Semana Santa 2019. Visitas ao Museo de Pontevedra

Durante esta Semana Santa o Gabinete Didáctico vai realizar un programa de visitas guiadas pola colección do Museo para aquelas persoas que desexen facer unha primeira aproximación ás obras máis representativas expostas nos edificios Sexto e Sarmiento. Ademais de percorrer algúns dos fitos da arte galega, a visita incluirá a pequena mostra dedicada a El Greco que de forma temporal se expón no Museo, tendo como protagonista o cadro Retrato dun médico, depositado polo Museo del Prado. Do domingo 14 ao domingo 21 de abril (luns pechado) De martes a sábado: 12 h e 18…

Ver+

Unha obra de teatro musicalizada para escolares: ‘Merenda con pan de millo’. Museo de Pontevedra

Co gaio da celebración do Ano da Música pola Área de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra e da semana das Letras Galegas, o Museo de Pontevedra, dentro do Proxecto Telecultura, quere achegar aos escolares de 3 a 6 anos o patrimonio inmaterial de música e lingua a través da obra de teatro musicalizada Merenda con pan de millo. Terá lugar o martes 14 de maio, ás 11:30, cos centros escolares que desexen inscribirse. Merenda con pan de millo é un espectáculo baseado no libro-disco Pan de millo. Nel combínanse cancións e narración…

Ver+

Instalación de semáforos na estrada de Santiago en Lérez. Pontevedra

O Concello de Pontevedra iniciará os traballos de mellora da mobilidade peonil na N-550, estrada de Santiago, na parroquia de Lérez. Consiste na instalación de tres pasos de peóns con semáforos que permitan atravesar a estrada con seguridade, algo que non ocorre na actualidade. O proxecto consiste na instalación de tres pasos con semáforos en: Ramallás coa Ferreira Casaldourado coa Cendona Á altura da marquesiña de transporte público. Esta é unha histórica petición dos veciños de Lérez que se teñen concentrado nestes puntos reclamando ás administracións unha actuación. Aínda que…

Ver+

“En Pontevedra non acollemos turistas, facemos amigos e amigas” . Novo spot turístico

Pontevedra renova a súa imaxe para os visitantes. Cun novo spot turístico a cidade dá a benvida ao viaxeiro que se achegue a Pontevedra dende esta mesma Semana Santa. Esta peza sobre Pontevedra, realizado por Producciones Mutantes, pretende facerse eco do que fai grande a unha cidade como Pontevedra: as súas xentes. Precisamente ese foi o leiv motiv da produción: captar a esencia da “pontevedridade”, amosar ao mundo a maneira de vivir na cidade do Lérez, cunha idiosincrasia única. O propósito foi recoller o orgullo dos pontevedreses e pontevedresas por…

Ver+

Un test universitario permitirá aos triatletas coñecer o seu rendemento antes e despois das competicións . Pontevedra

Os campionatos do mundo de tríatlon de Pontevedra, que se disputarán entre os vindeiros 27 de abril e 4 de maio, ofrecerán aos deportistas a posibilidade de coñecer o seu rendemento neuromuscular antes e despois das súas competicións. Trátase dun estudo impulsado pola facultade de Ciencias do Deporte do Campus de Pontevedra que consiste en realizar un test dous días antes da competición, e comparalo con outro test que se realizará na liña de meta. Os datos, ademais de servir para o estudo comparativo que a universidade realiza a través…

Ver+

A vila de Barcelos (Portugal) convida aos pontevedreses á Festa das Cruzes

Foto: Municipio de Barcelos Unha delegación de Barcelos (Portugal), coa vicepresidenta da Cámara municipal, Armandina Soleiro, ao fronte achegouse  a Pontevedra para dar a coñecer e convidar aos pontevedreses e pontevedresas á “Festa das Cruzes”, a primeira gran romaría do Minho que terá lugar do 25 de abril ao 3 de maio nesta localidade portuguesa. O evento, que ten a súa orixe no século XVI, mistura hoxe en día cultura, folclore, gastronomía e relixiosidade. Grupos folclóricos fixeron un percorrido polas rúas da cidade amosando “un anaquiño de Barcelos” ao seu…

Ver+

Campaña turística ‘deXconectar’ na Capital Termal. Ourense

Coincidindo co inicio da tempada alta, a Concellería de Turismo e Termalismo está a desenvolver accións de difusión e promoción turística en diferentes mercados obxectivos do destino Ourense. A campaña céntrase en presentar a nosa cidade coma un “destino onde deXconectar”, seguindo o lema presentado en FITUR a comezos de ano. Contempla accións publicitarias na Rede Nacional de Paradores, RENFE e Air Europa, todas con publicacións propias nas que Ourense estará presente nos meses de abril, maio e xuño. “Trátase dunha campaña na que facemos unha promoción por obxectivos moi…

Ver+