repartición que se fará en cinco quendas e de xeito festivo, arroupadas con obradoiros infantís de flores de origami e material de refugallo, contacontos e actuacións musicais. En total entregaranse 4.000 plantas das variedades petunias, calibrachoa, margaridas e perlagonium (xeranios).…

Ver+

Fin de semana de Regata en Bueu. X Bandeira de Bateis

O peirao de Bueu dará a saída este sábado, a partir das 16 horas, á X Bandeira Concello de Bueu de Bateis, organizada polo Concello de Bueu e o Club do Mar de Bueu- Teccarsa.   Esta actividade, que xa vén sendo unha proba clásica no calendario de regatas de Bateis da Zona Sur, terá o formato de regata en liña, en quendas lanzadas na mesma categoría, cun minuto de intervalo, e con cinco minutos entre as distintas categorías. Así o destacaron na rolda de prensa celebrada esta xoves Félix…

Ver+

Intensa actividade cultural para a fin de semana no Concello de Bueu

A vila de Bueu despide marzo cunha chea de actividades organizadas polo Concello e diversos colectivos. Así, este venres, o marinense Benito Piñeiro Sanjorge presentará ás 20 h na Sala Domínguez Búa o poemario Los créditos del equilibrio, nun acto organizado pola Librería Miranda no que estará acompañado da tamén poeta Carmen Quinteiro e do editor Ángel Marcelo.  O sábado, o colaborador cultural Daniel Chapela organiza un recital poético aberto a partir das 12 h na mesma sala no que a protagonista será a poeta Emma Pedreira. Pola súa banda,…

Ver+

XXIII Festival de Jazz de Primavera de Ourense. Programa

O Festival de Jazz de Primavera de Ourense chega á súa edición número 23 cunha sensacional escolma de formacións musicais, e con 11 concertos que se desenvolverán desde o día 4 de abril ate o 4 de xuño. Esta mañá tivo lugar no salón de plenos do Concello a presentación do certame, na que participaron o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e a concelleira de Cultura, Belén Iglesias, xunto con Eduardo Rodríguez, responsable de Café Latino e Marco Vázquez, da Fundación Florencio Álvarez. Será unha edición con ampla presenza de…

Ver+

Programación Cineclube Pontevedra para o mes de Abril

SESIÓNS DE CINECLUBE: SUSANA DE SOUSA E RITA AZEVEDO, DÚAS VOCES IMPRESCINDIBLES DO PANORAMA CINEMATOGRÁFICO CONTEMPORÁNEO MARTES 2 | 20:30 | TEATRO PRINCIPAL DE PONTEVEDRA 48 Susana de Sousa Dias, 2009, 93 min., VOSE Lingua: Portugués. Que revela un retrato fotográfico sobre un aparato policial? Que revela unha foto tomada hai 45 anos sobre un período ditatorial xa clausurado? E sobre a sociedade contemporánea? Como espertan as fotografías os recordos das e dos seus protagonistas? 48 radiografa os corenta e oito anos de ditadura de Salazar (1926-1974), a ditadura europea máis lonxeva do século…

Ver+