E ao final do camiño atopámonos con Diego Xelmirez en Compostela

Primeiro arcebispo de Santiago.  O seu nacemento no 1068 non se sabe moi ben se foi en Santiago de Compostela ou Catoira – era fillo de Gelmirio, cabaleiro e entón gobernador, ao servizo do bispo Diego Peláez, das Torres do Oeste en Catoira, polo que é posible que nacese nesta localidade – e falecido en Santiago en 1140 . É moi posible que desenvolvese os seus estudos en Francia, en París e crese que tamén en Cluny (Orde de Cluny), do mesmo xeito que na escola catedralicia de Santiago .  Sábese que tivo…

Ver+

IV Maratón de Mus Cidade de Pontevedra

O Pazo de Cultura acolle mañá sábado 6 de abril o IV Maratón de Mus “Cidade de Pontevedra”. O Torneo está organizado pola Asociación Provincial de Mus “Rías Baixas”. Un total de 50 parellas pontevedresas e chegadas de toda Galiza participan no campionato que arranca ás 10.00 horas. A entrega de premios está prevista arredor das 21.00 horas. Os premios inclúen 1 praza directa ao Máster Nacional de Mus que terá lugar en Barcelona no vindeiro novembro, con gastos de inscrición e hotel. Ademais haberá 3 prazas ao Campionato Galego…

Ver+

Xornadas de Actividades Físicas para tod@s. Bueu

A concellaría de deportes de Bueu continúa apostando pola formación de hábitos saudables e por iso organiza as “Xornadas Informativas Actividade Física para Tod@s”, que se celebrarán do 8 ao 11 de abril no Centro Social do Mar. Segundo apuntou Manolo Otero, concelleiro de deportes, na rolda de prensa deste xoves, o obxectivo é “que a poboación dispoña de recursos, medios e información para o coidado da súa saúde e o goce do seu benestar”. Todas as charlas terán lugar ás 20 h (cunha duración de aproximadamente unha hora máis…

Ver+

Pontevedra, protagonista do III Encontro A educación dende o compromiso do territorio no campus de Ourense

Pontevedra foi a protagonista absoluta esta mañá do III Encontro A educación dende o compromiso co territorio, que promove o CIFP Portovello e a Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense. Até o campus desprazouse o alcalde Miguel Fernández Lores quen como poñente principal compartiu, durante dúas horas, reflexións e debate con máis de 300 estudantes, tanto universitarios como de ciclos formativos vencellados á educación e á educación social. Fernández Lores expuxo as características do modelo Pontevedra, coñecido e recoñecido no mundo, por ter sido situado as persoas…

Ver+

Festa da degustación de Millo de Corvo. Meiro (Bueu)

O lugar bueués de Meiro acolle do 5 ao 7 de abril o XXI Encontro – Degustación do Millo Corvo, unha festa que nace no 1998 coa vocación de recuperar esta variedade de millo negro que se utilizaba no pasado e que se foi perdendo co paso do tempo. Por iso, dende a Asociación Cultural Meiro tomaron a iniciativa e a día de hoxe conseguiron que este encontro gastronómico e cultural sexa un atractivo da terra morracense, como demostra a súa declaración como Festa de Interese Turístico de Galicia. ¬VER…

Ver+

O Pavillón de Oira acollerá o 6 e o 7 de abril a primeira edición de Market&Merka. Ourense

O Pavillón de Oira acollerá os días 6 e 7 de abril a primeira edición de Market&Merka, unha actividade organizada pola asociación Comercio Vivo Ourense en colaboración do Concello, que contará coa participación dunha trintena de negocios da nosa cidade. Ademais da oportunidade de facer compras a prezos mínimos, os asistentes poderán gozar de actividades para a cativada, música en directo e  sesión vermú. Para o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, esta cita comercial “é  unha oportunidade fantástica para apoiar ao noso comercio local, porque mercar en Ourense é xerar…

Ver+

Programación Ateneo de Ourense nas próximas datas

Día 6, sábado, ás 17:00 horas: Xadrez. Rolda 10. Liga Galega por equipos. Segunda División Grupo F. Ateneo de Ourense – Attake Peonil (No local da Sociedad Artística La Troya). Día 8, luns, ás 17:00 horas: Conferencia: “As violencias invisibeis na violencia machista” con Rocha Rousia. Conferencia: “Enpoderamento feminino a través da visión transpersoal dunha mesma en conxunto coas iguais” con Inma G. Rodicio. Organiza: As do 8. (Na sede temporal do Ateneo de Ourense no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Progreso 30).

Ver+

XI Torneo Primavera de Ximnasia Rítmica Cidade de Ourense

Ourense acollerá, este domingo 7 de abril na cancha central do Pavillón dos Remedios, o décimo primeiro Torneo Primavera de Ximnasia Rítmica Cidade de Ourense. O evento deportivo conta coa inscrición de 556 ximnastas pertencentes a 28 clubs de toda Galicia e de diferentes localidades españolas. Desenvolverase en horario de 10:30 a 14:00 horas, pola mañá, e de 15.30 a 18:30 horas, pola tarde, e será retransmitido en directo a través do espazo web www.cxpavillonourense.com debido ao tirón desta disciplina. “A organización prevé que se despracen a Ourense un milleiro de persoas…

Ver+

Retómase o acondicionamento do campo de fútbol de Ponte Sampaio. Pontevedra

A Unión Temporal de Empresas E.C.Casas – Imesapi retoma hoxe mesmo as obras de acondicionamento do campo de fútbol de herba sintética de Ponte Sampaio, ante a renuncia, o pasado mes de febreiro, da empresa Ediserpo. Serán estas dúas empresas as que se encargarán de continuar co proxecto e rematar toda a intervención prevista que vai máis aló da construción do campo, xa que tamén se inclúe a demolición das actuais instalacións deportivas e estender o espazo de lecer até a praia fluvial. No tocante ao campo de fútbol están…

Ver+

Exposición “CRÓNICA DE MAIO. PARIS 1968”. Liceo de Ourense

Inauguración 5 de abril ás 20.30 horas no Liceo de Ourense. Artista:  Jesús  Días Ferrez Esta exposición está composta por 44 obras do autor valdeorrés sobre o acontecido en París, onde el vivía, durante as revoltas de maio de 1968. A exposición permanecerá ata o 30 de abril.  

Ver+