Pontevedra conmemorará os 850 anos do Foro da cidade

O Concello de Pontevedra celebrará ao longo deste 2019 os 850 anos do Foro de Pontevedra, o documento asinado polo rei Fernando II en 1169 que dá privilexios aos vasalos locais, e que vai conformando os primeiros chanzos do que logo será a esplendorosa vila de Pontevedra. A Concellaría de Cultura será a encargada de pór en marcha unha serie de actividades e actos para conmemorar os 850 anos deste documento, que na actualidade se conserva no Museo de Pontevedra. Está prevista unha publicación na que participan unha ducia de…

Ver+

Xornada de portas abertas no novo Centro do Mercado de Estribela. Pontevedra

O concelleiro de Obras e delegado de Lourizán, Demetrio Gómez mantivo onte unha reunión con asociacións da parroquia para amosarlle o novo centro social, a Casa do Mercado, e fixar unha xornada de portas abertas para este sábado, 13 de abril, de 11 a 13.30 horas para todos os veciños e veciñas que queiran coñecela. No encontro de onte pola noite, a maior parte dos veciños quedaron gratamente sorprendidos polo resultado da remodelación deste equipamento municipal. Tamén abordaron as distintas posibilidades que ten o novo centro, e as asociacións quedaron…

Ver+

1º Certame de Regueifas do Concello de Sanxenxo

Hoxe pola mañá tivo lugar no auditorio do pazo Emilia Pardo Bazán, o I Certame de Regueifas do Concello de Sanxenxo, organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística do IES Sanxenxo en colaboración cos Equipos de Dinamización Lingüística do IES Vilalonga e Colexio Abrente. A idea é achegar a poesía, a regueifa e a improvisación dunha maneira lúdica ao alumnado dos centros de secundaria do municipio coa finalidade de fomentar a oralidad, a creación artística, eliminar prexuízos lingüísticos e recuperar a regueifa como unha tradición propia e un medio de achegamento…

Ver+

Campamento de verán de ESO a Mondariz. Concello de Sanxenxo

Desde o próximo 23 de abril ata o 15 de Maio, todos aqueles nenos e nenas de Educación Secundaria Obrigatoria que estean interesados en participar no campamento de verán, poderán inscribirse para solicitar a súa praza. O campamento farase do 23 ao 26 de xullo en Mondariz. No campamento poderán realizar actividades como tirolesa, rocódromo, kaiak, wakeboard, hípica, pádel surf e moitas máis. O prezo do campamento será de 180€ e para máis información ou para formalizar a inscrición poderá solicitarse no Pazo Emilia Pardo Bazán, de luns a venres…

Ver+

A marcha nocturna a prol da doazón. Pontevedrada-2019

Pontevedrada 2019. Estamos na conta atrás da novena edición da camiñada “Agasalla vida” a prol da concienciación da importancia da doazón altruísta (de órganos, sangue, tecidos….) que promove a Asociación de Amigos da Pontevedrada (Asampo) co soporte do Concello. A Pontevedra terá lugar o sábado 27 de abril e a estimación de participación ronda as 2.000 persoas. “A Pontevedrada fala moi ben da organización que a promove e do compromiso dos pontevedreses, e non pontevedreses, coa doazón de órganos, de sangue…” indicou o alcalde Miguel Fernández Lores, quen hoxe presentou…

Ver+

Arte e moda no 1º andar do Mercado de Pontevedra. Sétima Feira

O primeiro andar do mercado de abastos encherase de novo de moda, arte e deseño o vindeiro sábado 13 de abril. Unha nova edición de Sétima Feira, o mercado alternativo de Pontevedra, ocupará este espazo renovado, a “súa sede natural” como o ten definido a concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías. A cita coa Sétima Feira incluirá, como é habitual, actuacións musicais, obradoiros infantís e oferta gastronómica. As persoas que se acheguen o sábado até o primeiro andar do mercado, de 11.00 a 15.00 horas, atoparanse coas propostas das seguintes…

Ver+

O alcalde de Bueu reúnese coa oficina técnica do Pacto dos Alcaldes Polo Clima e a Enerxía

Félix Juncal, alcalde de Bueu, reuniuse na mañá deste xoves cun responsable da Oficina Técnica do Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía, órgano que servirá de enlace para asesorar a municipios e entidades participantes. Tras o encontro, o rexedor salientou que o próximo paso é elaborar ao longo deste ano o Plan de Acción para o Clima e Enerxía (PACE), un instrumento de acción que terá que xestionar o propio Concello e que deberá incluír varias liñas estratéxicas, como as infraestruturas e equipamentos públicos, o uso residencial, o…

Ver+

Bueu convoca unha reunión coa veciñanza da Illa de Ons

O alcalde de Bueu, Félix Juncal, convoca a todas as veciñas e veciños da Illa de Ons a unha reunión que se celebrará o vindeiro venres, 12 de abril, ás 18.30 h no salón de plenos da Casa Consistorial. O motivo da xuntanza é escoitar as demandas da cidadanía e explicar os trámites que o Concello leva a cabo para defender os intereses sociais neste espazo. Juncal mostra o seu malestar pola falta de “lealdade institucional” da Directora Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia, Ana María López, quen…

Ver+

As Doulas Sororas participan nun obradoiro impartido polo Instituto de Ciencias Sexolóxicas. Allariz

O Concello de Allariz xunto co Instituto de Ciencias Sexolóxicas (INCISEX) de Madrid, enmarcado nun convenio de colaboración, impartirá obradoiros a distintos colectivos de Allariz como a Escola de Familias ou a auxiliares do servizo de axuda a domicilio, coa finalidade de aportar coñecemento sexolóxico que aporte intervencións comprensivas coa diversidade. As primeiras en participar serán as Doulas Sororas que este venres, de 16:00h a 18:00h, participarán nunha actividade que aportará coñecemento “ para que podan acompañar dende a calma en diferentes situacións e fomenten, así , a convivencia”., explica…

Ver+