Prensa Galega: El Anunciador, ‘o avó’ do Diario de Pontevedra

Foto. El Anunciador // Galiciana Sae o 1 de xaneiro de 1877. O subtítulo do mesmo era Diario de Noticias anuncios e intereses morales y materiales  fundado polo seu propietario José María Madrigal. Os diferentes directores foron Indalecio Armesto, José Suárez, Juan Manuel Rodríguez, Cosme Fernando Soler, Emilio Couto, José Sequeiros Matos. Nos primeiros tempos como periódico foi de corte independente, nunha segunda etapa foi liberal, e nunha terceira plenamente republicano tendo entre as súas premisas estar ao servizo da democracia non apoiando a monarquía. Precisamente polo seu ideario en 1881 recibiu…

Ver+

Xeración Sónica nexo de unión entre proxectos musicais e empresas locais. Pontevedra

Xeración Sónica da un paso adiante e preséntase ás empresas de Pontevedra ten Puntazo co fin de darlles a coñecer o seu proxecto e tratar de abrir un camiño de colaboración comercio local-axentes sociais, artellando un proxecto RSE (Responsabilidade Social Empresarial) en Pemes. O encontro tivo lugar na Estudo Bonobo (rúa San Antoniño, 79) onte ás 20 horas, un encontro no que estivo presente o alcalde Miguel Fernández Lores e concelleiro de Normalización Lingüística e Mocidade, Alberto Oubiña Xeración Sónica é un proxecto de titorización de proxectos musicais e audiovisuais…

Ver+

Campionato Galego de Voleibol Alevín e Benxamín. Pontevedra

Pontevedra acolle o vindeiro sábado 6 de abril o Campionato Galego de Voleibol Alevín e Benxamin, que reunirá no CGTD un total de 241 nenos e nenas, de 42 equipos de distintos clubs de Galiza. A concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, presentou a nova cita deportiva da cidade xunto con Patricia Valcárcel, do Voleibol Club Pontevedra; Ramón Bañe, secretario da Federación Galega de Voleibol e Daniel Benavides, delegado de Deportes da Xunta. Máis que unha competición (que tamén é) é unha festa do voleibol, subliñou Patricia Valcárcel. O encontro é…

Ver+

Sanxenxo aposta por mellorar a seguridade vial no entorno dos centros educativos

Dentro do Programa de Seguridade Viaria en centros educativos, está o apostar pola mellora da sinalización das contornas de cada un deles. As áreas de Educación e Policía Local realizaron o informe previo das necesidades de cada colexio. As melloras recollidas no devandito informe afectan a CEIP CRUCEIRO, CEIP NANTES, CEIP PORTONOVO, COLEXIO ABRENTE, IES VILALONGA, CEIP A FLORIDA e ESCOLA INFANTIL O TOMBO. As obras recollen o repintado e ampliación de pasos de peóns, senllas peonís e zonas de aparcadoiro, ademais de instalación de sinalización vertical ou modificación das…

Ver+

Sanxenxo abre o prazo para inscrición nas escolas municipais de O Tombo e O Revel

Para o curso 2019-20 o prazo de presentación de solicitudes, tanto de reserva como de novo ingreso, é do 4 ao 26 de abril de 2019 (ambos incluídos). Os modelos de solicitude serán facilitas nas propias Escolas Infantís e no rexistro do Concello de Sanxenxo. Tamén poderán descargarse na páxina web do Concello http://www.sanxenxo.es Únicamente se poderán presentar solicitudes fóra do prazo establecido, nos seguintes casos: Nacemento, acollemento ou adopción do/a neno/a con posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes. Cambio de concello de residencia da unidade familiar. Outras circunstancias…

Ver+

O Concello de Pontevedra reúnese con veciños de Xeve e Verducido con motivo dos Mundiais de Tríatlon

O Concello de Pontevedra segue a manter nestas semanas encontros veciñais para explicar pormenorizadamente os percorridos dos campionatos do mundo de tríatlon que se celebrarán na cidade do 26 de abril a 5 de maio. Onte foi no Teleclub de Santo André de Xeve, e hoxe pola tarde, ás 20.30 horas, será no Local social de Verducido. Aos encontros asisten a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, a concelleira delegada do rural, Pilar Comesaña e o portavoz da Policía Local, Manuel Omil, que ademais de explicar os percorridos das probas que…

Ver+

Pontevedra subvenciona a liña de bus de Monte Porreiro a partir da viaxe número 6

O Concello de Pontevedra renovou o contrato de subvención da liña de transporte público a Monte Porreiro coa empresa Autocares Rías Baixas, adxudicataria desta liña concesión da Xunta de Galicia. Nesta ocasión será por un só ano e inclúe unha mellora ao respecto de anualidades anteriores: a subvención a partir da viaxe número 6 (até o de agora era a partir da viaxe número 12) nun 60% do billete. O billete ten un custe de 1,45 céntimos e a partir da viaxe número 6 custará 0,78 céntimos para todas as…

Ver+

A Feira do Viño de Ribeiro ábrese aos distribuidores e ao enoturismo: O RibeiroBus

A Feira do Viño do Ribeiro, que este ano alcanza a súa 56ª edición, terá lugar os vindeiros días 3, 4 e 5 de maio de 2019, no recinto da Alameda, en Ribadavia (Ourense), da a coñecer dúas actividades novidosas para a presente edición. Por un lado, despois de varias reunións coas adegas e colleiteiros participantes, (lémbrase que este ano participarán un total de 38 adegas) e de observar que ano tras ano medraba o interese e a presenza de distribuidores ao longo dos días do evento decidiuse facilitar o…

Ver+

Conferencia: “Derogar a LOMCE. Un reto educativo” . Ateneo de Ourense

Hoxe  4, xoves, ás 20:00 horas no Centro Cultural Marcos Valcárcel Falarán: un representante da Fundación Luis Tilve – Entidade organizadora -, don Rogelio Pérez Poza pola Asociación de Renovación Pedagóxica Escola Viva e don Guillermo Meijón Couselo, Deputado e Vicepresidente 1º da Comisión de Educación.

Ver+

Programa de actividades de conciliación dos centros cívicos na Semana Santa. Ourense

Ourense reforza este ano o programa de actividades que organiza nos 5 centros cívicos para facilitar a conciliación laboral e familiar durante as vacacións escolares de Semana Santa. A Concellería de Asuntos Sociais amplía este ano o horario das actividades, que se realizarán cada día desde as 9 até as 14 horas, nos centros cívicos da rúa Colón, A Cuña, A Ponte, As Termas e Seixalbo. Así, durante os días 15, 16, 17 e 22 de abril, escolares de Educación Infantil e Primaria poderán participar nunha chea de actividades que…

Ver+