‘La Casa de la Troya’ en Pontevedra

 Foto: http://www.lacasadelatroya.com/ Alejandro Pérez Lugín (Madrid 1870 – A Coruña 1926) destacou pola súa faceta de novelista e xornalista. A súa nai era prima irmá de Rosalía de Castro, el mesmo estudou Dereito en Compostela e sempre foi admirador do país galego. Así pois, dentro da súa produción, Galicia está moi presente. Nesta terra ambientou títulos como Arminda Moscoso ou o conxunto de contos La corredoira y la rúa. Pero a súa novela máis louvada sería a primeira, que escribiu en 1915: La casa de la Troya. Este relato desenvolto…

Ver+

Intensa actividade lúdica – cultural no Concello do Carballiño para a Semana Santa

A Semana Santa carballiñesa, ademáis das procesións e celebracións relixiosas que organiza a Cofradía da Veracruz, contará cun amplo e variado programa de cultura e deportes, que foi presentado esta mañá polos concelleiros de Cultura e Deportes, Diego Fernández e Manuel Dacal, respectivamente. Arredor dunha trintena de actividades desenvolveranse ao longo da próxima semana no Carballiño co obxectivo de atraer ao turismo e ofrecer aos carballiñeses e visitantes unha variada gama de alternativas de entretemento. No eido deportivo destacan tres grandes eventos, como son a recuperación da Subida á Saleta,…

Ver+

Arrinca a tempada no Hipódromo de Antela. Xinzo de Limia

14 de abril, 11, 30 horas O trote enganchado será a primeira das carreiras ás 11:30 h sobre unha distancia de 1700 m “Premio Ourense Termal”. Ás 12:10 h é a quenda para o galope coa disputa do “Premio Torre de Sandias” sobre 1200 metros reservado a Pura Sangre Ínguas. As 12:50 h é a hora para o III GRAN PREMIO DE OURENSE de Trote Enganchado cunha distancia de 2300 m. Para rematar a Xornada ás 13:30 h dispútase o “Premio Lach Corcel”, reservado a cabalos de Pura Raza Árabe…

Ver+

Os mundiais de tríatlon contarán coa presenza de 50 voluntarios portugueses . Pontevedra

O Concello de Pontevedra asinou hoxe un convenio de colaboración co Instituto Portugués do Desporto e da Juventude -situado en Porto- para reglar a participación de 50 voluntarios portugueses nos vindeiros mundiais de tríatlon. O convenio foi asinado pola concelleira de Deportes, Anxos Riveiro en nome do Comité organizador do 2019 Pontevedra ITU Multisport Triathlon World Championships. O acto celebrouse na Casa do Desporto, en Porto, e comezou cunha xuntanza política e tamén técnica na que participaron Anxos Riveiro os coordinadores do voluntariado dos campionatos, xunto a Vitor Baltazar Dias,…

Ver+

O Concello inicia en Tomeza a implantación da compostaxe individual no rural pontevedrés

O Concello de Pontevedra inicia en Tomeza o despregue dos composteiros individuais no rural pontevedrés dando paso unha nova fase da aposta municipal pola compostaxe, o sistema alternativo e pioneiro de eliminación de biorresiduos que se está a poñer en marcha na cidade. O concelleiro delegado de Tomeza, Alberto Oubiña, informou hoxe do comezo do proceso que arrancará cunha xuntanza do Consello parroquial que terá lugar no Local social de Lusquiños o 17 de abril, ás 20.30 horas. Neste encontro buscarase a colaboración das asociacións e colectivos veciñais – “axentes…

Ver+

Axenda de cultura do Concello de Ourense para a fin de semana

O Concello de Ourense programa, para esta fin de semana, catro actividades para todos os públicos eminentemente musicais. As entradas para o concerto infantil do sábado e para o concerto que pecha o ciclo Música do Camiño son de balde até completar aforo. O concerto de Queen e para o concerto dos Monicreques de Kukas están dispoñibles en www.ataquilla.com, sala de exposicións Afundación e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función. CANTA MIÑA PEDRA, CANTA, con Charo Pita e Xoán Curiel. Sábado 13, 18:00 horas. Auditorio, sala Azul. Entrada de…

Ver+

Presentación do libro – disco “Na noite, no silencio”. Celanova

A Casa dos Poetas de Celanova acolle o sábado, día 13 de abril de 2019, ás 12.00 horas a presentación do libro-disco “Na noite, no silencio” durante a cal se celebrará tamén un concerto. Publicado por Edicións Fervenza, Juan Manuel Vázquez falaranos deste poemario intimista acompañado de cd con cancións de inspiración medieval creadas e interpretadas polo propio autor. Juan Manuel Vázquez relaciónase con Celanova principalmente a través da súa muller, profesora de música no IES Celanova Celso Emilio Ferreiro, ademais de traer alumnos do centro onde imparte música en…

Ver+