IX Circuíto Correndo por Ourense

Seis carreiras populares que percorren outros tantos barrios da cidade, para atletas de todas as idades e niveis competitivos. Esta mañá presentouse no salón de plenos do Concello esta novena edición, que comezará no mes de maio, cunha dobre cita: nos barrios do Vinteún (día 5) e do Couto (día 25, proba nocturna). Continuará o 30 de xuño, polo centro da cidade; o 8 de setembro, na zona universitaria; o 29 de setembro, na Ponte; e rematará o domingo 20 de outubro, na Carballeira. Para anotarse só hai que seguir…

Ver+

Concerto “entre amigos”. 100 anos da Coral de Ruada. Ourense

O Auditorio Municipal de Ourense acollerá este venres, día 12 de abril, ás 20.30 horas o concerto “De Ruada entre amigos”, no que a coral ourensá celebrará o centenario do seu nacemento. As persoas interesadas en desfrutar do espectáculo poderán recoller as entradas desde mañá ate o propio venres, de 9 a 14 horas, na recepción do Auditorio. Son gratuítas, cun máximo de 2 localidades por persoa. En caso de que quedaran entradas dispoñibles, poderíanse retirar tamén o propio venres pola tarde no despacho de billetes. O concerto, organizado polo…

Ver+

“I Semana Ourensá de Análise política”. Ourense

A Deputación de Ourense e a Fundación Castelao organizan a “I Semana Ourensá de Análise Política” centrada nas visións e perspectivas da organización territorial do Estado. Este ciclo de conferencias desenvolverase do 8 ao 12 de abril, ás 20.00 horas, na antiga Biblioteca no Pazo Provincial, e comezará hoxe, luns, 8 de abril, con Javier Pérez-Royo, quen analizará a cuestión da “Constitución 40 anos despois. Problemas e solucións”. Ao día seguinte, será a quenda para a “Vindicación da España constitucional” da man de Roberto Blanco Valdés. O mércores, 10 de…

Ver+

Proxección ‘ Secretos e mentiras’. Cineclube Carballiño

14 de abril . No Auditorio Municipal Manuel María ás 19:00 horas  Unha das películas do ciclo dos nosos 50 anos, a da década dos 90, Secretos e mentiras, do director británico Mike Leigh. Gañadora da Palma de Ouro no Festival de Cannes, 5 nominacións aos premios Oscar, 3 nos Globos de Ouro, Goya á Mellor película europea…toda unha maravilla de película chea de sentimentos e emocións. +INFO CLICK AQUÍ

Ver+

Proxección ‘Infiltrado en el KKKlan’. Cineclube Carballiño

12 de abril . No Auditorio Municipal Manuel María  ás 20:00 en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 en VOS.   Última película do director norteamericano Spike Lee, Infiltrado en el KKKlan, gañadora do Gran Premio del Jurado no Festival de Cannes e do Oscar ao mellor Guión adaptado. Baseada en feitos reais, narra en tono de comedia o racismo dos anos 70 no USA. +INFO CLICK AQUÍ

Ver+

Colaboración da Fundación Celso Emilio Ferreiro coa Fundación Curros Enríquez. Celanova

A Fundación Celso Emilio Ferreiro, da man de Luís Ferreiro, fixo entrega esta semana ó presidente da Fundación Curros Enríquez de sete exemplares numerados da edición non venal do poema “Miña matria galega” de Celso Emilio dentro do clima de colaboración entre ambas entidades. “Miña matria galega” foi o poema galardoado co premio Rosalía na modalidade de Canto a Muller Galega nos Xogos Florais do Idioma Galego de Bós Aires en 1968. Esta versión foi publicada pola Editorial “NOS” de Bós Aires en 1969. Transmitimos o agradecemento da Fundación Curros…

Ver+

Programa de Actividades para “Os gozosos anos 30”. Bueu

8 – 21 DE ABRIL O espírito da cultura que converteu a vila Bueu nun fervedoiro artístico nos anos 30 será lembrado durante o mes de abril cunha serie de charlas, exposicións e festa na que serán protagonistas persoas como a pintora Maruja Mallo, os escritores Gonzalo Torrente Ballester e Rómulo Gallegos, o xornalista e alcalde Johán Carballeira, o fotógrafo José Suárez, ou o publicista Federico Ribas. A proposta que nace desde a concellaría de cultura, dirixida polo nacionalista Xosé Leal, buscará “recrear o ambiente de esplendor artístico e cultural…

Ver+

Discurso do alcalde de Pontevedra ás vítimas do nazismo

Teatro Principal de Pontevedra 6 de abril do 2019   Familias das persoas que hoxe homenaxeamos Compañeiras e compañeiros de corporación Representantes Institucionais e veciñais Amigas e amigos, moi bo día Estamos aquí para saldar unha débeda adiada durante décadas. Para rematar co esquecemento e traer de novo a Pontevedra, facendo que entren pola porta grande da historia, a sete veciños nosos: Manuel Coto Martínez, Urbano Sanmartín Abilleira, Antonio Gómez Torres, Claudio Tizón Vázquez, Macario Julio Cortegoso Rodríguez, Manuel Pérez Taboada e Ramón García Martínez. Sete nomes que merecen estar…

Ver+

Formación en igualdade para veciños e asociacións. Sanxenxo

O vindeiro día 09 de abril ás 19:30h no Pazo Emilia Pardo Bazán, terá lugar unha xornada de formación en IGUALDADE de oportunidades entre homes e mulleres para persoal das Asociacións do Concello de Sanxenxo, e demais veciños e veciñas interesados en asistir. O papel das persoas integrantes de asociacións como axentes socializadores e de cambio, resulta fundamental para o crecemento da nosa sociedade, polo que a introdución de principios básicos de igualdade entre mulleres e homes nos parece necesario e de aplicación continuada. O obxectivo  é achegar a igualdade…

Ver+