Bosques Mariños Galegos: Laminarias

Foto: Wikipedia / Stemonitis Nomes: Laminaria Ochroleuca, Laminaria, Canouco, Julión, Follada, Cinchón, Cachopo, Kelo, Laminaire. Na maior parte de de os fondos mariños galegos podemos atopar estes bosques de Laminarias. Conforman un importantísima ecosistema no que se protexen e crían numerosas especies de invertebrados – como as centolas– e multitude de peces. Estes bosques mariños ademais de por as Laminarias están compostos por outra gran riqueza de algas; pero as máis características son as propias Laminarias e a L. Hyperborea ; que son as que precisamente proporcionan esa inconfundible cor amarronado aos…

Ver+

Aberta a inscrición para o programa de APEGO de primavera

Xa está aberto o prazo de inscrición para a nova quenda de actividades do programa Apego en Pontevedra. A Concellaría de Normalización Lingüística, dirixida por Alberto Oubiña, desenvolve este programa de actividades tendo en conta o obxectivo do Apego: achegarlles ás nais e aos pais recursos que lles axuden a mellorar e enriquecer a lingua que falan na casa coas fillas e os fillos, así como a creación de espazos de socialización en galego para as familias. Consonte isto, as propostas ofrecidas para esta primavera abranguen obradoiros, charlas, unha camiñada…

Ver+

Novo obradoiro sobre o coidado das plantas. Ponteguapa. Pontevedra

O paisaxista José Souto impartirá mañá 10 de abril o seu segundo e último obradoiro sobre “O coidado das plantas e ornamentación de balcóns” , unha actividade que forma parte do programa Ponteguapa que promove a Concellería de Parques, Xardíns e Medio Ambiente Natural para dálle a benvida á primavera. O obradoiro terá lugar nos xardíns do doutor Marescot (fronte a Facultade de Belas Artes) ás 18 horas e ten unha duración aproximada de dúas horas. No caso de que chova a cita trasladarase á Casa da Luz, mantendo o…

Ver+

Festival Internacional de Poesía de Pontevedra. Chega PontePoética’9

Manuel Vilas, Valter Hugo Mäe, Jan Wagner, Antònia Vicens, Castillo Súarez, Baldo Ramos, Pilar Pallarés, Ismael Ramos e Silvia Penas… un elenco de luxo que fala de calidade, variedade e compromiso coa poesía. Chega o Festival Internacional de Poesía de Pontevedra, PontePoética’9. A concelleira de Cultura, Carme Fouces, presentou hoxe a novena edición do festival e fíxoo acompañada de Yolanda Castaño, directora de PontePoética e de Antón Sobral, directivo do Ateneo de Pontevedra, os alma mater dunha cita, cuxa continuidade -estamos no noveno ano- é un fito ao que se…

Ver+

Clausura da segunda edición do curso Big Data. Ourense

O CEO (Conselleiro delegado) da empresa galega Nortempo, César Ruiz Alonso, foi o encargado da masterclass final da segunda edición do Curso de Big Data. Trátase dunha actividade de formación pioneira, froito da colaboración entre o Concello de Ourense e a Fundación Telefónica, para ofrecer formación en competencias dixitais e tecnolóxicas co gallo de facilitar a inclusión laboral dos ourensáns e ourensás neste novo nicho empresarial. Ruiz Alonso impartiu unha ponencia sobre “O impacto de Big Data e a transformación dixital en recursos humanos”. Foi inmediatamente despois da presentación da…

Ver+

Ultimando os dispositivos de mobilidade de cara aos Mundiais de Triatlón. Pontevedra

A 18 días do inicio dos campionatos do mundo de tríatlon, o Concello de Pontevedra intensifica a súa actividade para ter lista a cidade e o concello para o 26 de abril. Hoxe celebrouse unha reunión de coordinación de todos os servizos municipais e empresas implicadas na organización do evento. Tamén se mantivo unha reunión cos usuarios do Mercado de abastos, e deuse a coñecer o plan de tráfico para o reasfaltado da Ponte dos Tirantes, medida necesaria para que se dispute o tríatlon. A reunión celebrada ás 10.00 da…

Ver+

Concello de Pontevedra e Deputación asinan o convenio para financiar o acondicionamento do novo local municipal en Ferreiros

O Concello de Pontevedra e a Deputación provincial de Pontevedra asinaron esta mañá o convenio de colaboración para o acondicionamento do novo local municipal na rúa Ferreiros. En virtude do acordo, a Deputación achegará a cantidade íntegra para remodelar o local cun investimento de 1.246.953,40 euros e o Concello será o encargado da adxudicación da obra, que executará a Unión Temporal de Empresas (UTE) Prace-San Emeterio. O acordo entre ambas administracións que estaba previsto asinar esta semana nun acto público, tivo que resolverse por valixa ante a imposibilidade de casar…

Ver+

Comeza o proceso de contratación do parque infantil de Médico Ballina. Pontevedra

A Xunta de Goberno Local do Concello de Pontevedra aprobou esta mañá abrir o proceso de contratación da instalación dun novo parque infantil na rúa Médico Ballina. Terá un orzamento de licitación de 175.000 euros e un prazo de execución de 3 meses. Dende a aprobación desta mañá e unha vez que o servizo de Contratación do Concello publique esta convocatoria no perfil do contratante municipal, as empresas terán un prazo de 20 días hábiles para presentar as súas ofertas. É dicir, terán até finais de abril para presentarse a…

Ver+

Mellora dos accesos ao Centro de Interpretación da Auga. Pontevedra

O Concello acondicionará o acceso e a parcela na que se sitúa o Centro de Interpretación da Auga nas instalacións do depósito regulador de abastecemento de Pontevedra, situado no Cimbelo, parroquia de Lérez. Esta inversión terá un custe de 280.097,65 euros e farase con cargo ás melloras do novo contrato do ciclo da auga que desenvolve a empresa Viaqua. Na actualidade este centro de interpretación dispón de moi difícil acceso dende a estrada ao Castelo, na parroquia de Lérez. A intención é melloralo ampliándoo, creando ramplas e tamén escaleiras en…

Ver+