Personaxes de quiosco

Moitos din que as mellores lembranzas son as da infancia: melosa vivencia onde as preocupacións nin acadaban a categoría de tal. Durante a infancia as lambetadas xogan un papel moi, moi importante; son os pícaros verdadeiros ”gourmets” do doce e o peperete. Ninguén como eles para dar valor a ese mundo único que representa o sitio, tenda ou quiosco onde se venden as prezadas lambonadas e outros artigos da nenez. Nunha ecuación onde conflúan infancia, lambonadas e a cidade de Pontevedra non sería estraño que a incógnita se despexase na…

Ver+

Actos polo Día do Autismo nos Concellos do Morrazo

Este martes, 2 de abril, celébrase o Día Mundial do Autismo, e por iso os concellos do Morrazo colaboran nos diversos actos organizados por toda a comarca ao longo desta semana pola Asociación Autismo Morrazo e a Aspansim. Ao longo desta xornada tiveron lugar diversos eventos de visibilización desta enfermidade. As fachadas das Casas Consistoriais prendéronse de azul e os colexios da comarca leron un manifesto, no que demandan aos líderes políticos que, entre outras cuestións, promovan a total implementación da Convención da ONU sobre os Dereitos das Persoas con…

Ver+

Proxección ‘Todos lo saben’. Cineclube Carballiño

Venres día 5 no Auditorio Municipal Manuel María ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 en VOS Unha  película de Asghar Farhadi, gañador de dous premios Oscar, Todos lo saben. A película conta cunhas excelentes interpretacións de Javier Bardem, Penélope Cruz e Ricardo Darín. ¬+INFO CLICK AQUÍ

Ver+

Xirakarting no Parque Barbaña esta fin de semana. Ourense

A paixón do motor volve esta fin de semana a Ourense da man da décimo terceira edición do Xirakárting, un evento destinado ao público familiar e que, do 5 ao 7 de abril, quere facer gozar do pracer de conducir nun circuíto pechado e inocular nos máis cativos a paixón polo deporte das catro rodas. “Unha paixón que, aos poucos, está xestando toda unha xeración de novos pilotos”, afirmaba o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, na presentación do evento. “Pilotos en masculino e feminino, pois este evento é parte do…

Ver+

As bandas Marea e Siniestro Total, primeiras confirmacións no cartel das Festas de Ourense 2019

O cartel das festas de Ourense 2019 comeza a despexar incógnitas coa confirmación das primeiras bandas: Marea e Siniestro Total, dous dos nomes máis senlleiros do panorama rock, que estarán na nosa cidade o xoves 28 e o venres 29 de xuño respectivamente. Os navarros, logo de 7 anos de ausencia, volven “coa xira máis grande endexamais contada” para presentar ‘El azogue’, o seu novo álbum (Adianto: En las encías). O concerto será ás 22:30 horas na Explanada de Expourense, e serán teloneados por Lülu (web oficial). Porén, as entradas poranse…

Ver+

O modelo de cidade pontevedrés visita Dublín

O Concello de Pontevedra participou  nunha xornada organizada pola Oficina do Parlamento Europeo en Dublín para abordar o cambio climático na capital. Até alí se trasladaron os concelleiros de Promoción da Cidade e Obras, Anabel Gulías e Demetrio Gómez, que expuxeron os logros de Pontevedra na mellora da calidade de vida dos veciños, unha exposición que suscitou moitas preguntas entre os presentes. A xornada trataba de abordar como Dublín debe afrontar o cambio climático, e a participación de Pontevedra pretendía ofrecer a visión dende a redución de vehículos, co obxectivo…

Ver+

Os Finalistas do Concurso de Ideas visitan as instalacións de Nauta. Sanxenxo

As empresas finalistas do concurso de ideas visitaron, acompañados do xurado, as instalacións do Nauta Sanxenxo. As 10 empresas finalistas neste proceso concursal son: Paredes Pedrosa. Trespes Arquitectos Guillermo Vázquez Consuegra Arquitecto. Tuñón Arquitectos Creus e Carrasco en UTE con Temha Estudio Carme Pinós UTE Estudi Biga y office Architectura in Barcelona. Manuel Gallego Jorreto Arquitectos, UTE  Burgos & Garrido Arquitectos y Alda Jover Arquitectos Moneo Brock Studio Arup. Nesta visita, puideron coñecer de primeira man as instalacións completas, así como o seu uso e dedicación e recolleron tamén unha…

Ver+

Aberto o prazo de preinscrición para o programa formativo do GDR Pontevedra Morrazo

Dende o luns 01 de abril estarán abertas as listas para inscribirse nos cursos do programa formativo Xestión Agroforestal Sustentable 2019 que celebrará o GDR Pontevedra Morrazo os vindeiros meses de maio e xuño. No marco da medida Leader do PDR de Galicia 2014-2020 O GDR Pontevedra Morrazo deseñou o programa formativo Xestión Agroforestal Sustentable para desenvolver no territorio reforzando e mellorando as prácticas sostibles dos sectores agrogandeiro e forestal. O programa formativo de 54 horas lectivas, ten unha dobre finalidade: Mellorar as prácticas sostibles dos sectores agrogandeiro e forestal…

Ver+

Campañó inaugura Ponteandadas-2019. Pontevedra

Un roteiro circular de 12 quilómetros, e dificultade media-alta inaugura o vindeiro domingo 7 de abril a nova edición de Ponteandadas, unha iniciativa na que van da man a Concellería de Deportes e Naturgaliza Club. O punto de encontro para o arranque da andaina terá lugar na igrexa de San Pedro de Campañó, ás 10.00 horas. As persoas interesadas en sumarse a esta proposta deportiva están a tempo de inscribirse no enderezo electrónico ponteandadas@gmail.com o no teléfono 625482636. As inscricións poden facerse para cada unha das rutas da tempada ou…

Ver+

Volve a Aña Urbana. Programa. Pontevedra

A praza do Concello será o vindeiro sábado 6 de abril no centro neurálxico da Aña Urbana. Música tradicional – con toque de leghón e sen el- obradoiros, baile, roteiros polas rúas e prazas da zona monumental e como fin de festa un concerto de Pelepau que dará paso ao serán da Aña Urbana con Rexubeiras, Solimán, Grupos da AC Trépia, entre outros. Unha programación extensa e aberta á participación para celebrar o 10 aniversario de Trépia, a asociación que va da man coa Concellería de Festas, na organización da…

Ver+